Río Indo
From Wikipedia, the free encyclopedia
O río Indo (en sindhi सिन्धु नदी, Sindhu nadi, coñecido como Sindhu en sánscrito; grego antigo, Sinthos, latín Sintus) é un dos ríos máis longos da Asia meridional que discorre polo subcontinente indio así como un dos máis longos do continente asiático, é o máis importante de Paquistán e un dos principais da India (e que tamén percorre no seu curso alto a China). Orixinario da meseta tibetana do oeste da China, na Rexión Autónoma do Tíbet, o río discorre a través do distrito de Ladakh de Jammu e Caxemira e logo entra en Paquistán a través dos Territorios do Norte (Gilgit-Baltistán); segue despois desde o norte do país en dirección sur cruzando ao longo todo Paquistán, ata desembocar no mar Arábigo, preto da cidade portuaria de Karachi en Sind.
Indo | |
---|---|
País | China , India Paquistán |
Nacemento | Monte Kailaish |
Lonxitude | 3.180 km |
Conca | 1.165.000 km² |
Caudal medio | 3.850 m³/s |
Desembocadura | Mar Arábigo (océano Índico) |
Localización do Indo (Indus) no mapa do subcontinente indio. | |
A lonxitude total do río é de 3.180 km, sendo o río máis longo de Paquistán. Drena unha gran conca de máis de 1.165.000 km² e ten un caudal anual estimado nuns 207 km³, o que o converten no 21º máis caudaloso do mundo. Nace nos glaciares máis altos do mundo, o río alimenta un ecosistema de bosques temperados, chairas e paisaxes áridos. Xunto cos ríos Jhelum, Chenab, Ravi, Sutlej, Beas e dous afluentes desde a Khyber Pakhtunkhwa e Afganistán, o Indo forma o delta do Indo de Paquistán, mencionado no Rigveda (o texto máis antigo da India, de mediados do II milenio a. C.) como Sapta Sindhu e no texto iranio Zend Avesta como Hapta Hindu (significando ambos termos, "sete ríos).
O río Indo proporciona os recursos hídricos clave para a economía de Paquistán -especialmente o celeiro da provincia de Punjab, que representa a maior parte da produción agrícola da nación, e de Sindh. O Indo tamén soporta moitas industrias pesadas e constitúe o principal fornezo de auga potable en Paquistán. Os cinco ríos que dan nome ao Punjab son o Jhelum, Chenab, o Ravi, o Beas e o Sutlej.
Antes da división en 1947 da antiga India nos modernos estados da India e Paquistán, o Indo era o segundo río en importancia da rexión, despois do río Ganxes, tanto en termos culturais como comerciais. Na actualidade o río tamén dá nome á provincia paquistaní de Sind.
O río foi unha fonte de asombro durante o período clásico. O rei Darío I de Persia enviou a Escílax de Carianda a explorar o Indo entre os anos 519 e 512 a. C., este descendeuno ata chegar ao mar. Chamado Hindós ou Indós polos gregos e logo Indus polos autores latinos, foi sempre coñecido en Occidente polo seu nome latinizado que tamén deu nome á India (Bharat).
O Indo é un dos sete ríos sagrados da India.