Wesley Sneijder
futbolista neerlandés / From Wikipedia, the free encyclopedia
Wesley Sneijder, nado en Utrecht o 9 de xuño de 1984, é un futbolista internacional neerlandés que xoga como centrocampista ofensivo para o Galatasaray da Süper Lig turca. Formouse nas filas do DOS, actual FC Utrecht, da súa cidade natal e pronto pasou a formar parte das divisións inferiores do Ajax Ámsterdam, debutando na Eredivisie durante a tempada 2002/03 xunto ao seu compañeiro de selección e logo noutros clubs, Klaas-Jan Huntelaar. A mediados de 2007 foi fichado polo Real Madrid da Primeira División de España por 27 millóns de euros. Rapidamente converteuse nunha das figuras do "equipo merengue", anotando 11 goles en 52 partidos. Con todo, coa chegada de Cristiano Ronaldo e Kaká ao Real Madrid, foi traspasado en 2009 ao Inter de Milán por 16 millóns de euros. Co Inter adxudicouse en 2010 o Scudetto, a Copa de Italia e a Liga de Campións da UEFA. O 20 de xaneiro de 2013 foi traspasado ao Galatasaray polo monto de 8 millóns de euros.
![]() | Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Wesley Sneijder | |||
---|---|---|---|
| |||
Información persoal | |||
Nome | Wesley Sneijder | ||
Nacemento | 9 de xuño de 1984 (40 anos) | ||
Lugar de nacemento | Utrecht | ||
Altura | 1,70 m | ||
Posición | Medio ofensivo | ||
Información de club | |||
Club actual | Galatasaray | ||
Número | 10 | ||
Carreira xuvenil | |||
1991–2002 | Ajax | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2002–2007 | Ajax | 126 | (43) |
2007–2009 | Real Madrid | 52 | (11) |
2009–2013 | Inter Milán | 76 | (13) |
2013– | Galatasaray | 40 | (15) |
Selección nacional | |||
2000–2001 | Países Baixos S17 | 6 | (2) |
2001–2002 | Países Baixos S19 | 8 | (3) |
2003 | Países Baixos S21 | 1 | (0) |
2003– | Países Baixos | 103 | (27) |
Na rede | |||
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. Selección: actualizado a 29 de xuño de 2014[ editar datos en Wikidata ] | |||
Coa Selección de fútbol dos Países Baixos debutou nun partido amigábel ante Portugal o 30 de abril de 2003. Con esta disputou a Copa do Mundo de 2006 celebrada en Alemaña, a Copa do Mundo de 2010 en Suráfrica, na que foi subcampión, e a de 2014 no Brasil, así como as Eurocopas de 2004, 2008 e 2012 celebradas en Portugal, Austria/Suíza e Polonia/Ucraína respectivamente. Desde a súa primeira aparición participou en máis de 100 partidos internacionais coa "laranxa mecánica", marcando máis de 25 goles.