serie de pinturas de Vincent van Gogh From Wikipedia, the free encyclopedia
Os xirasoles (francés: Les Tournesols, neerlandés: Zonnebloemen) é unha serie de cadros ao óleo realizados polo pintor holandés Vincent van Gogh. Da serie hai tres cadros semellantes con catorce xirasoles nunha xerra, dous con doce xirasoles, un con tres e outro con cinco.
Doce xirasoles nunha xerra da colección Os xirasoles. | |
---|---|
Artista | Vincent van Gogh |
Data | 1888 |
Técnica | óleo sobre lenzo |
Dimensións | 91 cm cm × 72 cm |
Localización | Neue Pinakothek (Múnic) |
Van Gogh pintou os primeiros catro cadros en agosto de 1888, cando moraba en Arles, no sur de Francia, e outros tres semellantes en xaneiro do ano seguinte. As pinturas están todas executadas en lenzos de arredor de 90 x 70 cm. Disque en Arles, o pintor "descubriu" o sentido da cor e da luz[1] Doce xirasoles nunha xerra é considerada unha das mellores e máis famosas obras do pintor e considérase o culminar de todo este efecto na súa obra. É unha das teas máis famosas do mundo e está hoxe exposta na Neue Pinakothek, en Múnic (Alemaña).
Usou un pigmento nos seus xirasoles, o amarelo de cromo ou cromato de chumbo, ao que deben a súa misteriosa e enigmática cor.
A descomposición do cromato de chumbo polo efecto da exposición á luz converteu o amarelo brillante orixinal nun ton pardo averdado.[2]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.