composto químico From Wikipedia, the free encyclopedia
O sulfato de cobre(II), tamén coñecido como sulfato cúprico, é un composto químico. A súa fórmula química é CuSO4. O "II" no nome indica que o cobre está no estado de oxidación +2, que é a súa forma mais estábel e común. Tamén contén ións sulfato. Este composto existe mais comumente na sua forma hidratada, CuSO₄·5H₂O, que é coñecida como sulfato de cobre pentahidratado. Antigamente a forma hidratada era coñecida como vitríolo azul.[1]
Sulfato de cobre(II) | |
---|---|
Sulfato de cobre(II) hidratado | |
Fórmula química | CuSO4 (anhidro) |
Clase | Sulfatos |
Subclase | Sulfatos de metais |
Sistema cristalino | Triclínico |
Cor | Azul, ás veces verdoso (hidratado), Branco (anhidro) |
Brillo | Vítreo |
Dureza | 2.5 (Escala de Mohs) |
Fractura | Concoide |
Exfoliación | Non |
Raia | Branco |
Densidade | 3.603 g/cm³ (anhidro), 2.284 g/cm³ (hidratado) |
É un sólido azul que pode matar algas e fungos, usado na agricultura e acuicultura. Tamén se usa para purificar metal de cobre. É común en sets comerciais de química e en clases prácticas de ensino secundario. Ten algúns usos ornamentais.
O sulfato de cobre (II) é un sólido azul cando se hidrata (unido ás moléculas de auga). É esbrancuxado cando é anhidro (non está unido ás moléculas de auga).[2] Cando se hidrata, normalmente ten cinco moléculas de auga unidas. Pódese deshidratar quentándoo. Cando se lle engade auga, volve hidratarse. Cando está en contacto co aire, absorbe o vapor de auga ambiental e tamén se hidrata.[3] [4]
É un axente oxidante débil. Reacciona coa maioría dos metais para facer cobre e un sulfato metálico.[5] Por exemplo, reacciona co ferro para facer cobre e sulfato de ferro (II).
Reacciona co hidróxido de sodio ou de potasio para formar hidróxido de cobre (II).[6]
Reacciona co carbonato de sodio para facer carbonato de cobre (II).[7]
Reacciona co amoníaco para facer unha solución azul escuro. Esta solución pode disolver fibras no algodón.[8]
Cando se quenta a alta temperatura, convértese en óxido de cobre (II) e trióxido de xofre.[9]
Fai unha cor azul verdosa cando se quenta nunha chama, como todos os compostos de cobre.[8]
O sulfato de cobre (II) atópase no chan como calcantita, un mineral de sabor doce metalizado que se disolve facilmente. Porén, só se debe probar con coidado e en cantidades mínimas, xa que é velenoso.[10]
Só se atopa en zonas secas e cando está no aire libre, perde a súa cor azul brillante.
A súa dureza Mohs é de 2,5. O pentahidrato do sulfato de cobre é azul ou verde, común en coleccións de minerais.
Hai minerais como a connellita que incorpora sulfato de cobre(II) na súa estrutura.
Hai formas sinxelas de facer sulfato de cobre en casa. Con todo, o sulfato de cobre non se adoita fabricar en pequenos laboratorios caseiros, porque é moito máis fácil compralo de fabricación industrial.
O sulfato de cobre (II) pódese facer mediante a electrólise dunha solución de ácido sulfúrico con eléctrodos de cobre. Elabórase hidróxeno, así como solución de sulfato de cobre.
Tamén se pode facer facendo reaccionar óxido de cobre (II) ou hidróxido de cobre (II) ou carbonato de cobre (II) con ácido sulfúrico ou engadindo cobre ao ácido sulfúrico concentrado quente:
Tamén se pode facer facendo reaccionar cobre cunha mestura de ácido nítrico e ácido sulfúrico.
O sulfato de cobre(II) é o composto de cobre máis común e ten unha ampla variedade de usos.
Utilízase para combater algas e fungos debido á súa capacidade para matar estes organismos.[11] Non obstante, algúns fungos poden desenvolver resistencia ao sulfato de cobre, facéndoo ineficaz contra eles.[12] A mestura do sulfato de cobre con cal, coñecida como mestura de Bordeaux, serve tamén como funxicida.[13] É usado na agricultura, en particular nas vides; con todo é preciso un control na aplicación segundo os manuais de boas prácticas, pola súa toxicidade.[14]
É usado na acuicultura e sistemas de acuarios. O sulfato de cobre é de feito moi tóxico para os peixes en concentracións elevadas, pero en doses moi baixas serve para tratar infeccións parasitarias en peixes. O seu uso debe ser moi controlado para asegurar que a dose sexa efectiva sen danar os peixes. Estes tratamentos requiren un manexo coidadoso para evitar a toxicidade e danos ao medio ambiente acuático.[15][16]
Ademais, este composto empregase na detección de azucres, xa que se reduce a óxido de cobre (I) vermello na presenza de azucres. Na química orgánica, actúa como catalizador e axente oxidante.[17] Tamén se emprega para determinar se o sangue é anémico.[18][19]
O sulfato de cobre(II) é un composto que se atopa comunmente en kits de química recreativa. Emprégase para demostrar as reaccións de desprazamento, onde un metal reacciona con sulfato de cobre para producir cobre e o sulfato dese metal. Este proceso úsase tamén para ilustrar a diferenza entre os compostos hidratados e anhidros. Historicamente, utilizouse como un emético, pero na actualidade considérase demasiado tóxico para este uso.[20][21] [22][23]
Tamén pode ser empregado no proceso de purificación do cobre mediante electrólise; neste método, unha peza fina de cobre puro e outra máis grosa de cobre impuro son somerxidas nunha solución de sulfato de cobre. A peza delgada conéctase ao cable negativo (cátodo) e a peza grosa ao cable positivo (ánodo). Cando se fai pasar unha corrente eléctrica a través do sistema, o cobre do ánodo (peza grosa) disólvese e deposítase sobre o cátodo (peza delgada). As impurezas non metálicas presentes no ánodo caen ao fondo da solución, resultando na obtención de cobre puro no cátodo.
Na cerámica, os compostos de cobre son valorados pola súa capacidade de producir cores vibrantes nos esmaltes. O sulfato de cobre pode usarse para obter diferentes tonalidades de azul en cerámicas, dependendo da concentración do composto e das condicións de cocción. Esta práctica é similar ao uso de compostos de cobalto, que son ben coñecidos por producir azuis ricos e profundos nas cerámicas (véxase tamén cerámica azul e branca).[24][25]
Outros usos do sulfato de cobre fóra do ámbito científico ou industrial é o ornamental, aproveitando a súa vistosa cor azul por exemplo en cristais translúcidos.[26][27]
En 2008, o artista Roger Hiorns converteu un piso en Londres na obra "Seizure", enchéndoo de cristais azuis de sulfato de cobre (II), que logo foi trasladada ao Yorkshire Sculpture Park ante a demolición do edificio, onde actualmente se pode visitar con reserva previa.[28]
O sulfato de cobre ten unha toxicidade relativa para os humanos[29] pero é moi tóxico para os peixes. Nos humanos, irrita a pel e os ollos, causa náuseas e provoca o vómito.[30] Con todo, se é inxerido en certa cantidade, pode entrar no estómago e causar problemas de saúde.[31][32]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.