Remove ads
fillo de Adán e Eva From Wikipedia, the free encyclopedia
Segundo a Xénese (o primeiro libro da Biblia) Caín foi o primoxénito de Adán e Eva, o primeiro ser humano nado fóra do Paraíso e o primeiro fundador dun asentamento humano.[1]
Segundo a Biblia, Adán e Eva concibiron a Caín despois de ser desterrados do Paraíso por Deus por mor a que desobedeceran a súa orde de non comer da Árbore da Ciencia do Ben e o Mal.[2]
Despois de Caín, concibiron a outro home, o seu irmán Abel. Caín dedicouse á agricultura, mentres que o seu irmán máis novo ao pastoreo. Segundo o relato bíblico estes irmáns presentaron os seus sacrificios a Deus nos seus respectivos altares; ao velos, Deus preferiu a ofrenda de Abel (dos primoxénitos das súas ovellas) ca o de Caín (do froito da terra), quen toleou de celos e matou o seu irmán, índose, despois disto, aos seus cultivos.[3] Ao ser interrogado por Deus sobor do paradoiro do seu irmán, Caín responde «Seica son eu o custodio do meu irmán?». Sabendo Deus o que ocorrera, castigou a Caín condenándoo a vagar pola terra, peorén colocoulle unha marca particular para preservar a súa vida ante os habitantes da terra. Na súa peregrinación Caín chegou á terra de Nod onde edificou a primeira cidade á cal chamou Enoc, polo nome do seu fillo.
Caín e Abel son traducións dos nomes hebraicos קַיִן / קָיִן e הֶבֶל / הָבֶל,respectivamente. Na transliteración moderna do hebraico estándar, escríbense Qáyin e Hével (ou Hável), mentres que en hebraico tiberiano escríbense Qáyin (ou Qāyin) e Héḇo (ou Hāḇo). O Corán fala de Caín ( Qâbîl) e de Abel ( Hâbîl) como “os fillos de Adán”. Sería a tradición posterior a que introduciría os seus nomes propios. Dedícalles apena seis versículos (5,27-32), onde narra o fratricidio referido pola Biblia.
Manuel Vicent escribiu a novela Balada de Caín que recibiu o Premio Nadal en 1986. Nesta obra Caín é narrador e protagonista.
O autor portugués, José Saramago, escribiu unha novela narrando a historia de Caín desde a súa perspectiva persoal de como sucederon os feitos.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.