From Wikipedia, the free encyclopedia
A dos sínfitos (Symphyta) é unha suborde de insectos himenópteros, que inclúe os membros máis primitivos da orde.
Sínfitos Symphyta Rango fósil: Triásico - Actualidade | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Tenthredopsis sordida femia | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Superfamilias | |||||||||||||||
|
É un taxon parafilético que inclúe aos himenópteros sen a "cintura de avespa" (o pecíolo, conexión estreita entre o tórax e o abdome), que caracteriza ás especies da outra suborde, a dos apócritos.
Moitas especies de sínfitos mantiveron as súas características ancestrais a través do tempo, especialmente os seus hábitos herbívoros, a venación das ás e o abdome sen modificacións, onde os dous segmentos primeiros son semellantes aos seguintes (Ver apócritos).[1] A ausencia dunha "cintura de avespa" distingue aos sínfitos dos outros membros dos himenópteros. Algúns presentan mimetismo batesiano,[2] con coloración similar á de abellas e avespas e con ovipositor que parece un aguillón, aínda que son incapaces de picar.[3] A maioría son de voo débil.[4] Os sínfitos varían en tamaño; un dos máis grandes é Urocerus gigas, que pode alcanzar os 20 mm de lonxitude. O sínfito fósil máis grande coñecido é Hoplitolyda duolunica, do Mesozoico, con 55 mm de lonxitude e envergadura alar de 92 mm.[3][5] As especies máis pequenas alcanzan 2,5 mm.[6]
A suborde foi descrita en 1867 polo zoólogo alemán, especializado en entomoloxía, Carl Eduard Adolph Gerstäcker, na páxina 2 da súa obra "Ueber die Gattung Oxybelus Latr. und die bei Berlin vorkommenden Arten derselben". Zeitschrift für die Gesammten Naturwissenschaften 30 (7): 1–144.
O nome científico Symphyta está formado pola unión dos elementos do latín científico sym- e -phyta, ambos o dous derivados das voces do grego antigo σύν sýn, "xuntos", e φύω phýō, "medrar". Literalmnte, "os que crecen xuntos", referíndose á falta distintiva no grupo dunha "cintura de avespa" entre o mesosoma e o gáster (os aparentes "tórax" e "abdome").
A suborde comprende as seguintes superfamilias:[7]
Algúns autores inclúen outra superfamilia, a dos Anaxyeloidea, que comprende unha única familia, a dos Anaxyelidae, cunha única especie actualmente viva, Syntexis libocedrii.[8][9]
</gallery>
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.