escritora española From Wikipedia, the free encyclopedia
Cristina García Morales, máis coñecida como Cristina Morales, nada en Granada en 1985, é unha escritora española, considerada por algunhas críticas como unha das escritoras novas de maior talento na literatura.[1] Entre as súas obras máis coñecidas está Lectura fácil, cuxas protagonistas son catro mulleres con discapacidade intelectual que viven en Barcelona[2][3] e que en 2018 obtivo o Premio Herralde de Novela e en 2019 o Premio Nacional de Narrativa[4]
(2019) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Cristina García Morales 1985 (38/39 anos) Granada, España |
Educación | Universidade de Granada |
Actividade | |
Campo de traballo | Literatura, actividade literaria e Prosa |
Ocupación | escritora, prosista |
Obra | |
Obras destacables
| |
Premios | |
| |
É licenciada en Dereito internacional na Universidade de Granada, traballa como intérprete xurídica e reside en Barcelona.[5] No 2002 e o 2006 gañou o Certame Andaluz de Escritores Noveles na modalidade de relato e novela curta, respectivamente e ao ano seguinte logrou unha bolsa como residente na Fundación Antonio Gala para Jóvenes Creadores de Córdoba. Traballou como dramaturga para a aula de Teatro da Universidade de Granada e para Eutopía, Festival de Jóvenes Creadores.[6]
En 2008 publicou o libro de relatos La merienda de las niñas e cinco anos despois publicou a súa primeira novela: Los combatientes coa que obtivo o Premio Injuve de Novela.[7] En 2015 foi finalista co relato curto El hombre de los buzones dos premios Francesc Candel.[8]
Tamén en 2015 publicou Malas palabras, un encargo feito pola editorial Lumen con motivo do quinto centenario. Morales aceptou meterse na pel de Santa Teresa de Jesús para escribir en primeira persoa, coma se se tratase da mesma santa.[9] A escritora granadina recrea un suposto diario persoal escrito por Teresa de Jesús, en 1562, mentres a autora do Século de Ouro redacta 'Libro de la vida'. Cristina Morales reivindica a figura de Teresa de Jesús desde unha perspectiva humana: “foi a primeira muller que se atreveu a acusar os homes por cortarlles as ás ás mulleres. Debería ser reivindicada polas anarcofeministas máis radicais. A min faime sombra Teresa de Jesús. Ao Goberno ou a calquera político debería darlles vergoña reivindicar a súa figura e poucos dirán que foi unha feminista”. Secuestrada pola Igrexa, apartada pola progresía. “Foi unha líder da Contrarreforma, mais foi colocada nunha capela e quedou neutralizada. Non a estudamos humanamente. Un traballo que si se fixo co seu coetáneo san Juan de la Cruz” explicou sobre o seu traballo para recuperar a escritora.[10] Unha historia que, di, segue sendo inxusta para as mulleres:[11]
Woolf y Munro y Santa Teresa de Jesús luchaban por la habitación propia, sí, pero esa lucha sigue vigente. A ellas les discutían que para qué quería una mujer nada propio e íntimo. A nosotras nos discuten que cómo no vamos a trabajar diez horas al día por 800 euros al mes. Sólo una escritora que sea pudiente, o que se halle sometida a las tiranías del mundo laboral, o que okupe, puede permitirse disfrutar de una habitación propia.Cristina García Morales. Ellos publican mucho, ellas innovan más
Woolf e Munro e Santa Teresa de Jesús loitaban por un cuarto propio, si, mais esa loita segue vixente. A elas discutíanlles que para que quería unha muller nada propio e íntimo. A nosoutras discútennos que como non imos traballar dez horas ao día por 800 euros ao mes. Só unha escritora que sexa podente, ou que se ache sometida ás tiranías do mundo laboral, ou que okupe, pode permitirse gozar dun cuarto propio.Cristina García Morales. Ellos publican mucho, ellas innovan más
En 2017, froito da III Bolsa Han Nefkens do mestrado en Creación Literaria da UPF Barcelona, publica Terroristas modernos, novela na que retoma a perspectiva histórica de Malas palabras e narra a chamada “conspiración do triángulo”, levantamento frustrado contra Fernando VII en 1816, complot de base masona levado a cabo por ilustrados no exilio, doceañistas e heroes da guerrilla que lle permite paralelismos coa política actual: o terrorismo, a violencia de Estado, a manipulación da prensa ou a volubilidade do concepto de pobo, dos cidadáns indignados.[12][13] A democracia moderna - explica Morales - é un acto de terrorismo contra os gobernados e o territorio que ocupan. É o mecanismo de control máis depurado de todos. A máquina violenta que é o Estado dentro das súas fronteiras e fóra é a máis depurada que coñeceu a organización humana. Desde finais do XVIII aos nosos días foise perfeccionando.[14]
En 2018 publica a novela Lectura fácil que toma o seu título do termo lectura fácil utilizado para denominar o conxunto de adaptacións que deben facerse para facilitar a lectura e a comprensión por quen poida ter dificultades de lectura ou comprensión -discapacitados intelectuais, persoas con baixa cultura, migrantes etc-.
A novela narra a vida de catro mulleres con discapacidade intelectual que conviven nun piso tutelado en Barcelona. As protagonistas enfróntanse a diversas formas de control social. ... Marga, Nati, Patricia e Àngels, con vínculos familiares e orixe común con diversos graos de discapacidade intelectual [que] comparten un piso tutelado nunha Barcelona mestiza e opresiva con paro, desafiuzamentos, mentiras, okupas, a Plataforma de Afectados pola Hipoteca e os ateneos libertarios como pano de fondo. A autora reivindica as persoas administrativamente denominadas discapacitados intelectuais ou con diversidade funcional.[3]
A novela obtivo o Premio Herralde de Novela de 2018 e o Premio Nacional de Narrativa en 2019.[3]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.