especie de planta From Wikipedia, the free encyclopedia
O xirasol (pl. xirasoles) (Helianthus annuus) é unha planta herbácea cuxa flor ten unha cabeza tipicamente grande que roda para mirar o sol. Algunhas variedades desenvolvidas recentemente teñen cabezas decaídas. Estas variedades son menos atractivas para os xardineiros que crían as flores como ornamentos, mais atractivos para os granxeiros, porque poden reducir os danos producidos polos paxaros e as perdas por enfermidades vexetais. En galego tamén recibe os nomes de mirasol, catasol e tornasol.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2016.) |
Xirasol | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Flor do xirasol | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||
Helianthus annuus L., 1753[1] |
As cabezas, que son na actualidade flores compostas, crecen habitualmente nun talo que pode ser de varios metros e que ten poucas follas. Os pétalos poden ser amarelos, marróns, laranxas e doutras cores.
O xirasol é nativo de América, e foi cultivado cara ao 1000 a. C. Desde aí, os españois exportárono a Europa ao principio do século XVI.
O xirasol contén até un 58% de aceite no seu froito ou aquenio. O aceite de xirasol utilízase para cociñar, aínda que non ten as características cardiosaludábeis do aceite de oliva. Tamén serve para producir biodiésel. As cascas e demais restos que quedan unha vez que se procesaron as sementes para o aceite, utilízanse nalgunhas ocasións como alimento para a gandaría.
As propias sementes véndense normalmente como aperitivo e como alimento para os paxaros.
A época de sementeira para o cultivo de sequeiro é a comprendida entre o 15 de xuño e o 20 de xullo. A sementeira débese realizar en filas separadas a 0,70 m, cunha densidade de sementeira de catro plantas por metro linear.
É un cultivo pouco exixente no tipo de solo, aínda que prefire os arxilo-areosos e ricos en materia orgánica, mais é esencial que o solo teña unha boa drenaxe e a capa freática se encontre a pouca profundidade.
A xerminación das sementes de xirasol depende da temperatura e da humidade do solo, sendo a temperatura media de 5 °C durante 24 horas.
A profundidade de sementeiras realízase en función da temperatura, humidade e tipo de solo.
As plantas que proceden de sementeiras superficiais xermolan e florecen antes que as procedentes de sementeiras profundas.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.