A liñaza é a semente do liño (Linum usitatissimum)[1]. Úsase para consumo humano, por exemplo en infusións ou para elaborar o gofio (fariña tradicional da cociña canaria, elaborada a partir de grans de cereais torrados, especialmente de millo ou trigo[2]). Da semente tírase o aceite de liñaza, que é rico en ácidos graxos das series Omega-3, Omega-6, e Omega-9. Este aceite úsase ademais na industria cosmética, na fabricación del linóleo e na dilución para tintura de teas. A calidade deste varía tanto coa calidade da materia prima empregada como cos procesos de prensado empregados para a súa extracción. Pódese diferenciar basicamente o aceite obtido en frío, de maior calidade, do obtido con axuda de temperatura. A calidade varía de diversos factores, entre eles o contido de mucilaxes.[3]

Thumb
Liñaza (sementes de liño)

Os aceites secantes empregados primordialmente en actividades artísticas son: o de liñaza, durmideira e de noces; todos eles con características no secado e emprego particulares. Como unha variación deste aceite atópase o aceite negro, cuxo descubrimento atribúese a Jan Van Eyck. Prodúcese cocendo o aceite de liñaza con carbonato de chumbo a un 10 por cento e dentes de allo como catalizador. Obtense un aceite mestoque se filtra cando se decanta o carbonato de chumbo, que aparece como cinsento plúmbeo. Este aceite negro pódese decolorar e converter en rubio, baténdoo con auga osixenada.

A liñaza ten propiedades nutricionais interesantes e efectos potencialmente beneficiosos para a saúde. Estas propiedades débense á súa composición química, como a gran cantidade de fibra dietética, ácidos graxos poliinsaturados e fitoquímicos como os lignanos. Un 25-30% da semente de liñaza componse de fibra dietética da cal unha terceira parte é fibra solúbel e o resto fibra insolúbel.

Usos

O aceite de liñaza úsase na medicina alternativa como laxante lixeiro, por mor do se contido en ácido linólico.

En Bolivia, Perú e Colombia prepárase un refresco a base de liñaza moia, acompañada dun pouco zume de limón.

O aceite de liñaza tamén é apreciado nas dietas vexetarianas e/ou veganas, xa que é a principal fonte vexetal de ácidos omegas esenciais para o organismo.

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.