Premios Ánxel Casal da Edición
premio literario concedido pola Asociación Galega de Editoras From Wikipedia, the free encyclopedia
Os premios Ánxel Casal da Edición foi un galardón que englobaba distintas modalidades literarias e era xestionado pola Asociación Galega de Editores. Outorgábase aos que se consideraban os mellores libros e autores do ano en lingua galega durante a gala da Noite da edición en Galicia. Desapareceu en 2016 cando a citada gala da edición se xuntou cos premios da AELG e os do gremio de libreiros para crear a Gala do Libro Galego.
Modalidades
- Premio Ánxel Casal ao Libro de Ficción
- Premio Ánxel Casal ao Libro de Poesía ou Teatro
- Premio Ánxel Casal ao Libro de Non Ficción
Amais, tamén formaron parte dos premios da edición o Premio Lois Tobío de Tradución, o Premio Isaac Díaz Pardo ao Libro Ilustrado, o Premio Neira Vilas ao Libro Infantil e Xuvenil, o Premio Xosefa Iglesias Villaverde ao Libro Educativo, o Premio Rosalía de Castro á Iniciativa Editorial, Premio Xosé María Álvarez Blánquez ao autor/autora ou colectivo de autores.[1]
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.