xénero de peixes teleósteos From Wikipedia, the free encyclopedia
Platichthys é un xénero de peixes teleósteos da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos, familia dos pleuronéctidos e subfamilia do pleuronectinos.[1]
Platichthys | |||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Platichthys flesus | |||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||||||||||
|
Como todos os peixes da familia dos pleuronéctidos, as especies deste xénero teñen o corpo aplanado, asimétrico, e cos dous ollos situados no lado pigmentado do corpo.
O xénero foi descrito en 1854 polo médico e zoólogo estadounidense de orixe francesa Charles Frédéric Girard.[1]
Ao longo do tempo foi coñecido polos sinónimos:[1]
Girard tirou o nome Platichthys dos termos do grego antigo πλατύς platýs, "plano", e ἰχθύς, ǐchthýs, "peixe", literalmente: "peixe plano".
Segundo o WoRMS, e a FishBase, o xénero abrangue tan só dúas especies:[1][2]
Porén, o SIIT admite unha terceira:[5] Platichthys bicoloratus (Basilewsky, 1855), que a maioría dos autores non consideran válida, e que o WoRMS identifica con Kareius bicoloratus (Basilewsky, 1855) especie que, así e todo, hibridiza con Platichthys stellatus.[6]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.