From Wikipedia, the free encyclopedia
O Premio Nacional de Literatura na modalidade de Narrativa é un galardón literario de longa traxectoria que outorga anualmente o Ministerio de Cultura de España.[1] Premia a mellor obra na modalidade de narrativa escrita por un autor español, en calquera das linguas españolas, entre tódalas obras deste xénero publicadas en España no ano anterior. Está dotado con 30.000 euros.
O antecendente a este premio pode estar no Concurso Nacional de Literatura que se outorgou entre 1923 e 1977 e que ía variando de xéneros; premiábanse novelas, mais tamén ensaios, poesía ou crítica.[2]
O premio pasou por dúas etapas:
Os seus anos de historia permitíronlle asistir á renovación da novela española.
Só un autor conseguiu senllos premios na 1ª e 2ª etapa, Miguel Delibes en 1955 (Diario de un cazador) e 1999 (El hereje). E na segunda etapa, só hai un autor que o gañase en dúas ocasións: Antonio Muñoz Molina en 1988 e 1992. Nesta mesma terceira etapa, o escritor Javier Marías, en 2012, rexeitouno por non aceptar galardóns de carácter oficial ou institucional outorgados polo estado español.[5][6]
O premio tense outorgado en 5 ocasións a obras escritas en lingua galega: Xa vai o griffón no vento, de Alfredo Conde en 1986; Que me queres, amor?, de Manuel Rivas en 1996; Trece badaladas, de Suso de Toro en 2003; Virtudes (e misterios), de Xesús Fraga en 2021 e As malas mulleres, de Marilar Aleixandre en 2022.
Tamén se ten premiado en 3 ocasións a obras en éuscaro: en 1989 a Bernardo Atxaga por Obabakoak, en 2002 a Unai Elorriaga por Un tranvía cara a SP e en 2009 a Kirmen Uribe por Bilbao-New York-Bilbao. Só se ten premiado nunha soa ocasión a obras en catalán: en 1995, Carme Riera por Dins el darrer blau.
Ano | Imaxe | Gañador/Gañadora | Obra |
---|---|---|---|
1949 | Miguel Larreta[7] | Orillas del Ebro | |
1950 | Concha Espina | Un valle en el mar | |
1951 | Ramón Ledesma Miranda | La casa de la Fama | |
1952 | José Antonio Giménez-Arnau | De pantalón largo | |
1953 | José María Gironella | Los cipreses creen en dios | |
1954 | Tomás Salvador | Cuerda de presos | |
1955 | Miguel Delibes | Diario de un cazador | |
1956 | Carmen Laforet | La mujer nueva | |
1957 | Alejandro Núñez Alonso | El lazo de púrpura | |
1958 | José Luis Castillo-Puche | Hicieron partes | |
1959 | Ana María Matute | Los hijos muertos | |
1960 | Daniel Sueiro | Los conspiradores | |
1961 | Manuel Halcón | Monólogo de una mujer fría | |
1962 | Juan Antonio Zunzunegui | El premio | |
1963 | Salvador García de Pruneda | La encrucijada de Carabanchel | |
1964 | Declarado deserto | ||
1965 | Ignacio Agustí | 19 de Julio | |
1966 | Tomás Borrás | Historias de coral y de jade | |
1967 | Luis de Castresana[8] | El otro árbol de Guernica | |
1968 | Carlos Rojas | Auto de Fe | |
1969 | Luis Berenguer | Marea escorada | |
1970 | Ramón Solís Llorente | La eliminatoria | |
1971 | Ángel Palomino | Torremolinos Gran Hotel | |
1972 | Non se convocou | ||
1973 | José Luis Martín Abril | El viento se acuesta al atardecer | |
1974 | Aquilino Duque | El mono azul | |
1975 | Non se outorgou | ||
1976 | Non se outorgou |
Ano | Imaxe | Gañador/Gañadora | Obra |
---|---|---|---|
2023 | Pilar Adón[9][10] | De bestias y aves | |
2022 | Marilar Aleixandre[11][12] | As malas mulleres | |
2021 | Xesús Fraga[13][14] | Virtudes (e misterios) | |
2020 | Juan Bonilla[15] | Totalidad sexual del cosmos | |
2019 | Cristina Morales | Lectura fácil | |
2018 | Almudena Grandes[16] | Los pacientes del Doctor García | |
2017 | Fernando Aramburu[17] | Patria | |
2016 | Cristina Fernández Cubas | La habitación de Nona | |
2015 | Ignacio Martínez de Pisón[18] | La buena reputación | |
2014 | Rafael Chirbes | En la orilla | |
2013 | José María Merino | El río del Edén | |
2012 | Javier Marías | Los enamoramientos (rexeitado) | |
2011 | Marcos Giralt Torrente | Tiempo de vida | |
2010 | Javier Cercas | Anatomía de un instante | |
2009 | Kirmen Uribe | Bilbao-New York-Bilbao | |
2008 | Juan José Millás | El mundo | |
2007 | Vicente Molina Foix | El abrecartas | |
2006 | Ramiro Pinilla | Las cenizas del hierro | |
2005 | Alberto Méndez | Los girasoles ciegos | |
2004 | Juan Manuel de Prada | La vida invisible | |
2003 | Suso de Toro | Trece badaladas | |
2002 | Unai Elorriaga | Un tranvía cara a SP | |
2001 | Juan Marsé | Rabos de lagartija | |
2000 | Luis Mateo Díez[19] | La ruina del cielo | |
1999 | Miguel Delibes | El hereje | |
1998 | Alfredo Bryce Echenique | Reo de nocturnidad | |
1997 | Álvaro Pombo | Donde las mujeres | |
1996 | Manuel Rivas | Que me queres, amor? | |
1995 | Carme Riera | Dins el darrer blau | |
1994 | Gustavo Martín Garzo | El lenguaje de las fuentes | |
1993 | Luis Goytisolo | Estatua con palomas | |
1992 | Antonio Muñoz Molina | El jinete polaco | |
1991 | Manuel Vázquez Montalbán | Galíndez | |
1990 | Luis Landero | Juegos de la edad tardía | |
1989 | Bernardo Atxaga | Obabakoak | |
1988 | Antonio Muñoz Molina | El invierno en Lisboa | |
1987 | Luis Mateo Díez | La fuente de la edad | |
1986 | Alfredo Conde | Xa vai o griffón no vento | |
1985 | Non se outorgou nesta modalidade | ||
1984 | Camilo José Cela | Mazurca para dos muertos | |
1983 | Francisco Ayala | Recuerdos y olvidos: 1. El exilio | |
1982 | José Luis Castillo-Puche | Conocerás el poso de la nada | |
1981 | Gonzalo Torrente Ballester | La isla de los jacintos cortados | |
1980 | Alonso Zamora Vicente | Mesa, sobremesa | |
1979 | Jesús Fernández Santos | Extramuros | |
1978 | Carmen Martín Gaite | El cuarto de atrás | |
1977 | José Luis Acquaroni | Copa de sombra |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.