actriz e cantante de Alemania From Wikipedia, the free encyclopedia
Marie Magdalene "Marlene" Dietrich, nada en Schöneberg, Berlín, o 27 de decembro de 1901 e finada en París o 6 de maio de 1992,[1] foi unha actriz e cantante alemá. Dietrich mantívose na popularidade ó longo da súa carreira mediante a reinvención constante, tanto profesionalmente como persoalmente. No Berlín da década de 1920, actuou no teatro e en filmes mudos. Interpretou a Lola-Lola en Der blaue Engel (1930), dirixido por Josef von Sternberg, e acadou a fama internacional despois do contrato con Paramount Pictures nos Estados Unidos. Filmes de Hollywood como Shanghai Express (1932) e Desire (1936) capitalizaron o seu glamour e aparencia exótica, converténdose nunha das actrices mellor pagadas do seu tempo. Dietrich conseguiu a cidadanía estadounidense en 1939,[2] e durante a segunda guerra mundial, foi artista na fronte. Malia que seguiu facendo filmes de xeito ocasional despois da guerra, Dietrich adicou os seus anos entre as décadas de 1950 e 1970 facendo xiras polo mundo como artista de espectáculos.
En 1999, o American Film Institute declarou a Dietrich a novena estrela feminina máis grande de tódolos tempos.[3]
Marlene foi a segunda filla do lugartenente da policía real Louis Erich Otto Dietrich e da súa muller Josefine Wilhelmine Elisabeth (nada Felsing) en Schöneberg, na actualidade un barrio de Berlín. Despois da morte do pai de Marlene en 1907, a súa nai casou co lugartenente Eduard von Losch.
Marlene comezou estudando violín, logo traballou nun coro, e máis tarde foi actriz en obras teatrais de Max Reinhardt en Berlín e Viena durante a década de 1920.
Os seus primeiros anos pasounos na rúa Leberstraße 65 (Sedanstraße ata 1937), na chamada Illa vermella, cursando estudos na Auguste-Viktoria-Schule da rúa Nürnberger Straße. Recibiu clases de música e en 1918 comezou a súa formación de violinista na escola de música, Musikhochschule, de Weimar. En 1921 proseguiu os seus estudos en Berlín, mais tívoos que abandonar o ano seguinte por mor dunha tendinite.
Durante unha audición no Deutscher Theater foi elixida polo soado director de teatro Max Reinhardt para o seu primeiro papel dramático, e despois obtivo pequenos papeis no cine.
En 1923 casou con Rudolf Sieber, un axudante de produción, e o 13 de decembro de 1924 naceu a súa filla Maria Elisabeth Sieber.
En 1929, despois de numerosos papeis e actuacións no cine mudo, Marlene foi descuberta na obra de teatro Zweit Krawatten polo director Josef von Sternberg, quen andaba á procura dunha protagonista feminina para o primeiro filme sonoro, Der Blaue Engel ("O anxo azul"), baseado na novela Professor Unrat de Heinrich Mann. Marlene conseguiu o éxito co papel de Lola Lola. A película foi filmada á vez en inglés e alemán. A canción que aparece no filme cantada por Marlene co título de Ich bin von Kopf bis Fuß auf Liebe eingestellt (Falling in love again na versión en inglés) foi un éxito mundial.
"A Dietrich", como é popularmente coñecida en Alemaña, marchou canda o seu director aos Estados Unidos e asinou coa Paramount Pictures.
En 1930 foi nomeada como mellor actriz principal aos Óscar polo seu papel no filme Marokko, no que foi o seu único nomeamento a estes premios. Nos anos vindeiros realizou cinco filmes máis baixo a dirección de Sternberg. Shanghai Express (1932) foi o que obtivo un maior éxito comercial. No 1935 deu fin a colaboración de Marlene Dietrich con Sternberg.
