From Wikipedia, the free encyclopedia
As súas especies son avespas eusociais. A excepción son as avespas parasitas, que non teñen castas e que depositan os seus ovos nos niños doutras especies.
O abázcaro, Vespa crabro, pertence a esta subfamilia.
A subfamilia foi descrita en 1771 por Linneo,[1] e confirmada na nomenclatura zoolóxica actual en 1802 polo entomólogo francés Pierre André Latreille, na súa obra Histoire Naturelle, Générale et Particulière des Crustacés et des Insectes, Tome Troisième.[2]
O nome científico Vespinae está formado pola unión dos elementos Vesp- e -inae. O primeiro é a raíz do nome do seu xénero tipo, Vespa, e o segundo é o sufixo empregado na formación dos nones das subfamilias de animais.[3]
Ademais de polo nome actualmente válido, a subfamilia coñeceuse tamén polo sinónimo:[1]
A subfamilia comprende catro tribos,[1] cos xéneros que se indican:
A división do xénero orixinal Vespula Thomson 1869 nos novos xéneros Vespula e Paravespula é hoxe rexeitada pola maioría dos autores. Paravespula só se considera como un subxénero de Vespula e xa non é válido como nome xenérico. A relación entre os xéneros en función das características xenéticas móstrase no seguinte cladograma:[8]
Vespinae |
| ||||||||||||||||||
Os xéneros Vespula e Dolichovespula son, polo tanto, grupos irmáns, e a monofilia dos xéneros apóiase na análise xeral, pero o seu clado común non se confirma en todas as análises individuais. O xénero Vespula comprende 27 especies, en comparación coas 21 especies de Dolichovespula.
Especies desta subfamilia encóntranse en todos os continentes, excepto na Antártida. Hai casos de especies que se introduciron en territorios máis alá da súa área de distribución natural, das que algunhas se converteron en pragas importantes.
O xénero Vespa é o único que vive na Península Ibérica.[9] En Norteamérica encóntranse especis dos xéneros Dolichovespula, Vespa e Vespula.[10]
A socialización dos vespinos está moi desenvolvida que noutras subfamilias. Aas castas están máis diferenciadas en tamaño e morfoloxía e as colonias tenden a seren máis grandes. A colonia está fundada por unha soa raíña.
Os niños son dunha especie de papel feito de fibras de madeira morta mastigadas. Os panais están protexidos por unha parede de varias capas. Ás veces estas capas son moi rudimentaria se o niño está dentro dunha cavidade pequena. Segundo as especies, os niños poden estar construídos en ramas de árbores, ou en cavidades, como poden ser troncos ocos, ou subterráneos. O niño non se volve a usar ao ano seguinte.
Durante a fase de fundación a raíña realiza todas as tarefas, pero despois que a primeira camada madura, a raíña non sae máis a buscar alimento, principalmente néctar, pole, froitas de óso, saiba de plantas, substancias animais e insectos, e dedícase unicamente a poñer ovos. Os primeiros ovos dan lugar a femias estériles destinadas a convetérense en obreiras, pero ao final da estación producen machos e raíñas. Estes últimos son criados en celas de maior tamaño. O alimento das larvas inclúe unha gran variedade de artrópodos, e incluso carne de animais mortos.
Hai varias especies parasitas. En Dolichovespula adulterina e en Vespula austriaca as femias invaden os niños doutras especies de so seu mesmo xénero, matan á raíña e obrigan ás obreiras a coidar das súas propias larvas. Outra especie, Vespula squamosa, é parasita facultativa, é dicir, que ás veces inicia unha colonia propia e outras ocupa os niños de avespas dunha especie emparentada, Vespula maculifrons. Ademais hai moitos casos de usurpación de niños intraespecífica, é dicir, dentro dunha mesma especie.
As especies do xénero Provespa son nocturnas.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.