Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os sulfatos son os sales ou os ésteres do ácido sulfúrico. Conteñen como unidade común un átomo de xofre no centro dun tetraedro formado por catro átomos de osíxeno.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2019.) |
Sulfato | |
---|---|
Sulfato | |
Identificadores | |
Número CAS | 14808-79-8 |
PubChem | 1117 |
ChemSpider | 1085 |
Número CE | 233-334-2 |
ChEBI | CHEBI:16189 |
Imaxes 3D Jmol | Image 1 |
| |
| |
Propiedades | |
Fórmula molecular | O4S |
Masa molar | 96,06 g mol−1 |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. |
Os sulfatos inorgánicos son os sales do ácido sulfúrico. Na natureza encóntranse en forma de xeso (sulfato de calcio dihidratado; CaSO4·2H2O), barita (sulfato de bario; BaSO4) ou sulfato sódico (Na2SO4). Fórmanse pola oxidación dos sulfuros cando estes entran en contacto co osíxeno do aire.
A maioría dos sulfatos xenéranse a partir dunha base e máis do ácido sulfúrico ou por reacción do ácido sulfúrico co metal.
As aplicacións dos sulfatos adoitan variar enormemente segundo o metal ó que estean unidos. Así o sulfato sódico, por exemplo, utilízase na fabricación do vidro, como aditivo nos deterxentes etc.; a calcantita (sulfato de cobre) aproveitase na fabricación da viscosa segundo un determinado proceso.
O xeso e a barita utilízanse na construción e como aditivos na fabricación de papel e cartolina. O sulfato de bario tamén se utiliza na medicina para realizar radiografías de contraste.
Os sulfatos son parte esencial duns sales dobres como os alumes de fórmula xeral AB(SO4)2·12H2O, sendo A e B catións con carga +1 e +3 respectivamente. O máis coñecido é o alume sódico formado polo sodio e o aluminio.
Os sulfatos solubles precipitan en presenza do cloruro de bario (tamén os de solución ácida) en forma de sulfato de bario (BaSO4) como sólido branco. Se ó mesmo tempo hai permanganato presente, este pode ser incluído no precipitado dándolle unha cor lixeiramente rosácea.
Co sodio metálico é reducido ó sulfuro (reacción moi violenta) e pode ser determinado como tal.
Os sulfatos orgánicos son os ésteres do ácido sulfúrico con fórmula xeral R–O–SO2–O–R'. Pódense formar directamente do alcol correspondente e do ácido sulfúrico ou do trióxido de xofre ou a partir do alcol e o cloruro de sulfurilo (Cl2SO2) en presenza dunha base.
Trátase con moita probabilidade de substancias canceríxenas.
O sulfato orgánico máis coñecido é o sulfato de dimetilo (H3CO)2SO2 que se utiliza nalgunhas reaccións de metilación.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Sulfato |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.