En 1936 rexeitou a oferta de Goebbels, que lle prometera altos honorarios e a libre elección de guión e traballadores para que rodase en Alemaña. Dietrich seguiu actuando en películas filmadas nos EUA ás ordes de directores coma Hitchcock, Lubitsch, Welles ou Wilder, e en 1939 adoptou a nacionalidade estadounidense.
A mediados dos anos 1930 os seus filmes non conseguiron o éxito esperado entre os espectadores. O xeito de superar esta rúa sen saída foi un cambio de imaxe que Dietrich efectuou no filme Der grosse Bluff. De deusa inaccesible pasou a camareira de bar que cantaba cancións obscenas cun efecto moi ben logrado grazas á súa voz rouca.
Nos anos seguintes comezou a facerse máis coñecida a través das súas cancións, que adoitaba cantar falando, entre as que destacan Lili Marleen (que fora éxito na voz da cantante Lale Andersen) e Sag mir, wo die Blumen sind ("Dime onde están as flores"), unha canción que fala da perda de vidas dos soldados finados en balde na segunda guerra mundial).
Xa dende que estivera en París, Marlene apoiaba activa e economicamente a aqueles que axudaban a outras persoas a fuxir e tamén a artistas emigrados.
Despois de que o actor francés Jean Gabin, co que ela tivera unha relación sentimental en Hollywood, se alistase voluntariamente nos Estados Unidos nas Forzas de Liberación francesas, Marlene tentou igualmente contribuír coa súa axuda na loita contra o fascismo. Decidiu que, como non podía loitar por non ser un home, había cantar para os GIs, os soldados americanos, o máis preto posible da fronte. Durante a Ofensiva das Ardenas, librouse por pouco de ser capturada. Cando máis adiante lle preguntaron por que o facía, malia o perigo que representaba encontrarse a tan poucos quilómetros do territorio inimigo, ela respondeu coa súa famosa frase: aus Anstand ("por decencia"). Por mor da súa solidariedade incondicional cos boys que estaban a loitar, foi unha das actrices máis queridas e populares das que visitaban a fronte en apoio ás tropas en África e Europa. Máis tarde había expresar que nunca tivera un contacto tan intenso co seu público.
Ao fin da guerra volveu a Alemaña xunto coas tropas americanas. En Stolberg, Aachen, foi recoñecida por unha alemá e, para a súa sorpresa, saudada con ledicia. Esta reacción inesperada non había ser un caso illado, outras mulleres do lugar reuniron ingredientes para faceren un biscoito de benvida, que segundo a súa declaración, foi o manxar máis exquisito que probara en toda a súa vida.
Tamén tivo éxito na busca da súa nai e da súa irmá; puido falar brevemente por radio coa súa nai, e por fin, vela tamén en Berlín. A súa nai, que se xurara a si mesma sobrevivir a Hitler, morreu en novembro de 1945.
O seu compromiso contra o réxime nazi obtivo un recoñecemento considerablemente anterior no ámbito internacional que na súa patria alemá. En 1947 recibiu a Medal of Freedom, a Medalla da liberdade, a condecoración máis elevada para os civís nos Estados Unidos. En 1951 foille entregado o título de Chevalier de la Legion d'Honneur (Cabaleiro da lexión de honra) polo goberno francés, e en anos vindeiros, os presidentes Pompidou e Mitterrand ascendérona a Oficial e, finalmente, a Comandante da lexión de honra.
A partir de 1953 traballou case exclusivamente como cantante en teatros acadando un éxito mundial. Entre 1953 e 1954 actuou en shows en Las Vegas no Sahara Hotel, e mais no Café de Paris en Londres. O seu acompañante musical foi a partir de 1955 e durante case dez anos Burt Bacharach.
En 1960 volveu a Alemaña e a Berlín nunha xira europea. Como Marlene resaltou, o seu público en Alemaña quedou entusiasmado co seu show. Porén non foi o único co que se topou en Alemaña, onde algúns sectores da poboación e da prensa a consideraban unha traidora á patria, chegando a recibir ameazas de bomba.
