Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
O sacro é un óso da pelve, resultado da fusión das 5 vértebras sacras (sinostose). Só a primeira vértebra sacra conserva as apófises transversas (ás do sacro) así como as apófises articulares superiores, que lle serven de unión coa columna lumbar (articulación lumbosacra). O resto de vértebras sacras só posúen corpo e unha apófise espiñosa fusionada coas do resto do sacro.
Obsérvanse as partes anteriores dos corpos vertebrais, as fusións das vértebras e os buratos sacros anteriores, saída das raíces anteriores dos nervios sacros parasimpáticos. Entre os corpos fusionados e estes buratos aparecen unhas cristas.
Liña espiñenta posterior formada pola fusión das apófises espiñentas e ligamentos supraespiñoso e interespiñoso das vértebras sacras. Tamén aparecen os buratos sacros posterioes, saída das raíces posteriores dos nervios sacros. Entre a liña espiñosa e os buratos aparecen os tubérculos sacros postero-internos, resultados da fusión das apófises transversas. Externamente ós buratos posteriores, xorden os tubérculos sacros postero-externos. Na parte máis inferior áchase a apertura do conduto espiñal, de forma triangular.
Vemos unha superficie semilunar articular, destinada a articularse co coxal. Por debaixo unha zona rugosa para a inserción do ligamento sacro-ilíaco posterior.
Une o sacro coa columna lumbar. As apófises articulares superiores da primeira vértebra sacra articúlanse co corpo da quinta vértebra lumbar.
Une o sacro co cóccix.
Todos os ósos humanos teñen por función o sostén, pero é o sacro o que distribúe o peso cara aos dous coxais.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.