Remove ads
aceite obtido de prensar sementes de xirasol (Heliantus annuus) From Wikipedia, the free encyclopedia
O aceite de xirasol é un aceite de orixe vexetal que se extrae do prensado das sementes do capítulo da planta de xirasol, tamén chamada tornasol, mirasol ou catasol.
Tecnicamente trátase dun conxunto de graxas insaturadas, cardiosaludables (posúe cantidades moderadas de ácido oleico comparado co aceite de oliva), e fonte abundante de vitamina E. Considérase tamén un potente antioxidante.
É orixinaria de América, onde foi cultivada probablemente cara ao 1000 a. C. Desde alí os españois exportárona a Europa a principios do século XVI. O cultivo extensivo e documentado de xirasol en España comezou en 1964 na zona occidental de Andalucía, e na actualidade é o aceite de sementes máis consumido en España e talvez en Europa.
Cabe dicir que o aceite de xirasol refinado (o que se compra nos supermercados), é de cor amarela tenue e carece de sabor e cheiro intenso, o "virxe" (sen refinar) de 1ª prensa, ten un aroma intenso moi agradable.
Os restos do procesado dos cariopses de xirasol (cascas e demais restos do procesado para o aceite), utilízanse como alimento para o gando.
O aceite emprégase como combustible biolóxico para producir biodiésel de automóbiles con motor diésel. É unha alternativa viable ás gasolinas e, mellor aínda, aos gasóleos (xunto co aceite de colza e outros), aínda que con elevados efectos contaminantes, feito que contradí a opinión xeneralizada dos cidadáns. Este aspecto compróbase estudando a combustión do ácido oleico.
No mercado atópanse dispoñibles distintos tipos de aceite de xirasol: o normal, cun maior contido en ácido linoleico, e o alto-oleico, con contidos en ácido oleico que poden chegar até o 90%. Ademais, durante a última década as compañías de sementes desenvolveron variedades alto-saturado, que permiten o seu uso en fritura industrial, na fabricación de margarinas, bolería, xeados etc.
Un exemplo da composición de ácidos graxos do aceite de xirasol "normal", por cada 100g., é a seguinte:
O aceite de xirasol ofrece varios beneficios ao corpo humano; con todo, tamén hai prexuízos que debemos coñecer:
Vexa a entrada do Galizionario acerca de aceite de xirasol |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Aceite de xirasol |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.