especie de insecto From Wikipedia, the free encyclopedia
Polistes gallicus é unha especie de insecto himenóptero da suborde dos apócritos, familia dos véspidos, subfamilia dos polistinos e tribo dos Polistini, unha das numerosas comprendidas no xénero Polistes.
Polistes gallicus | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Raíña de Polistes gallicus construíndo o niño | |||||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||
Pouco preocupante | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||
Polistes galllicus (Linnaeus, 1761) | |||||||||||||||||||||
Subespecies | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||
|
A especie foi descrita en 1761 por Linneo, baixo o nome de Vespa gallica.[1][2]
Para a do xénero, véxase Polistes.
O epíteto específico, gallica, alude a que esta especie é frecuente en Francia.
Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:[2]
Recoñécense as seguints subespecies:[2]
Polistes gallicus parécese un pouco a Polistes dominula, coa que adoita confundirse, e moitas referencias anteriores a 1985 de Polistes gallicus refírense en realidade a esta especie.[3]
Un antigo sinónimo, Polistes foederatus Kohl, 1898, foi removido da sinonimia con P. gallicus en 2017 e considérase outra especie válida.[4]
Polistes gallicus é unha especie moi común en Europa e o norte de África. Encóntrase en case toda Europa, excluíndo Inglaterra, Dinamarca e Escandinavia,[3] sendo común en Francia, España, Italia, o sur de Suíza, Croacia e Corfú e no noroeste de África.[4]
Esta avespa e omnívora e aliméntase de néctar e froitos maduros, de insectos, caracois e cadáveres de animais máis grandes. Alimenta a súa cría despois de visitar numerosas flores, recolectando néctar ademais de alimentalas. Debido ás súas dimensións, sospéitase que esta especie transfire o pole aos estigmas do seu corpo, principalmente os sen pelo, do que resulta que poucos ou ningún gran de pole quedan no corpo despois de alimentarse.[5]
Vive en pequenas colonias construíndo niños en edificios cun material similar ao papel feito de fibras vexetais mastigadas e mesturadas con saliva. Esta mestura estrutural protexe fisicamente o niño dos elementos duros e da intemperie.[6][7]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.