From Wikipedia, the free encyclopedia
Chámase eléctrodo a un condutor utilizado para facer contacto cunha parte non metálica dun circuíto, por exemplo un semicondutor, un electrólito, o vacuo (nunha válvula termoiónica), un gas (nunha lámpada de neon) etc. o termo creouno o científico Michael Faraday e procede das voces gregas elektron e hodos, que significa camiño.[1]
Un eléctrodo nunha cela electroquímica pode ser un ánodo ou un cátodo. O ánodo é definido como o eléctrodo ao cal os electróns chegan da cela e onde ocorre a oxidación, e o cátodo é definido como o eléctrodo no cal os electróns entran á cela e ocorre a redución. Cada eléctrodo pode converterse en ánodo ou cátodo dependendo da tensión que se aplique á cela. Un eléctrodo bipolar é un eléctrodo que funciona como ánodo nunha cela e como cátodo noutra.
Unha cela primaria é un tipo especial de cela electroquímica na cal a reacción non pode ser revertida, e as identidades do ánodo e cátodo son, polo tanto, fixas. O Cátodo sempre é o eléctrodo negativo. A cela pode ser descargada pero non recargada.
Unha cela secundaria, unha batería recargábel por exemplo, é unha cela en que a reacción é reversíbel. Cando a cela está sendo cargada, o ánodo convértese no eléctrodo positivo (+) e o cátodo no negativo (-). Isto tamén se aplica para a cela electrolítica. Cando a cela está sendo descargada, compórtase como unha cela primaria ou voltaica, co ánodo como eléctrodo negativo e o cátodo como positivo.
En soldadura de arco un eléctrodo é usado para conducir corrente a través da peza de traballo e fusionar dúas pezas. Dependendo do proceso, o eléctrodo pode ser consumíbel, no caso da soldadura con gas metal ou a soldadura blindada, ou non consumíbel, como a soldadura con gas tungsteno. Neste proceso pódense utilizar tres tipos de corrente: corrente alterna, corrente directa con polaridade directa e corrente directa con polaridade invertida. En polaridade directa, a peza é o positivo e o eléctrodo o negativo; e en polaridade invertida o eléctrodo é o positivo e a peza o negativo. Con cada configuración obtéñense distintas características na soldadura.
Para sistemas eléctricos que usan corrente alterna, os eléctrodos son conexións do circuíto cara ao obxecto que actuará baixo a corrente eléctrica, pero non se designa ánodo ou cátodo debido a que a dirección do fluxo dos electróns cambia periodicamente, numerosas veces por segundo.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.