Alfabeto glagolítico
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O alfabeto glagolítico ou Glagolitza é o máis antigo alfabeto eslavo. Foi creado na Bulgaria por San Cirilo. O seu código ISO 15924 é Glag.

Remove ads
Historia
Este alfabeto eslavo foi introducido no reino da Gran Moravia no século IX polos santos Cirilo e Metodio como axuda á evanxelización das poboacións da Gran Moravia, pero tamén se usou para a evanxelización de Bulgaria. A orixe do nome é a antiga palabra eslava «glagoljati» que significa «falar». Expandiuse pola actual Croacia, en Bulgaria e mesmo ata Montenegro. Foi prohibido polo papa e desapareceu case completamente no século X. É a orixe do alfabeto cirílico desenvolvido polos discípulos de Cirilo.
Remove ads
Características
O alfabeto ten dúas variantes: redonda e cadrada[1]. A variante redonda está dominada por círculos e curvas lixeiras, a variante angular (ou croata) comprende numerosos ángulos rectos e ás veces trapecios. A variante angular utiliza numerosas ligaduras tipográficas que se poden comparar cos alfabetos latinos ou cirílico.
A seguinte táboa representa cada letra clasificada alfabeticamente, cunha representación da súa variante cadrada, o seu nome, a súa representación fonética aproximada, a letra grega equivalente utilizada literalmente (se é posíbel), e a letra en cirílico moderno correspondente se existe. Os nomes de «Jer» a «Jus» escríbense tamén «Ier» a «Ius». Existen numerosas letras que non teñen equivalente moderno, como a vogal nasal «Jus».
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads