familia de insectos From Wikipedia, the free encyclopedia
A dos véspidos (Vespidae) é unha familia de insectos himenópteros,[1] unha das integradas na suborde dos apócritos e na superfamilia dos vespinos.[2]
Véspidos Vespidae | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Vespula germanica, a avespa europea | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Subfamilias | |||||||||||||||
|
De distribución cosmopolita e diversa (conta con ao redor de 5 000 especies) inclúe a case todas as avespas propiamente ditas (as eusociais) coñecidas, así como moitas avespas solitarias.
A familia foi descrita en 1802 polo entomólogo francés Pierre André Latreille, na súa obra Histoire Naturelle, Générale et Particulière des Crustacés et des Insectes, Tome Troisième.[3]
O nome científico Vespidae está formado pola unión dos elementos Vesp- e -ĭdae. O primeiro é a raíz do nome do seu xénero tipo, Vespa, e o segundo é o sufixo empregado na formación dos nones das familias de animais.[4]
A familia subdivídese nas seguintes subfamilias:[Cómpre referencia]
Distínguese doutras familias próximas filoxeneticamente, que ás veces tamén son denominadas de maneira xenérica avespas, porque pregan as ás en repouso. As patas son de lonxitude normal, non tan longas como as especies da familia dos pompílidos.[5]
Moitas especies visitan flores e carrexan pole, contribuíndo así á polinización de certas plantas,[6] outras son útiles como depredadores doutros insectos, moitos dos cales son considerados daniños.
Os niños de moitas especies (especialmente as solitarias) están feitos de barro, pero a gran maioría dos vespinos, estenogastrinos e polistinos (grupos sociais) utiliza fibras vexetais mastigadas para formaren unha especie de papel. Dentro da subfamilia dos vespinos, as especies do xénero Vespula fan seus niños no chan, as do xénero Dolicovespula fanos en pólas de árboees, as do xénero Vespa tenden a facelos en ocos de troncos de árbores, ou de paredes ou teitos de habitacións humanas.
Na actualidade esta familia subdivídese en seis subfamilias aparentemente monofiléticas. As subfamilias Polistinae e Vespinae teñen soamente especies eusociais, mentres queas Eumeninae, Euparagiinae e Masarinae son todas solitarias, e as de Stenogastrinae coprenden unha variedade de formas, desde solitarias a sociais.
A dos Euparagiinae, que hoxe mostra unha distribución restrinxida, encontrábase moi difundida no Cretáceo. O patrón bioxeográfico das Masarinae, pola súa parte, corresponde ás primeiras fases da fragmentación de Gondwana, cando Suramérica, África e Australia formaban un só supercontinente. Pénsase que as avespas eusociais (Stenogastrinae, Polistinae e Vespinae) puideron ter surxido caando a fragmentación de Gondwana estaba xa moi avanzada.
Nas subfamilias Polistinae e Vespinae os adultos mastigan á súa presa antes da darlla a comer ás larvas. Á súa vez, as larvas producen un líquido claro, rico en proteínas que os adultos consomen. A concentración exacta de aminoácidos é variábel, pero considérase que subministra unha parte considárabel do alimento dos adultos.[7]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.