Raíña de Galiza From Wikipedia, the free encyclopedia
Sancha I de Galicia, nada en 1018 e finada en León o 7 de novembro de 1067, foi unha nobre medieval galega, raíña de Galicia desde o ano 1037.
Nome orixinal | (gl) Sancha Afonsez |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | c. 1018 |
Morte | 7 de novembro de 1067 (48/49 anos) León, España |
Lugar de sepultura | Basílica de Santo Isidoro de León |
Raíña de León | |
1037 – 1065 Xunto con: Fernando I de León | |
Datos persoais | |
Relixión | Catolicismo |
Actividade | |
Ocupación | raíña rexente |
Enaltecemento | |
Outro | |
Título | Raíña de Galicia |
Familia | Dinastía ástur-leonesa |
Cónxuxe | Fernando I de León (1033 (Gregoriano)–) |
Fillos | Urraca de Zamora, Sancho III, Elvira de Toro, Afonso VI de León, García II de Galicia |
Pais | Afonso V o Nobre e Elvira Méndez |
Irmáns | Vermudo III Xemena de León e de Galiza |
Filla do rei de Galicia Afonso V[1] e da súa esposa, a raíña Elvira Méndez, foi infanta e raíña de toda a Galicia altomedieval,[2] converténdose o seu marido, o conde de Castela Fernando I,[3] en rei consorte pero con poder efectivo á morte de Vermudo III,[4] irmán da raíña Sancha, que perdeu a vida na batalla de Tamarón.
Sancha era filla de Afonso V e da súa esposa Elvira Méndez, e irmá de Vermudo III. Criouse no mosteiro de Piadela[5][6] e foi a herdeira final dos dereitos ao trono do Reino de Galicia como filla do rei Afonso V e irmá de Vermudo III, dereitos que lles transmitiu aos seus fillos. O que sería o seu marido, Fernando I adquiriu o título de rei, tras casar con Sancha, se ben paradoxalmente Fernando fora un dos cabaleiros navarros que acabara coa vida do seu irmán, e rei, Vermudo III. Antes de casar co navarro Fernando I, estivo prometida con García Sánchez, conde de Castela. Cando ía coñecer a infanta, este foi asasinado pola familia Vea nas rúas de León o 13 de maio de 1028.
A Igrexa católica venéraa como beata. Xunto ao seu esposo ordenou a construción da Colexiata de Santo Isidoro, na cidade de León, onde se depositaron as reliquias do santo, que foran traídas desde Sevilla.Foi precisamente en San Isidoro onde Sancha e Fernando pediron ser sepultados, xunto coa súa descendencia. Traducido do latín, o epitafio na tumba da raíña Sancha di:
”Aquí repousa Sancha, raíña de todas as Españas, esposa do rei Fernando o Grande. Filla do rei Afonso [V], que poboou León despois da destrución obrada por Almanzor. Morreu na Era de 1109, nas terceiras nonas de maio [5 de maio de 1071]”
A raíña Sancha mantivo, xunto do seu marido, unha importante actividade no patrocinio de obras artísticas. Unha das pezas máis coñecidas é o coñecido como Crucifixo de don Fernando e dona Sancha.[7]
Desde o punto de vista galego, ten moita relevancia o encargo por parte da raíña do Libro de Horas que coñecemos co seu nome e o do seu esposo.[8] Foi composto en 1055, segundo se sinala no propio texto. Tamén no texto figuran o nome do amanuense, Pedro, e do ilustrador, Frutuoso, que se encargaron de compoñelo. Nunha das escenas pódese ver á raíña pedíndolle ao amanuense que entregue o libro ao rei. Gardado na Biblioteca Xeral da Universidade de Santiago, o libro é o máis antigo dos conservados na Galiza. Ademais disto, é importante porque supón unha das primeiras mostras da introdución do románico no país, seguindo, tanto a súa figuración como os temas tratados, modelos do románico francés.
Casou con Fernando I, fillo do rei navarro Sancho Garcés III de Pamplona e Muniadona. Desta unión naceron:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.