Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
A LPSN ou List of Prokaryotic names with Standing in Nomenclature é unha base de datos en liña que mantén e proporciona os nomes correctos (segundo a nomenclatura e taxonomía aceptadas) e información relativa aos procariotas de acordo co Código Internacional de Nomenclatura das Bacterias (ou Código Bacteriolóxico[1]), revisado desde 1997 ata xuño de 2013 por J. P. Euzéby.[2] Desde xullo de 2013, a LPSN é revisada por Aidan C. Parte.
Na LPSN a taxonomía de bacterias e arqueas é actualizada por medio da revista International Journal of Systematic and Evolutionary Microbiology (IJSB/IJSEM).
LPSN está albergada nos servidores gandi.net localizados en Baltimore, USA.
O sitio web, ademais de manter o rexistro dos nomes taxonómicos actuais dos procariotas, ten varias fontes de referencias que explican os estándares mínimos para a descrición de novos taxons,[3][4] aclaracións sobre gramática latina e grega[5] e proporciona unha lista exhaustiva de coleccións de cultivos de todo o mundo que se dedican ao campo do cultivo de procariotas[6] e outros.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.