Monção

From Wikipedia, the free encyclopedia

Monçãomap

Monção[1] é unha vila raiana portuguesa no Distrito de Viana do Castelo, rexión Norte e subrexión do Minho-Lima, con cerca de 2 600 habitantes.

Datos rápidos Localización, Contén a división administrativa ...
Monção
Thumb
Thumb
Thumb

Localización
Thumb
 42°04′24″N 8°28′48″O
EstadoPortugal
DistritosDistrito de Viana do Castelo
Contén a división administrativa
Abedim (pt)
Anhões e Luzio (pt)
Barbeita (pt) ../... 24+
Poboación
Poboación19.230 (2011) (91 hab./km²)
Xeografía
Superficie211,31 km²
Comparte fronteira con
Datos históricos
Día festivo
Identificador descritivo
Código postal4950
Fuso horario

Sitio webcm-moncao.pt
Pechar

Xeografía

Praza Deu-La-Deu.
Freguesías do concello de Monção.

Monção é a sede dun municipio que ten unha superficie de 211,51 km²,[2] e unha poboación, no ano 2001, de 19 957 habitantes.[3]

Limita ao norte con Galiza (Salvaterra de Miño), ao leste co municipio de Melgaço, ao sur con Arcos de Valdevez, ao suroeste con Paredes de Coura e ao oeste con Valença.

O concello está subdividido en 33 freguesías:[4]

  • Abedim
  • Anhões
  • Badim
  • Barbeita
  • Barroças e Taias
  • Bela
  • Cambeses
  • Ceivães
  • Cortes
  • Lapela
  • Lara
  • Longos Vales
  • Lordelo
  • Luzio
  • Mazedo
  • Merufe
  • Messegães
  • Monção
  • Moreira
  • Parada
  • Pias
  • Pinheiros
  • Podame
  • Portela
  • Riba de Mouro
  • Sago
  • Segude
  • Tangil
  • Troporiz
  • Troviscoso
  • Trute
  • Valadares

O punto máis alto é o Alto de Santo António, a 1 114 metros sobre o nivel do mar, na freguesía de Riba de Mouro.

Evolución da poboación

Máis información Evolución da poboación do concello de Monção (1801 – 2004) ...
Evolución da poboación do concello de Monção (1801 – 2004) [5]
1801 1849 1900 1930 1960 1981 1991 2001 2004
12.095 14.983 26.077 24.585 27.393 23.799 21.799 19.956 19.842
Pechar

Historia

Monção recibiu un foro do rei Afonso III o 12 de marzo de 1261.

A vila fíxose célebre no curso das guerras fernandinas debido á enérxica acción de Deu-la-Deu Martins, esposa do alcalde local, que atacou ás tropas castelás que asediaban a vila bombardeándoas cos últimos víveres que lles quedaban.

Iso é o motivo polo cal, aínda hoxe, aparece no escudo de armas desta vila unha muller sobre unha torre sostendo un pan en cada man. Ao seu redor obsérvase, nunha bordadura, a divisa da vila, facendo referencia ao nome daquela heroína: Deus o deu. Deus o há dado.[6]

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.