Salvaterra de Miño
concello da comarca do Condado, na provincia de Pontevedra From Wikipedia, the free encyclopedia
concello da comarca do Condado, na provincia de Pontevedra From Wikipedia, the free encyclopedia
Salvaterra de Miño[1] é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Condado. Segundo o IGE en 2014 tiña 10.048 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «salvaterrense».
Epónimo | río Miño | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Galicia | ||||
Provincia | Provincia de Pontevedra | ||||
Capital de | |||||
Capital | O Castelo | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 10.274 (2023) (165,71 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 62 km² | ||||
Altitude | 150 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcaldesa | Marta Valcárcel Gómez (2019–) | ||||
Eleccións municipais en Salvaterra de Miño | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 36450 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 36050 | ||||
Páxina web | concellodesalvaterra.org |
O concello, de 62,5 km², está situado ao sur da provincia de Pontevedra, na confluencia dos vales do río Tea e o Miño. Limita ao norte con Mondariz e Ponteareas, ao sur con Monção (na beira portuguesa do Miño), ao leste coas Neves (a través dos montes da Paradanta) e ao oeste con Salceda de Caselas e a parroquia tudense de Caldelas de Tui.
Censo total de habitantes | 10048 |
---|---|
Menores de 15 anos | 1397 |
Entre 15 e 64 anos | 6361 |
Maiores de 65 anos | 2290 |
O 24 de maio de 991 o rei Vermudo II doou á Arquidiocese de Santiago de Compostela o señorío e val de Salvaterra, herdado do seu pai Ordoño III. A fundación da vila de Salvaterra foi promovida en 1218 polo rei Afonso IX. O obxectivo era facilitar a viláns e pecheiros os medios de burlar os excesos dos señores feudais. Tralas guerras entre Tareixa de Portugal e Urraca de Castela a comezos do século XIII, Salvaterra pertenceu a Portugal. En 1643 foi ocupada por tropas castelás no marco da Guerra de restauración portuguesa. O nome de Salvaterra aparece no século XIV, cando se substituíu o topónimo da vila de Lazoiro.[2]
Segundo relata Vasco da Ponte, logo da Gran Guerra Irmandiña, cando Pedro Madruga pasou a Portugal fuxindo do arcebispo de Compostela e do conde de Monterrei, asaltou a gornición de Salvaterra.
En 1568 o señor de Salvaterra, Diego Sarmiento, acudiu con 500 homes á defensa de Pontevedra contra as incursións do pirata Francis Drake, que xa desembarcara en Vigo.
Até 1916 recibía simplemente o nome de Salvaterra, pero ese ano pasou a ser Salvaterra de Miño para distinguilo doutros concellos de España, como Salvatierra-Agurain en Araba ou Salvatierra de Esca en Zaragoza[3].
O castelo de Salvaterra ou castelo de Dona Urraca é unha fortaleza medieval ao pé do río Miño. As súas orixes remóntanse aos séculos X e XI. Ocupa unha superficie de 9 700 m² conformados polo recinto amurallado coas súas garitas, a Casa do Conde, o Pazo de Dona Urraca e a Capela da Virxe da Oliva. Do século XII consérvanse as chamadas Covas de Dona Urraca, coa súa escaleira de caracol.
O castelo de Salvaterra e a súa contorna histórica foron declarados en 1949 Bens de Interese Cultural.
Salvaterra ten características de cidade satélite de Vigo, da cal dependen economicamente a meirande parte dos seus habitantes. Preto do núcleo principal da vila atópase un pequeno polígono industrial. A partir de 2001 comezou a proxectarse a Plataforma Loxística Salvaterra-As Neves (PLISAN), proxectada no leste do concello co obxectivo de aliviar a falta de solo industrial na Área Metropolitana de Vigo. Despois de vinte anos de litixios e construción[6] promovida polo Consorcio da Zona Franca de Vigo, a Xunta de Galiza e o Porto de Vigo, espérase que se efectúe a construción de numerosas naves industriais de distintas firmas[7][8] nos vindeiros anos.
Alén disto, destacan tamén a produción de viño, a extracción de áridos no río Mendo, o turismo e a pesca da lamprea.
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Salvaterra de Miño vexa: Lugares de Salvaterra de Miño.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.