Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
O aceite vexetal é un composto orgánico obtido a partir de sementes ou outras partes das plantas en cuxos tecidos acumúlase como fonte de enerxía.
Algúns non son aptos para consumo humano, como o de rícino ou o de algodón.
Como todas as graxas está constituído por glicerina e tres ácidos graxos.
Segundo o Departamento de Agricultura dos Estados Unidos o consumo mundial no ano 2007/08 de aceites vexetais foi:
Soia | 37,54 MMT (millóns de toneladas) |
Palma | 41,31 MMT |
Colza | 18,24 MMT |
Xirasol | 9,91 MMT |
Cacahuete | 4,82 MMT |
Semente de cotón | 4,99 MMT |
Óso de palma | 4,85 MMT |
Coco | 3,48 MMT |
Oliva | 2,84 MMT |
Moitos aceites vexetais son preferíbeis ás graxas animais para o consumo humano. Isto débese a que son ricos en ácidos graxos mono ou poliinsaturados, unha cualidade moi importante para a transformación de graxa no organismo humano. Porén, algúns aceites vexetais conteñen unha elevada proporción de graxas saturadas (coco e palma).
Desde o 2014 é obrigatorio especificar na etiquetaxe a orixe concreta do aceite engadido na elaboración do alimento, trala entrada en vixencia do Regulamento 1169/2011 sobre información alimentaria facilitada ó consumidor. Ata ese momento permitíase indicar este ingrediente, simplemente, como "aceite vexetal", sen especificar.
A maior parte dos aceites vexetais úsanse para alimentar o gando. O aceite vexetal máis usado para consumo humano é o de xirasol.
O aceite de palma, que é sólido a temperatura ambiente, usábase especialmente para xabóns e cosméticos, pero tamén está presente en gran número de alimentos.
A maior parte do aceite de colza producido en Europa úsase para produción de biodiésel, aínda que pode ser producido con outros como o de xirasol ou o de cánabo. Aínda que tamén se ten estendido o uso destes aceites vexetais como combustíbeis para os motores diésel.
O aceite vexetal tamén se pode utilizar como combustíbel en vehículos híbridos ou adaptados (melkin).[1]
O aceite vexetal pódese obter de xeito mecánico ou químico, e xeralmente úsase algunha combinación de ambas as dúas técnicas.
No método mecánico as sementes e froitos oleaxinosos sométense a un proceso de prensado. Os residuos deste prensado aprovéitase como alimento para o gando, por ser un produto moi rico en proteínas. Finalmente sométese o aceite extraído a outro proceso de refinamento.
O método químico utiliza disolventes químicos que resultan máis rápidos e baratos, ademais de dar mellor rendemento. O solvente xeralmente usado é o hexano.
Os aceites hidroxenados fórmanse a partir de aceite e hidróxeno. A combinación de ambos realízase en quente e a presións elevadas, de xeito que o aceite líquido transfórmase en graxas ou nunha substancia semisólida coa que se elaboran as margarinas. Estes aceites hidroxenados son perniciosos (nocivos) para a saúde, xa que contribúen ao aumento dos niveis de colesterol en sangue, moito máis que as graxas vexetais ou as animais; por mor do seu contido en ácidos graxos trans. Por este motivo, moitos nutricionistas e médicos, están en contra do seu uso na alimentación.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.