Remove ads

A dos apócritos (Apocrita) é unha suborde de insectos himenópteros que inclúe ás avespas, ás abellas e ás formigas.

Máis información Clasificación científica, Superfamilias ...
Apócritos
Apocrita

Vespa velutina
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Clase: Insecta
Subclase: Pterygota
Infraclase: Neoptera
Orde: Hymenoptera
Suborde: Apocrita
Gerstäcker, 1867
Superfamilias
Véxase o texto
Pechar

Características

Son as formas máis "avanzadas" (máis afastadas das basais) dos himenópteros, distinguidose dos manbros da outra suborde, a dos sínfitos, pola presenza dunha estreita "cintura" (pecíolo) formada polo dous primeiros segmentos do abdome; o primeiro segmento abdominal fúndese co tórax e chámase propodeo. Polo tanto, é práctica xeral, cando se fala do corpo dun apócrito nun sentido técnico, referirse ao mesosoma e ao metasoma (máis propiamente denominado gáster) en lugar de "tórax" e "abdome", respectivamente. A evolución dunha cintura estreitada foi unha importante adaptación biolóxica para o estilo de vida parasitoide do apócrito ancestral, permitindo unha maior manobrabilidade do ovipositor das femias.[1] O ovipositor das femias é retráctil, e nalgunhas especies converteuse nun aguillón ou ferrete empregado como mecanismo de defensa. As larvas carecen de patas, e críanse nun niño ou como parsasitas dun hospedeiro.

A maioría das especies son pequenas, co ovipositor adaptado para perforar. Nalgúns hospedeiros, os parasitoides inducen a súa metamorfose prematuramente, mentres que outras prolóngana. Incluso hai especies que son hiperparasitos ou parasitoides noutros parasitoides.[2]

Os do grupo dos parasíticos poñen os ovos dentro doutro insecto (no ovo, na larva ou na pupa) e as súas larvas medran e desenvólvense dentro ou sobre o hospedeiro, que case sempre morre. Moitos himenópteros parasitos úsanse como axentes de control biolóxico para combater pragas, como as provocadas por moitas eirugas de dípteros (como algunas moscas) e de escaravellos.[3][4]

Remove ads

Taxonomía

Descrición

A suborde foi descrita en 1867 polo zoólogo alemán, especializado en entomoloxía, Carl Eduard Adolph Gerstäcker.[5][6]

Etimoloxía

O nome científico Apocrita está tirado do grego antigo ἀπόκριτος apókritos, "separados", derivado do verbo ἀπoκρίνω apokrínō, "separar".[7] Literalmente, "os do tórax e abdome separados".

Clasificación

Os apócritos dividíronse tradicionalmente en dous grupos sen rango taxonómico, os parasíticos (Parastica) e os aculeados (Aculeata).

Entre os prasíticos están a maioría dos himenópteros, composto por especies parasitoides doutros insectos.[8][9] Realizan a posta dentro uo encima doutro insecto (sexa un ovo, unha larva ou unha pupa ou crisálide), e as larvas parasitoides crecen até llegar ao momento da metamorfose. Algunhas realizan a metamorfose no hospedeiro e emerxen como adultos, mentres que as larvas doutras especies completan a metamorfose fóra do hospedeiro. A maioría son de pequeno tamaño, e co ovipositor adaptado para a perforación e posta do ovo dentro do hospedeiro; nalgúns destes as larvas parasitoides inducen unha metamorfose prematura do hospedeiro, mentres que noutras a prolongan. O hospedeiro morre cando os parasitos se acercan á madurez. Hai especies que son parasitas doutros parasitos (hiperparasitismo). O himenóptero adulto vive libre fóra do hospedeiro. Moitos himenópteros parasitoides utilízanse como axentes de control biolóxico para controlar insectos considerados pestes, como é o caso de Torymus sinensis, avespa parasitoide específica da avespa do castiñeiro, Dryocosmus kuriphilus, produtora de bugallos nos castiñeiros.

Os aculeados son un grupo monofilético que inclúe as especies nas cales o ovipositor da femia transfórmase nun aguillón para inxectar veleno; inclúe a todos os himenópteros sociais, como as formigas, as abellas e as avespas.[10] Entre os aculeados non parasitos e non sociais, as larvas aliméntanse con presas capturadas (normalmente vivas e paralizadas) ou poden alimentarse con pole e néctar.

Superfamilias

  • Aculeata
  • Parasitica
    • Ceraphronoidea
    • Chalcidoidea
    • Cynipoidea
    • Evanioidea
    • Ichneumonoidea
    • Megalyroidea
    • Mymarommatoidea
    • Platygastroidea
    • Proctotrupoidea
    • Stephanoidea
    • Trigonaloidea
Remove ads

Galería

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.

Remove ads