Ana María Matute

escritora española From Wikipedia, the free encyclopedia

Ana María Matute

Ana María Matute Ausejo, nada en Barcelona o 26 de xullo de 1925[1] e finada na mesma cidade o 25 de xuño de 2014,[2] é unha novelista catalá en lingua castelá. Obtivo o Premio Nacional de Literatura así como tamén o Premio Cervantes, o Premio Nadal, e o Premio Lazarillo. Ex profesora e escritora visitante das universidades de Oklahoma, Indiana e Virxinia. Unha das voces máis persoais e illadas da literatura española e considerada a mellor novelista da posguerra.[3] Foi galardoada case co máximo que as letras hispanas concederon a unha muller.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Ana María Matute
Thumb
(2011)
Biografía
Nacemento(es) Ana María Matute Ausejo
26 de xullo de 1925
Barcelona, España
Morte25 de xuño de 2014 (88 anos)
Barcelona, España
Causa da morteinfarto agudo de miocardio
Lugar de sepulturaCamposanto de Montjuïc
Actividade
Ocupaciónnovelista, escritora de literatura infantil, escritora, poetisa
Período de actividade1948 - 25 de xuño de 2014
Membro de
Xénero artísticoPoesía
MovementoXeración de 1950 de Literatura española
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeRamón Eugenio de Goicoechea López (1952–1963), separación legal
FillosJuan Pablo Goicoechea Matute
Premios

Descrito pola fonteObálky knih,
Metzler Autorinnen Lexikon, (p.344–345) >>>:Matute, Ana María
Dialnet: 167270
Pechar

Traxectoria

Foi a segunda de cinco irmáns, dunha familia pertencente á pequena burguesía catalá, conservadora e relixiosa. O seu pai era un catalán propietario dunha fábrica de paraugas.

Viviu en Castela-León, pero educouse nun colexio relixioso de Madrid. Cando tiña 10 anos estoupa a guerra civil española. Escribe a súa primeira novela Pequeño Teatro ós 17 anos de idade, pero foi publicada 11 anos máis tarde. En 1949 escribe Luciérnagas e queda semifinalista do Premio Nadal. A censura impide que sexa publicada.

En 1952 casa co escritor Ramón Eugenio de Goicoechea, teñen un filo chamado Juan Pablo (1954), ó que lle dedicou gran parte das súas obras infantís como Paulina (1969). Sepárase do seu home no ano 1963.

Nada en Barcelona, pasou unha xuventude marcada pola Guerra Civil Española, que se reflectiu na súa primeira obra literaria centrada nos "nenos asombrados" que, moi a pesar seu, tiñan que entender os sensentidos que lles rodeaban. Iso levouna a plantearse a guerra civil coma un enfrontamento cainita/Abelita que se manifestará en moitas das súas obras con características neorrealistas coma en Los Abel (1948), Fiesta al noroeste (1953), Pequeño teatro (1954), Los hijos muertos (1958) ou Los soldados lloran de noche (1964).

En todas estas obras, a mirada protagonista infantil ou adolescente é o máis sobresaínte e marca un distanciamento afectivo entre realidade e sentimento ou entendemento. Son obras que se inician con gran lirismo e pouco a pouco afondan nun realismo exacerbado.

En 1976 estivo nomeada ó Premio Nobel de Literatura. Despois de varios anos de silencio narrativo, en 1984 obtivo o Premio Nacional de Literatura Infantil coa obra «Sólo un pie descalzo». En 1996 publica "Olvidado Rey Gudú" e é elixida académica da Real Academia Española.

En 1996 ingresa na Real Academia Española, onde lle corresponde ocupar a cadeira de brazos "letra K", sendo así a terceira muller membro nos tres séculos de vida desta institución. [4]É membro honorario da Hispanic Society of America. Existe un premio literario que leva o seu nome e os seus libros foron traducidos a 23 linguas.[4]

No ano 2007 inaugúrase un Colexio Público de Educación Infantil e Primaria en Xetafe (Comunidade de Madrid) co seu nome, Colexio Público Ana María Matute, ó que asiste para coñecer ós nenos e nenas da escola o día 9 de maio de 2007, con motivo da Semana cultural realizada na honra da escritora. O 13 de abril do mesmo ano realizóuselle unha homenaxe no instituto de Cabanillas do Campo (Guadalaxara) que leva tamén o seu nome, I.E.S Ana María Matute.

Obra

Novela

Relato

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.