Pode chegar até case os 60cm de lonxitude como máximo, e máis dos 2,5kg de peso, aínda que raramente se capturan espécimes de máis de 40cm de longo e 1kg de peso.
A aleta dorsal comeza á altura do ollo superior, e a anal detrás da base da aleta pectoral. Os raios centrais de ambas as dúas aletas son de maior tamaño que as demais, o que lle dá ao corpo do peixe unha foma romboidal.
A aleta audal é grande, co bordo posterior truncado ou arredondado.
A coloración da cara pigmentada é apardazada ou verdosa, con manchas irregulares claras e escuras.
Como particularidade desta especie, habitualmente ten os ollos no lado dereito, pero nalgunhas partes da súa área de distribución máis dun terzo dos individuos téñenos no esquerdo.
Esta especie vive preferentemente sobre fondos areosos de 20 a 40 m de profundidade. Soporta moi ben as diferenzas de salinidade, chagando a entrar en ocasións en zonas de auga doce. Aliméntase de puenos peixes, moluscos e crustáceos. Reprodúcese en primavera en zonas profundas e de alta salinidade.[2][4]
Segundo a UICN o status da especie na actualidade está cualificado como LC (pouco preocupante).[6]
A primeira cita en augas de Galicia débese a De Buen, en 1935, como Flesus flesus.[2]
Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia / Termigal. ISBN 84-453-2913-8, p. 82.
Linnaeus, C. (1758): Systema Naturae per regna tria naturae, secundum classes, ordines, genera, species, cum characteribus, differentiis, synonymis, locis. Editio decima, reformata. Laurentius Salvius: Holmiae.
Muus, Bent J.; Jørgen G. Nielsen; Preben Dahlstrøm e Bente O. Nyström (1998): Peces de mar del Atlántico y del Mediterráneo. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-282-1161-2.
Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Nova York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.
Rodríguez Villanueva, X. L. e Xavier Vázquez (1995): Peixes do mar de Galicia. (III) Peixes óseos (continuación). Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-870-2.