Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os probióticos son microorganismos vivos, viables, contidos ou incorporados a un alimento, que actúan no tracto intestinal producindo diferentes efectos fisiolóxicos beneficiosos para a saúde. Por extensión, os alimentos que os conteñen, como o iogur, quefir e outros leites fermentados, ou certos tipos de queixo, denomínanse alimentos probióticos ou, con menos frecuencia, bioalimentos.
Estes microorganismos non son patóxenos, poden adherirse ás paredes intestinais e atravesar todo o tubo dixestivo, recuperándose activas nas feces.
No caso do iogur e os leites fermentados, trátase das bacterias ácido-lácticas que posúen (como Streptococcus thermophilus, Lactobacillus bulgaricus, L. casei, L. helveticus, L. sake ou as bifidobacterias).
Xunto cos alimentos prebióticos, constitúen ese grupo de alimentos funcionais que tan de moda se puxeron nos últimos anos, non sempre avalados por estudos científicos que acreditasen os supostos efectos beneficiosos que nos ofrece a publicidade destes novos alimentos.
A publicidade vende a idea de que se trata de alimentos especialmente saudables, que contribúen a previr determinadas enfermidades e a acelera-la convalencencia doutras, afirmacións que aínda non foron demostradas e que deben interpretarse con moita cautela. Parece estar claro o efecto beneficioso dos probióticos sobre as diarreas víricas pero aínda faltan estudos que xustifiquen o efecto terapéutico ou preventivo sobre outras patoloxías.
A realidade é que a flora intestinal habitual nunha persoa sa está representada por unhas 500 especies diferentes de microorganismos, se ben o 99% do total corresponde só a unhas 30-40 especies. Dentro do noso intestino, desenvolven importantes funcións metabólicas e nutricionais, e favorecen o desenvolvemento das células produtoras de inmunoglobulinas, protectoras contra infeccións e flora bacteriana patóxena.
A nosa flora microbiana normal é o froito dun delicado equilibrio entre estes microorganismos, que varía entre as distintas persoas e nos distintos momentos da nosa vida. Se, pola razón que for, como é o caso dun tratamento antibiótico prolongado, este equlibrio chega a romperse pode producirse un crecemento anormal dunhas especies sobre outras e xurdir distintos procesos patolóxicos.
As bacterias lácticas, presentes de forma natural no intestino ou inxeridas cos alimentos probióticos, teñen a capacidade de fermenta-lo azucre do leite, a lactosa, produciendo ácido láctico (de aí o sabor acedo do iogur). Ó seren quen de multiplicarse e manterse viables dentro do intestino, actúan como protectores da mucosa intestinal e melloran a absorción dos nutrientes dos alimentos.
Entre os efectos beneficioso sobre a saúde atribuídos ós probióticos podemos cita-los seguintes:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.