From Wikipedia, the free encyclopedia
Negro ou raza negra son dous termos xenéricos usados para designar o conxunto de grupos étnicos compostos por individuos melanodermos,[1] frecuentemente orixinarios da África subsahariana, mais tamén de Asia do sur e de Oceanía.[2] O uso desta terminoloxía foi especialmente corrente na Europa do século XIX e XX, en función da clasificación dos pobos humanos segundo un dos criterios aparentes (teoría racialista).
A pertinencia da clasificación da humanidade en razas é hoxe en día fortemente contestada, sobre todo a raíz da secuenciación do xenoma humano: Craig Venter afirma que malia as diferenzas morfolóxicas, é imposíbel separar a humanidade en varias razas, no sentido científico do termo raza. Porén, o termo raza segue a ser de uso corrente para designar as etnias. Desde ese punto de vista, en certos países como os Estados Unidos de América utilízase o termo cunha finalidade de clasificación estatística, sen ningún criterio biolóxico ou científico de ningún tipo. Nos Estados Unidos acabaron por substituír o termo oficialmente polo vocábulo "afroamericano", principalmente a impulsos do movemento polos dereitos civís e deixouse de usar a regra dunha gota en función da cal unha persoa podía ser racializada "negra" nos Estados Unidos e a mesma ser "branca" no Brasil, como o caso de Lena Horne, por exemplo;[3] Eartha Kitt a pesar de ter ascendencia alemá e holandesa de parte paterna, e a súa nai tiña sangue cheroqui e afroamericana, era considerada negra.[4]
O uso do termo inglés "black" (negro) é usado aínda moi frecuentemente, e mesmo polos negros americanos, non así o termo "nigger", que se considera ofensivo e ás veces é substituído polo eufemismo «the N-word».[5] O termo "noir" é de uso común na lingua francesa, e o mesmo que se pode dicir de "negro" en galego e castelán; nas variedades americanas do español acostuma usarse o vocábulo "prieto", correlato exacto do "preto" usual en portugués padrón; estes casos son posibelmente de orixe eufemística, do mesmo xeito que en francés se está a usar o anglicismo black; en inglés é tamén corrente "negro", mais con matiz despectivo.[6]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.