A dos apoideos (Apoidea) é unha superfamilia de insectos da orde dos himenópteros, suborde dos apócritos, cuxas especies son vulgarmente coñecidas como abellas e abesouros, xa que a máis coñecida das súas familias é a dos ápidos, entre cuxos membros áchanse a abella común e os abesouros.
Apoideos Apoidea | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Apis mellifera, abella común ou europea | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Familias | |||||||||||||
|
A superfamilia abarca especies solitarias, semisociais e eusociais, que subministran alimentos ás súas larvas, fan os seus niños nunha variedade de substratos, como o solo, a talos ocos, buratos de troncos, etc. Ao igual que noutros himenópteros, en moitas especies o ovipositor ou apéndice do abdome das femias transformouse nun aguillón ou ferrete utilizado para a defensa.
As abellas de certos grupos recolectan pole dunha gran variedade de flores, e denomínanse polilécticas; outras, en cambio, están máis especializadas e recolectan pole dun só grupo limitado de especies, en xeral membros dun só xénero, e son denominadas oligolécticas.
As abellas son os polinizadores máis importantes das magnoliófitas (as plantas con flores). Posúen unha lingua larga, ou glosa, que utilizan para obteren o néctar. Moitas presentan un órgano adaptado para recolectar o pole, denominado escopa ou corbícula, no terceiro par de patas; outras teñen a escopa no abdome, ou carecen deste órgano por completo; úsano para transportar o pole á colmea para alimentaren ás súas larvas.
Os poideos subdivídense en dos subgrupos, o dos esfeciformes (parafilético), que comprende especies coñecidas como avespas esfecoides ou avespas apoides, e o dos antófilos (monofilético), que comprende as abellas (sensu lato). A maior diferenza entre os dous subgrupos, á parta da filoxenia, é que as avespas esfecoides usan presas para alimentaren ás sús larvas, e as abellas recorren ao pole e ao néctar das flores e, ademais, o corpo das esfecoides está cuberto de vilosidades simples, e o das abellas por pelos plumosos ou ramificados.
Hai ao redor de 10 000 especies descritas de avespas esfecoides e cerca de 20 000 de abellas, e calcúlase que hai outras tantas por identificar e describir.
En concreto, están descritas na actualidade 28 740 especies de apoideos, repartidas en 11 familias que comprenden 754 xéneros.[1]
A filoxenia molecular demostra que as abellas xurdiron a partir da familia tradicional dos Crabronidae, polo que o agrupamento é parafilético, o que o levou a unha reclasificación para constituír familias monofiléticas.[2]
Taxonomía
Descrición
A superfamilia foi descrita en 1802 polo entomólogo francés Pierre André Latreille.
Etimoloxía
O nome científico Apoidea, está formado polos elementos do latín científico ap- e -oidea. O primeiro é a raíz do nome do seu xénero tipo, Apis, e o segundo é o sufixo empregado para formar os nomes das subfamilias de animais.[3]
Familias
A superfamilia comprende as seguintes familias:[4]
Grupo Spheciformes
- Ampulicidae
- Crabronidae
- Heterogynaidae
- Sphecidae
Grupo Anthophila
- Andrenidae
- Apidae
- Colletidae
- Halictidae
- Megachilidae
- Melittidae
- Stenotritidae
Filoxenia
Posición filoxenética dos apoideos nos aculeados.[5]
Aculeata |
| ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Esta árbore filoxenética está baseada en Sann et al., 2018, que utilizaron a filoxenómica para demostrar que tanto as abellas (Anthophila) como as Sphecidae xurdiron da antiga familia dos Crabronidae, que e parafilética, polo que suxeriron que deberían dividirse en varias familias; a antiga familia Heterogynaidae inclúese dentro da dos Bembicidae, como se mostra aquí.[2] Estes achados difiren en varios detalles dos estudos publicados por outros dous grupos de autores en 2017, aínda que os tres estudos demostran un grupo "Crabronidae" parafilético.[6][7]
Apoidea |
| ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Notas
Véxase tamén
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.