From Wikipedia, the free encyclopedia
A pelve é a rexión anatómica máis inferior do tronco. É unha cavidade con forma de funil osteomuscular que se estreita cara a abaixo, limitada polo óso sacro, o cóccix e os coxais (que forman a cintura pélvica) e os músculos da parede abdominal inferior e do perineo.
Pelve | ||
---|---|---|
Pelve ósea masculina, vista frontal. Predomina a dimensión vertical. | ||
Pelve ósea feminina, vista frontal. Predomina a dimensión transversal. | ||
Latín | TA: pelvis | |
Gray | tema #57 236 | |
Xenericamente, o termo pelve úsase incorrectamente para denominar a cintura pelviana ou pélvica, como se explicará máis adiante.
Topograficamente, a pelve divídese en dúas rexións: a pelve maior (tamén se lle pode chamar pelve falsa) e a pelve menor (ou pelve verdadeira). A pelve maior, coas súas paredes alargadas é solidaria cara a adiante coa rexión abdominal inferior, as fosas ilíacas e o hipogastrio. Contén parte das vísceras abdominais. A pelve menor, a parte máis estreita do funil, contén a vexiga urinaria, os órganos xenitais, e a parte terminal do tubo dixestivo (recto e ano).
Os ósos ilíacos (coxais), o sacro e o cóccix articulados entre si forman a pelve ósea, en referencia á estrutura ósea da pelve. Polo contrario, cintura pelviana ou pélvica implica unha referencia morfofisiolóxica á parte da pelve que participa na articulación do membro inferior, é dicir os coxais. A cintura pelviana ten o seu homólogo no membro superior: a cintura escapular.
Este conxunto óseo cumpre varias funcións: dá soporte mecánico e protección aos órganos pelvianos e do baixo ventre; articula os membros inferiores á porción inferior do tronco; permite a biodinámica da bipedestación etc.
Na pelve ósea poden describirse dúas superficies e dúas aberturas: superficie exterior, superficie interior, abertura superior e abertura inferior.
A cavidade que limita a superficie interior está dividida en dúas partes por un relevo case circular chamado estreito superior: unha parte superior ou pelve maior e unha parte inferior ou pelve menor ou escavación pélvica (cavum pelvis).
A pelve pode dividirse en dúas porcións, unha superior e outra inferior, ao trazarmos unha liña oblicua e curvada denominada liña iliopectínea. A parte superior desa liña denomínase pelve maior ou pelve falsa e a porción inferior á liña iliopectínea coñécese como pelve menor ou pelve verdadeira.[1]
A cavidade da pelve falsa sitúase por riba da liña terminal e, por tanto, da pelve menor ou pelve verdadeira. Contén as vísceras intestinais non contidas na pelve menor e, no embarazo, ao útero grávido. Non ten importancia en obstetricia, aínda que ten certa aplicación en cirurxía pelviana. Os seus límites son:
A cavidade da pelve verdadeira vai desde a sínfise pubiana, rodeando a superficie interna do ilio por unha liña imaxinaria, chamada liña arcuata, arqueada ou innominada,[2] ata o promontorio do óso sacro. Dentro desta cavidade sitúanse parte do colon, o recto na parte posterior da pelve, a vexiga na parte anterior xusto detrás da sínfise pubiana e, na pelve feminina non operada, a vaxina e o útero que se sitúan entre o recto e a vexiga.
A pelve verdadeira é unha especie de cilindro irregular cunha leve concavidade anterior. Neste espazo estúdanse varios estreitos ou orificios, un de entrada ou superior, un de saída ou inferior e, entre os dous, a escavación pelviana. Na escavación pelviana é de importancia o punto en que as dimensións do diámetro son menores, coñecido como estreito medio.
É o orificio de entrada á pelve desde o abdome e delimitada por:
Son tres diámetros, todos comezan desde o promontorio do óso sacro e terminan en puntos diferentes da sínfise pubiana.
Atravesa a pelve dun lado ao outro desde a liña innominada dun lado ata o punto oposto do outro lado, nun punto intermedio entre a sincondrose sacroilíaca e a eminencia ileopectínea. A súa lonxitude na pelve feminina é duns 13 cm.
Esténdese desde a articulación sacroilíaca dun lado ata a eminencia ileopectínea do lado oposto e mide, na pelve feminina, uns 13 cm.
É un orificio imaxinario que ocupa a escavación pélvica de grande importancia en obstetricia, porque neste punto a pelve feminina adoita presentar unha marcada redución de diámetros. Os puntos de referencia e os límites son:
Comeza no culmen retropubiano (1 cm por debaixo da sínfise pubiana) ata o promontorio e mide, na pelve feminina, 10,5 cm. É un diámetro importante porque del depende que o feto poida encaixar, é dicir, introducirse na escavación.
É un dos diámetros e puntos de referencia obstétricos de maior importancia, chamado diámetro biciático ou biespiñoso, porque vai dunha espiña ciática á do lado oposto. A súa lonxitude na pelve feminina é duns 10,5 cm.
O estreito máis inferior da cavidade pélvica ten forma romboidal debido a que os puntos de referencia laterais (as tuberosidades isquiáticas) están a unha altura maior ca o plano anteroposterior, formando así dous triángulos imaxinarios, un anterior e outro posterior. Os límites do estreito inferior son:
Subsacrosubpubiano: esténdese desde a articulación sacrococcíxea deica o bordo inferior da pube e mide 11 cm.
Subcoccixsubpubiano: esténdese desde o extremo inferior do cóccix ata o bordo inferior da pube e mide 9 cm. Coa retronutación do cóccix, que se produce unicamente na defecación e no parto, pode chegar a medir 11 cm.
Chamado tamén biisquiático ou bituberoso, porque se estende desde a parte inferior e interna dunha tuberosidade isquiática ata a homóloga do lado oposto. A súa lonxitude na pelve feminina é duns 10,5 cm.
Desde o punto de vista clínico, de especial importancia en obstetricia, a pelve pode clasificarse en varios tipos, segundo a súa forma:
É a pelve máis favorable para o parto natural.
É a forma característica da pelve masculina, e cando se encontra en mulleres, é máis común na raza branca. Os diámetros da pelve androide caracterízanse por ter un diámetro transversal acurtado pola converxencia das paredes da pelve, así como un diámtero anteroposterior acurtado pola inclinación cara a adiante do óso sacro. Este tipo de pelve non é nada favorable para un parto natural.
Ten a forma da pelve xinecoide rotada 90 graos, é dicir un óvalo ou elipse anteroposterior, común en mulleres de raza negra.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.