Pediococcus é un xénero de bacterias do ácido láctico grampositivas situado na familia Lactobacillaceae. Xeralmente aparece agrupada en pares ou tétrades e divídese ao longo de dous planos de simetría,[2] igual que fan os outros xéneros de cocos do ácido láctico Aerococcus e Tetragenococcus. Son totalmente homofermentativas. A especie Pediococcus dextrinicus foi asignada recentemente ao xénero Lapidilactobacillus.[3][4]
Máis información Pediococcus, Clasificación científica ...
Pechar
Pediococcus é, xunto con outras bacterias do ácido láctico como Leuconostoc e Lactobacillus, responsable da fermentación de repolos para facer sauerkraut. Neste proceso, os azucres do repolo fresco son fermentados a ácido láctico, o cal lle dá ao sauerkraut un sabor ácido e boas cualidades de conservación.
As bacterias Pediococcus considéranse xeralmente contaminantes da cervexa e o viño,[2] aínda que a súa presenza é ás veces desexada en tipos de cervexa como o lambic e a Berliner Weisse.[5] Certos illamentos de Pediococcus producen diacetilo, que lle dá un aroma a manteiga ou butterscotch a algúns viños (como o Chardonnay) e a algúns tipos de cervexa. Especies de Pediococcus utilízanse a miúfo en inoculantes de ensilado (herba fermentada). Os pediococos úsanse como probióticos e engádense con frecuencia como microbios beneficiosos na creación de salchichas, queixos e iogures.
O xénero Pediococcus comprende as seguintes especies:[6]
- Pediococcus acidilactici Lindner 1887 (Listas Aprobadas 1980)
- Pediococcus argentinicus De Bruyne et al. 2008
- Pediococcus cellicola Zhang et al. 2005
- Pediococcus claussenii Dobson et al. 2002
- Pediococcus damnosus Claussen 1903 (Listas Aprobadas 1980)
- Pediococcus ethanolidurans Liu et al. 2006
- Pediococcus inopinatus Back 1988
- Pediococcus parvulus Günther e White 1961 (Listas Aprobadas 1980)
- Pediococcus pentosaceus Mees 1934 (Listas Aprobadas 1980)
- "Pediococcus perniciosus" Claussen 1903
- Pediococcus siamensis Tanasupawat et al. 2007
- Pediococcus stilesii Franz et al. 2006
Reclasificacións:
- Pediococcus dextrinicus foi reclasificada como Lapidilactobacillus dextrinicus.
- Pediococcus halophilus foi reclasificada como Tetragenococcus halophilus.
- Pediococcus lolii foi reclasificada como Pediococcus acidilactici.
- Pediococcus urinaeequi foi reclasificada como Aerococcus urinaeequi.
A taxonomía aceptada actualmente está baseada na LPSN[6] e a filoxenia está baseada en secuencias de xenoma completo.[4]
|
Pediococcus |
|
|
|
Pediococcus claussenii |
|
|
Pediococcus argentinicus |
|
|
|
|
|
Pediococcus acidilactici |
|
|
|
Pediococcus pentosaceus |
|
|
Pediococcus stilesii |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Pediococcus damnosus |
|
|
Pediococcus inopinatus |
|
|
|
|
|
Pediococcus cellicola |
|
|
|
Pediococcus ethanolidurans |
|
|
Pediococcus parvulus |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
grupo externo |
Furfurilactobacillus |
|
|
|
Claussen NH (1903). "Études sur les bactéries dites sarcines et sur les maladies qu'elles provoquent dans la bière" [Studies on so-called sarcine bacteria and the maladies they cause in beer]. Compte Rendus des Travaux du Laboratoire de Carlsberg 6: 64–83.
Haakensen, M; Dobson, CM; Hill, JE; Ziola, B (2009). "Reclassification of Pediococcus dextrinicus (Coster and White 1964) Back 1978 (Approved Lists 1980) as Lactobacillus dextrinicus comb. nov., and emended description of the genus Lactobacillus". International Journal of Systematic and Evolutionary Microbiology 59 (Pt 3): 615–21. PMID 19244449. doi:10.1099/ijs.0.65779-0.
Zheng J, Wittouck S, Salvetti E, Franz CMAP, Harris HMB, Mattarelli P, O'Toole PW, Pot B, Vandamme P, Walter J, Watanabe K, Wuyts S, Felis GE, Gänzle MG, Lebeer S. (2020). "A taxonomic note on the genus Lactobacillus: Description of 23 novel genera, emended description of the genus Lactobacillus Beijerinck 1901, and union of Lactobacillaceae and Leuconostocaceae". Int J Syst Evol Microbiol 70 (4): 2782–2858. PMID 32293557. doi:10.1099/ijsem.0.004107.
Bibliografía
- Abrunhosa, Luis; Ines, Antonio; Rodrigues, Ana I; Guimaraes, Ana; Pereira, Vania L; Parpot, Pier; Mendes-Faia, Arlete; Venancio, Armando (Oct 2014). "Biodegradation of ochratoxin A by Pediococcus parvulus isolated from Douro wines". International Journal of Food Microbiology 188 (outubro 1 2014): 45–52. PMID 25087204. doi:10.1016/j.ijfoodmicro.2014.07.019. hdl:1822/32514.