poeta e escritora española From Wikipedia, the free encyclopedia
Irene Solà Sáez, nada en Malla (Provincia de Barcelona) o 17 de agosto de 1990 é unha poeta, narradora e artista plástica catalá.[1]
(2019) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 17 de agosto de 1990 (34 anos) Malla, España |
Educación | Universidade de Barcelona Universidade de Sussex |
Actividade | |
Campo de traballo | Literatura catalã (pt) , poesía e artes visuais |
Lugar de traballo | Cataluña |
Ocupación | poetisa, escritora, artista visual |
Participou en | |
28 de marzo de 2022 | Defensem l’escola en català |
Obra | |
Obras destacables
| |
Premios | |
| |
Páxina web | http://irenesola.hotglue.me/ |
Licenciouse en Belas Artes pola Universidade de Barcelona e obtivo un máster en Literatura, Cinema e Cultura Audiovisual na Universidade de Sussex.[2]
Na investigación artística transdisciplinaria en que traballa conflúen os estudos universitarios e a inquietude pola literatura.[3]
Mentres estudaba a carreira, publicou o poemario Bèstia (Galerada). Componse de dúas partes, onde a primeira é máis visceral e enfadada co mundo e a segunda máis tranquila e agradable, segundo explicou a autora.[4]
Els dics foi a súa primeira novela, na que narra a historia de tres xeracións, a través da voz da súa protagonista, Ada. A autora tardou tres anos en construír a novela, concibida coma se dun proxecto artístico tratásese.[5]
A súa segunda novela, Canto eu e a montaña baila[6] é unha reinterpretación da vida na montaña que conta as vidas de varios personaxes baseándose en historias e lendas do Pireneo Catalán e o Pre-Pireneo. As historias dannos múltiples miradas sobre o mesmo sitio desde diferentes perspectivas.[3]
Participa en festivais de poesía, desempeñando a súa faceta de poeta, á vez que realiza exposicións de arte no CCCB de Barcelona, na Whitechapel Gallery ou no Jerwood Arts Centre de Londres etc.
É cofundadora con Francisco Ruiz Abad do fanzine de creación contemporánea Vols Russosy[7] participa en varios proxectos colectivos.
En 2020 participou na iniciativa de Art Nou, impulsada pola Asociación Art Barcelona co obxectivo de activar a escena artística local dando espazo á creación da mocidades coa súa exposición Hai unha historia dunha muller que...[8] O motivo desta obra atopouno nun conto da comarca catalá do Lluçanès, sobre unha muller que polas noites collía aos homes novos que traballaban para o seu marido, púñalles unha brida na boca e montábaos coma se fosen cabalos para ir a reunións de bruxas.[9] Despois de meses de investigación descubriu que esta se repetía no mundo asiático desde o século III a.c. e como chegou a Europa no século XII e o cristianismo converteuna nunha historia cautelar sobre a maldade das mulleres. Na exposición, Solà intercalou imaxes con fragmentos de testemuños reais dos xuízos sobre as bruxas, coa intención de darlles voz porque como ela dixo “Interésame dar voz ás bruxas, que non sabemos o que pensaban e todo o que nos chegou é o que dixeron eses señores”.[9]
Desde 2004 recibiu diversos premios en varios certames, entre os que destacan a publicación do conto «L'ahir es diu Júlia i el demà també», na recompilación Aprendices y otros cuentos' e o accésit ao XXVI Premio Antoni Bofarull de narrativa e no 21º Premio Miquel Martí i Pol.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.