María del Carmen Alonso Seisdedos, nada en Vigo en 1961, é unha tradutora galega.
Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Pechar
Licenciada en Filoloxía Hispánica pola Universidade Autónoma de Barcelona (1984[1]) e en Filoloxía Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela, traduce desde o inglés, francés, portugués, italiano, alemán, catalán e castelán, principalmente ó galego.[2]
Desde o ano 1986, traduciu para dobraxe e subtitulación multitude de produtos audiovisuais ó galego.[3] Realizou correccións ortotipográficas e de estilo para editoriais galegas[2].
No ano 2009 iniciouse na tradución literaria e verteu ó galego autores como Orhan Pamuk, Kazuo Ishiguro e Herman Koch, así como obras de literatura infantil e xuvenil.[2]
En 2024 debutou como novelista.[4]
Traduciu unha gran cantidade de obras desde diversas linguas[5][6][7]:
Obras literarias
Literatura para adultos
- O museo da inocencia, de Orhan Pamuk (Editorial Galaxia, 2009) con Bartug Aykan
- Neve, de Orhan Pamuk (Editorial Galaxia, 2009) con Bartug Aykan
- Nocturnos, de Kazuo Ishiguro (Editorial Galaxia, 2010)
- O libro negro, de Orhan Pamuk (Editorial Galaxia, 2011) con Bartug Aykan
- Chámome vermello, de Orhan Pamuk (Editorial Galaxia, 2012) con Bartug Aykan
- A cea, de Herman Koch (Editorial Galaxia, 2012) con Antón Vialle
- Ulises, de James Joyce (Editorial Galaxia, 2013) con Eva Almazán, Xavier Queipo e Antón Vialle
- O enigma de Qaf de Alberto Mussa (NovoVinilo Edicións, 2015)
- A concesión do teléfono, de Andrea Camilleri (NovoVinilo Edicións, 2017)
- Sombras de reis barbudos, de José J. Veiga (NovoVinilo Edicións, 2017)
- A casa do sono, de Jonathan Coe (NovoVinilo Edicións, 2017)
- O tatuador de Auschwitz, de Heather Morris (Edicións Xerais de Galicia, 2019)
- Mulleres e poder, de Mary Beard (Hércules de Ediciones, 2019)
- A muller do porvir, de Concepción Arenal (Consello da Cultura Galega, 2020)
- Na néboa, de Richard Harding Davis (Hugin e Munin, 2020)
- A contrapelo. Ou por que rachar co círculo da depilación, submisión e autoodio, de Bel Olid (Embora, 2020)
- Fodemos? De que non falamos cando falamos de sexualidades, de Bel Olid (Embora, 2021)
- Unha educación, de Tara Westover (Hércules de Ediciones, 2021)
- Canto eu e a montaña baila, de Irene Solà (Kalandraka, 2021)
- Dublineses, de James Joyce (Editorial Galaxia, 2022)
- Despois do diario de Anne Frank, de Bas Von Benda-Beckmann (Kalandraka, 2022) con Antón Vialle
- Bambi. Unha aventura na fraga, de Felix Salten (Editorial Galaxia, 2022)
- Mathilda, de Mary Wollstonecraft Shelley (Irmás Cartoné, 2022)
- Feminismo de peto, de Bel Olid (Embora, 2022)
- O día que morreu David Bowie, de Sebastià Portell Clar (Edicións Positivas, 2022)
- A Casa Grande de Romarigães, de Aquilino Ribeiro (Kalandraka, 2022)
- Léxico familiar, de Natalia Ginzburg (Edicións Laiovento, 2022)
- Carol, de Patricia Highsmith (Kalandraka, 2022)
- O talento do señor Ripley, de Patricia Highsmith (Kalandraka, 2022)
- Deiche ollos e miraches as tebras, de Irene Solà (Kalandraka, 2023)
- Morte accidental dun anarquista, de Dario Fo (Editorial Galaxia, 2023)
- Canas ao vento, de Grazia Deledda (Irmás Cartoné, 2023)
- Os Malagana, de Giovanni Verga (Irmás Cartoné, 2024)
- A forza escura, de Louis Couperus (Editorial Galaxia, 2024) con Antón Vialle
- Raparigas de uniforme, de Christa Winsloe (Irmás Cartoné, 2024)
- O coloso de Marusi, de Henry Miller (Edicións Laiovento, 2024)
Literatura infantil e xuvenil
- As lentes de ver de Margarita del Mazo (Ediciones La Fragantina, 2014)
- Carliños Súper M de Margarita del Mazo (Ediciones La Fragantina, 2014)
- O rabaño de Margarita del Mazo (Ediciones La Fragantina, 2014)
- Os camiños das árbores de Pep Bruno (Ediciones La Fragantina, 2014)
- Grazas! de Charo Pita (Ediciones La Fragantina, 2014)
- Kiwi: un paxaro máis ben raro de Susanna Isern (Ediciones La Fragantina, 2014)
- O rei dos animais de Miguel Tanco (Ediciones La Fragantina, 2015)
- Osiño, a vella xirafa e o valado de pedra de Susanna Isern (Ediciones La Fragantina, 2015)
- Só un reloxo de Roberto Aliaga (Ediciones La Fragantina, 2015)
- Un día no mar de Paula Carbonell (Ediciones La Fragantina, 2015)
- Nemo, o rapaz sen nome, de David Morosinotto (Edicións Xerais de Galicia, 2016)
- O momento perfecto de Susanna Isern (Ediciones La Fragantina, 2016)
- Reckless. O fío de ouro, de Cornelia Funke (Edicións Xerais de Galicia, 2017)
- Nemo, o xigante de pedra, de David Morosinotto (Edicións Xerais de Galicia, 2017)
- O lapis máxico de Malala, de Malala Yousafzai (Edicións Xerais de Galicia, 2017)
- O año que é un porquiño, de Milja Praagman (Hércules de Ediciones, 2018) con Antón Vialle
- Porque te quero moito, de Milja Praagman (Hércules de Ediciones, 2018) con Antón Vialle
- O granxeiro e o veterinario, de Milja Praagman (Hércules de Ediciones, 2018) con Antón Vialle
- O chuvasqueiro de Aurora, de María Márquez (Bellaterra Edicións, 2020)
- Os Rescatadores Máxicos e a trapela a Imaxinaria, de Sabrina Catdoor (La Galera, 2021)
- Os Rescatadores Máxicos e o aniversario do revés, de Sabrina Catdoor (La Galera, 2021)
- Susana Pillabana e as tesoiras, de Jaap Robben e Benjamin Leroy (Embora, 2022) con Antón Vialle
- Susana Pillabana e o dedo fedorento, de Jaap Robben e Benjamin Leroy (Embora, 2022) con Antón Vialle
Obras audiovisuais
Entre outras obras, traduciu ó galego para a súa posterior emisión en Televisión de Galicia[8]:
- Argo (Ben Affleck, 2012)
- Harry Potter e a pedra filosofal (Chris Columbus, 2001)
- Harry Potter e a Cámara dos Segredos (Chris Columbus, 2002)
- Harry Potter e o preso de Azkaban (Alfonso Cuarón, 2004)
- Harry Potter e o Cáliz de fogo (Mike Newell, 2005)
- Harry Potter e a Orde do Fénix (David Yates, 2007)
- Harry Potter e o misterio do príncipe (David Yates, 2009)
- Harry Potter e as reliquias da morte (1ª parte) (David Yates, 2010)
- Harry Potter e as reliquias da morte (2ª parte) (David Yates, 2011)
- Million Dollar Baby (Clint Eastwood, 2004)