From Wikipedia, the free encyclopedia
A salchicha é un produto de forma alongada e cilíndrica elaborado cunha mestura de carne e graxa picadas (xeralmente de porco), sazonada con sal, pementa e outros condimentos e aditivos, embuchada nunha tripa natural ou artificial, que pode comercializarse cru, cocido ou afumado[1]. É un preparado cárnico de orixe alemá, semellante aos chourizos.
Para a súa elaboración adóitase aproveitar as partes do animal que, aínda que sexan comestibles e adoito nutritivas, non teñen un aspecto particularmente apetitoso, como a graxa, as vísceras e o sangue. Esta carne é introducida nunha envoltura, que tradicionalmente é o intestino do animal, aínda que actualmente se utiliza coláxeno, celulosa ou incluso plástico, especialmente na produción industrial.
Os bocadillos de salchicha (en inglés hot dog) son unha especie de sándwichs de salchicha feitos cun pan alongado da mesma lonxitude que a salchicha e aos que se lle engaden a miúdo ketchup e mostaza.
Existen no mundo numerosos tipos de salchichas, segundo o tipo de carne empregada, así como os demais ingredientes (como especias). Na cociña alemá existen diversas categorías de salchichas:
Algunhas cociñas ou gastronomías do mundo teñen salchichas que non conteñen carne como é o caso da Erbswurst (salchicha de chícharos) na cociña alemá e a farinheira (salchicha de fariña) na cociña portuguesa.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.