En 1961 rodou o seu último grande filme Judgment at Nuremberg (O xuízo de Núremberg), que trataba as implicacións que houbo de xuristas no sistema de inxustizas nazi. En 1962 actuou en Düsseldorf na gala de UNICEF. En 1963 actuou en Baden-Baden no Festival Alemán de Schlager, un tipo de música popular en Alemaña que se caracteriza por un ritmo pegadizo con letras sinxelas e moi repetitivas.
Os problemas de alcolismo de Marlene comezaron a ir en aumento, e abandonou a súa carreira dramática tras unha fractura de perna que sufriu durante unha actuación nun teatro en Australia en 1975.
Tres anos máis tarde actuou por última vez diante da cámara no filme Schöner Gigolo, armer Gigolo, xunto a David Bowie entre outros. Nesta película Marlene fixo o seu papel sentada nunha cadeira de rodas, e despois da rodaxe deixou por completo a vida pública, retirada no seu apartamento da Avenue Montagne en París, cuxo leito non abandonou ata a súa morte. A súa filla Maria ocupouse de coidala.
Anos máis tarde animouse a saír nun documental sobre ela mesma. Ao principio, o director Maximilian Schell obtivo o seu permiso para a filmar, pero pasado o tempo había botarse atrás e só autorizou a gravación da súa voz nun magnetófono. Schell decidiu mesturar as gravacións con fragmentos de fotos e filmes nos que actuara Marlene. O filme remata con Ferdinand Freiligrath recitando o poema Der Liebe Dauer, que facía chorar a Marlene. O documental Marlene estivo nomeado aos premios Oscar como mellor documental.
O seu primeiro libro apareceu en 1963 co título ABC meines Lebens ("O ABC da miña vida"). En 1979 saíu do prelo a súa primeira autobiografía; Nehmt nur mein Leben ("Tomade só a miña vida"). En 1987 publicouse unha modificación da anterior co título de; Ich bin Gott sei Dank Berlinerin ("Eu son, grazas a Deus, berlinesa").
Marlene Dietrich finou en 1992 en París, oficialmente, por problemas de corazón e nervios.
Norma Bosquet, a súa secretaria e amiga, que a visitaba case a diario no seu piso, aclarou que Marlene probablemente se suicidara cunha inxestión de somníferos; Marlene sufrira dous días antes o seu segundo ataque de apoplexía.
Foi enterrada no cemiterio municipal de Schöneberg III, na rúa Stubenrauchstraße 43-45 (o cemiterio tiña antigamente o nome de Friedenauer Friedhof), nunha modesta tumba preto da da súa nai.
Nos días que seguiron á súa morte volveu ser chamada traidora á patria. Foi criticada en cartas de lectores publicadas en xornais, e tamén pola actriz Evelyn Künneke. Estaba previsto realizar un acto conmemorativo na súa memoria, mais oficialmente por razóns organizativas, foi anulado. Aínda no 1996 había controversias en Berlín coa intención de que unha rúa levase o seu nome.
No berlinés barrio de Tiergarten, dende 1997, a praza central entre o novo centro comercial Potsdamer-Platz-Arkaden, o Hotel Grand Hyatt e o Musicaltheater/Casino, chámase Marlene-Dietrich-Platz (Praza de Marlene Dietrich). Na dedicatoria está escrito: "Estrela mundial berlinesa do cinema e da canción. Unha aposta pola liberdade e a democracia, para Berlín e Alemaña."
No aniversario do seu centenario, en 2001, o land de Berlín desculpouse polos tratos hostís que se lle deran. O 16 de maio de 2002 foille outorgada postumamente a Cidadanía de honra de Berlín.
Marlene Dietrich convenceu o público a través do seu carisma andróxino, polo que se sentían atraídos na mesma medida tanto homes coma mulleres. A miúdo vestía prezas de roupa de home, o que na súa época era algo revolucionario. Isto foi unha das razóns que repercutiron para que fose enxalzada como ídolo do Movemento Feminista entre as dúas guerras mundiais, ademais de como icona do Movemento Gai.
