Suso de Toro

escritor galego From Wikipedia, the free encyclopedia

Suso de Toro

Xesús Miguel de Toro Santos, máis coñecido como Suso de Toro, nado en Santiago de Compostela o 10 de xaneiro de 1956, é un escritor galego.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Pechar
Thumb
Thumb
Suso de Toro asinando as súas obras na Feira do Libro de Vigo 2006.

Traxectoria

“Tic-Tac é a novela máis revolucionaria, máis ambiciosa, máis intelixente de cantas en Galicia se levan feito nas últimas décadas, e poida que a máis impresionante escrita nunca na nosa lingua”

O seu pai é de Formariz (provincia de Zamora) e a súa nai de Falapaso (Camboño, Lousame). Seu irmán, Xelís de Toro, tamén é escritor.

É licenciado en Arte Moderna e Contemporánea pola Universidade de Santiago de Compostela. É guionista para televisión e colaborador habitual na prensa e na radio,[1] publicou en galego máis de vinte libros de narrativa, teatro e ensaio. A súa obra, ademais de ser traducida a varias linguas, foi obxecto de estudo en diversas universidades europeas.

En abril de 2010 anunciou a súa retirada como escritor profesional, retomando a súa carreira de profesor de secundaria[2].

Nas Eleccións ao Parlamento Europeo de 2014 concorreu na lista Os Pobos Deciden[3]. En abril de 2014 foille concedida a Creu de Sant Jordi[4].

Obra

Narrativa

Teatro

Literatura infantil e xuvenil

Xornalismo e ensaio

Thumb
Presentando, con Ana Cabaleiro, Dentro da literatura na Libraría Paz de Pontevedra o 6/4/2019

Coautor

A finais dos 90 publicou en Internet Botelha ao mar, un diario de aforismos que ollado en retrospectiva pode considerarse o primeiro blog escrito en lingua galega[Cómpre referencia], primeiro en Blogspot e logo en Blogaliza. Non quedan capturas dos arquivos orixinais do blog en Blogspot,[47] pero si algunhas copias grazas ás capturas de Internet Archive no caso dos posts na desaparecida comunidade de blogs en galego Blogaliza.[48]

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.