Ano | Título | Papel | Director | Outros membros do elenco |
---|---|---|---|---|
1919 | Im Schatten des Glücks | Papel sen confirmar | Jacob Fleck | Sybil Smolova, Hans Adalbert Schlettow (A súa aparición neste filme non está confirmada.) |
1923 | The Little Napoleon | Kathrin | Georg Jacoby | Egon Von Hagen, Paul Heidemann |
1923 | Tragedy of Love | Lucy | Joe May | Lena Amsel, Charlotte Ander |
1923 | Man by the Wayside | Kramerstochter | William Dieterle | Alexander Granach, William Dieterle |
1924 | Der monch from Santarem | Uncredited | Lothar Mendes | Alf Blucheter, Emmy Forster |
1924 | Der Sprung ins Leben[4] | Mädchen am Strand | Johannes Guter | Xenia Desni, Walter Rilla |
1925 | Dancing Mad | Dance Extra | Alexander Korda | Victor Varconi, María Corda |
1926 | Manon Lescaut | Micheline | Arthur Robison | Lya De Putti, Vladimir Gajdarov |
1926 | Madame Wants No Children | Bailarina | Alexander Korda | María Corda, Harry Liedtke |
1927 | Eine Dubarry von heute | Kokotte | Alexander Korda | María Corda, Alfred Abel |
1927 | Der Juxbaron | Sophie | Willi Wolff | Karl Beckman, Henry Bender |
1927 | Heads Up, Charley | Edmee Marchand | Willi Wolff | Ellen Richter, Michael Bonhen |
1927 | His Greatest Bluff | Yvette | Henrik Galeen | Harry Piel, Toni Tetzlaff |
1927 | Cafe Elektric | Erni | Gustav Ucicky | Willi Forst, Fritz Alberti |
1928 | Prinzessin Olala | Chichotte de Gastone | Robert Land | Hermann Botcher, Walter Rilla |
1929 | Dangers of the Engagement Period | Evelyne | Fred Sauer | Willi Forst, Albert Horrmann |
1929 | I Kiss Your Hand, Madame | Laurence Gerard (Lucille en USA) | Robert Land | Harry Liedtke, Pierre de Guingand |
1929 | The Woman One Longs For | Stascha | Curtis Bernhardt | Fritz Kortner, Frida Richard |
1929 | The Ship of Lost Men | Ethel Marley | Maurice Tourneur | Fritz Kortner, Robin Irvine |
Ano | Título | Papel | Director | Outros membros do elenco |
---|---|---|---|---|
1930 | The Blue Angel | Lola-Lola | Josef von Sternberg | Emil Jannings, Kurt Gerron |
1930 | Morocco | Mademoiselle Amy Jolly | Josef von Sternberg | Gary Cooper, Adolphe Menjou |
1931 | Dishonored | Marie Kolverer | Josef von Sternberg | Victor McLaglen, Warner Oland |
1932 | Shanghai Express | Shanghai Lily | Josef von Sternberg | Clive Brook, Anna May Wong |
1932 | Blonde Venus | Helen Faraday | Josef von Sternberg | Cary Grant, Herbert Marshall, Andrea Palma |
1933 | The Song of Songs | Lily Czepanek | Rouben Mamoulian | Brian Aherne, Lionel Atwill |
1934 | The Scarlet Empress | Princesa Sophia Frederica / Catherine II | Josef von Sternberg | John Lodge, Sam Jaffe, Maria Riva |
1935 | The Devil is a Woman | Concha Perez | Josef von Sternberg | Lionel Atwill, Edward Everett Horton, Cesar Romero |
1936 | I Loved a Soldier | Anna Sedlak | Henry Hathaway | Charles Boyer, Akim Tamiroff |
1936 | Desire | Madeleine de Aupre | Frank Borzage | Gary Cooper, John Halliday |
1936 | The Garden of Allah | Domini Enfilden | Richard Boleslawski | Charles Boyer, John Carradine |
1937 | Knight Without Armour | Countess Alexandra Vladinoff | Jacques Feyder | Robert Donat, Irene Vanbrugh |
1937 | Angel | Maria Berker | Ernst Lubitsch | Herbert Marshall, Melvyn Douglas, Edward Everett Horton |
1939 | Destry Rides Again | Frenchy | George Marshall | James Stewart, Una Merkel |
1940 | Seven Sinners | Bijou Blanche | Tay Garnett | John Wayne, Broderick Crawford |
1941 | The Flame of New Orleans | Condesa Claire Ledoux | René Clair | Bruce Cabot, Roland Young |
1941 | Manpower | Fay Duvall | Raoul Walsh | Edward G. Robinson, George Raft |
1942 | The Lady is Willing | Elizabeth Madden | Mitchell Leisen | Fred MacMurray, Aline MacMahon |
1942 | The Spoilers | Cherry Malotte | Ray Enright | John Wayne, Randolph Scott |
1942 | Pittsburgh | Josey 'Hunky' Winters | Lewis Seiler | John Wayne, Randolph Scott |
1944 | Kismet | Jamilla | William Dieterle | Ronald Colman, James Craig |
1944 | Follow the Boys | Herself | A. Edward Sutherland | George Raft, Vera Zorina, Orson Welles |
1946 | Martin Roumagnac | Blanche Ferrand | Georges Lacombe | Jean Gabin, Jean d'Yd |
1947 | Golden Earrings | Lydia | Mitchell Leisen | Ray Milland, Murvyn Vye |
1948 | A Foreign Affair | Erika Von Schlutow | Billy Wilder | Jean Arthur, John Lund |
1949 | Jigsaw | Ela mesma (cameo) | Fletcher Markle | Franchot Tone, Jean Wallace |
1950 | Stage Fright | Charlotte Inwood | Alfred Hitchcock | Jane Wyman, Michael Wilding, Richard Todd |
1951 | No Highway in the Sky | Monica Teasdale | Henry Koster | James Stewart, Glynis Johns |
1952 | Rancho Notorious | Altar Keane | Fritz Lang | Arthur Kennedy, Mel Ferrer |
1956 | A volta ao mundo en oitenta días | Anfitrioa do Saloon (cameo) | Michael Anderson | David Niven, Cantinflas, Shirley MacLaine, Frank Sinatra |
1957 | The Monte Carlo Story | Maria de Creveçoeur | Samuel A. Taylor | Vittorio De Sica, Arthur O'Connell |
1957 | Testemuña de cargo | Christine Vole (Helm) | Billy Wilder | Tyrone Power, Charles Laughton |
1958 | Touch of Evil | Tanna | Orson Welles | Charlton Heston, Orson Welles, Janet Leigh, Zsa Zsa Gabor |
1961 | Judgment at Nuremberg | Mrs. Bertholt | Stanley Kramer | Spencer Tracy, Burt Lancaster, Richard Widmark, Judy Garland |
1962 | Black Fox: The Rise and Fall of Adolf Hitler | Narradora (voz) | Louis Clyde Stoumen | |
1964 | Paris When It Sizzles | Ela mesma (cameo) | Richard Quine | Audrey Hepburn, William Holden |
1979 | Schöner Gigolo, armer Gigolo | Baronesa von Semering | David Hemmings | David Bowie, Kim Novak, Sydne Rome |
1984 | Marlene | Ela mesma (voz) | Maximilian Schell | Maximilian Schell, Annie Albers, Bernard Hall |
Ano | Título | Notas |
---|---|---|
1928 | Die gluckliche Mutter | O biógrafo de Dietrich, Steven Bach dixo que non está verificada a estrea desta curta |
1935 | The Fashion Side of Hollywood | Curta promocional de vestidos deseñados por Travis Banton. |
1937 | Screen Snapshots Series 16, No. 7 | |
1943 | Show Business at War | |
1944 | Memo for Joe |
Listas das aparicións en televisión:
Ano | Título da canción (Cara-A) | Título da canción (Cara-B) | Selo | Catálogo | Notas |
---|---|---|---|---|---|
1928 | "Wenn die beste Freundin" | - | Electrola | EG 892 | Dúo con Margo Lion e Oskar Karlweis. De Es liegt in der Luft. |
1928 | "Potpourri from Es liegt in der Luft, Part 1" | "Potpourri from Es liegt in der Luft, Part 2" | Electrola | EH 146 | |
1930 | "Falling in Love Again" | "Blonde Women" | HMV | B 3524 | De The Blue Angel. Orquestra: Friedrich Hollaender. |
1930 | "Ich bin von Kopf bis Fuß auf Liebe eingestellt" | "Nimm dich in Acht vor blonden Frau'n" | Electrola | EG 1770 | De Der Blaue Engel. Orquestra: Friedrich Hollaender. |
1930 | "Ich bin die fesche Lola" | "Kinder, heut' abend, da such ich mir was aus" | Electrola | EG 1802 | From Der Blaue Engel. Orquestra: Friedrich Hollaender. |
1931 | "Wenn ich mir was wünschen dürfte" | "Leben ohne Liebe kannst du nicht" | Electrola | EG 2265 | De "Der Mann, der seinen Mörder sucht" / "Nie wieder Liebe". Piano: Friedrich Hollaender / Mischa Spoliansky |
1931 | "Peter" | "Jonny" | Ultraphon | A 887 | Orquestra: Peter Kreuder. |
1931 | "Jonny" (gravación alternativa) | Ultraphon | AP 249 | Orquestra: Peter Kreuder. | |
1931 | "Quand l'Amour Meurt" | "Give Me the Man" | Electrola | EG 2775 | De Morocco. Orquestra: Peter Kreuder. |
1933 | "Assez" | "Moi, Je M'Ennuie" | Polydor | 530000 | Orquestra: Peter Kreuder. |
1933 | "Assez" (gravación alternativa) | Decca | M 452 | Orquestra: Peter Kreuder. | |
1933 | "Ja, so bin ich" | Polydor | 524182 | Orquestra: Peter Kreuder. | |
1933 | "Allein in einer grossen Stadt" | "Mein blondes Baby" | Polydor | 530001 | Orquestra: Peter Kreuder. |
1933 | "Wo ist der Mann?" | Polydor | 47199 | Orquestra: Peter Kreuder. Trompeta: Arthur Briggs. | |
1935 | "If It Isn't Pain (Then It Isn't Love)" | "Three Sweethearts Have I" | Decca | Tema promocional de The Devil is a Woman. | |
1939 | "I've Been In Love Before" | "You Do Something To Me" | Decca | 23139 | Orquestra: Victor Young. |
1939 | "You've Got that Look" | "You Go To My Head" | Decca | 23140 | Orquestra: Victor Young. |
1939 | "Falling in Love Again" | "The Boys in the Backroom" | Decca | 23141 | Orquestra: Victor Young. |
1945 | "Lili Marlene" | "Symphonie" | Decca | 23456 | Orquestra: Charles Magnante. |
1948 | "Illusions" | "Black Market" | Decca | A14582 | De A Foreign Affair. |
1952 | "Too Old to Cut the Mustard" | "Good for Nothin'" | Columbia | 39812 | Dúo con Rosemary Clooney. |
1952 | "Come Rain or Come Shine" | "Love Me" | Columbia | 39797 | |
1953 | "Time For Love" | "Look Me Over Closely" | Columbia | 39959 | |
1953 | "Dot's Nice — Donna Fight" | "It's The Same" | Philips | PH 21057 | Dúo con Rosemary Clooney. |
1953 | "Besides" | "Land Sea and Air" | Philips | PB 314 | Dúo con Rosemary Clooney. |
1954 | "Ich hab' noch einen Koffer in Berlin" | "Peter" | Columbia | 40497 |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.