Jonas Sternberg, nado en Viena o 29 de maio de 1894 e finado en Hollywood (California) o 22 de decembro de 1969 foi un director de cinema austríaco-estadounidense, coñecido como Josef von Sternberg.
(1931) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 29 de maio de 1894 Viena, Austria |
Morte | 22 de decembro de 1969 (75 anos) Hollywood, Estados Unidos de América |
Causa da morte | infarto agudo de miocardio |
Lugar de sepultura | Westwood Village Memorial Park Cemetery (pt) |
Educación | Jamaica High School (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Filme |
Ocupación | director de cinema, produtor de cinema, director de fotografía, guionista, montador, realizador |
Familia | |
Cónxuxe | Riza Royce |
Premios | |
Descrito pola fonte | Enciclopedia soviética armenia |
|
Traxectoria
Sternberg naceu nunha familia xudía en Viena. Cando tiña dous anos o seu pai Moses (Morris) Sternberg, antigo soldado do exército austro-húngaro, mudouse aos Estados Unidos na busca de emprego e o resto da súa familia uniuse ao pai cinco anos despois. Logo de tres anos toda a familia volveu a Viena. Cando Sternberg cumpriu catorce anos a familia estableceuse en Nova York, onde aprendeu inglés en escolas públicas.
Sternberg abandonou o instituto para traballar como mozo dos recados nun almacén. En 1915 traballaba para William A. Brady na World Film Company, en Nova Jersey. O director Emile Chautard contratou a Sternberg como axudante de director en 1919 para The Mystery of the Yellow Room. Debutou como director en 1925 con The Salvation Hunters. O actor e produtor Elliott Dexter engadiu o falso título aristócrata 'von' ao apelido de Sternberg en 1925 durante a produción de By Divine Right.
Charlie Chaplin quedou impresionado por The Salvation Hunters e animou a Douglas Fairbanks e Mary Pickford a comprar os dereitos. O éxito chegoulle a Sternberg no final da década con Paramount Pictures e algúns dos últimos filmes do período mudo, como The Last Command e The Docks of New York (ambos os dous de 1928).
A carreira de Sternberg decaeu tras Thunderbolt, polo que aceptou unha invitación para facer un filme en Alemaña. En 1929 dirixiu Der blaue Engel en inglés e alemán simultaneamente. Para o filme contratou a unha descoñecida Marlene Dietrich como Lola Lola, a protagonista, que se converteu nunha estrela internacional que coa que continuou a colaborar nos Estados Unidos.
O último filme en solitario que dirixiu foi Anatahan (1953), rodado no Xapón.
Filmografía
Filmes mudos
- The Salvation Hunters (1925)
- Exquisite Sinner (1926, perdido)
- A Woman of the Sea (1926, coñecido tamén como The Sea Gull ou Sea Gulls, perdido)
- Underworld (1927)
- The Last Command (1928)
- The Dragnet (1928, perdido)
- The Docks of New York (1928)
- The Case of Lena Smith (1929, perdido)
Filmes sonoros
- Thunderbolt (1929)
- The Blue Angel (1930)
- Morocco (1930)
- Dishonored (1931)
- An American Tragedy (1931)
- Shanghai Express (1932)
- Blonde Venus (1932)
- The Scarlet Empress (1934)
- The Devil is a Woman (1935)
- Crime and Punishment (1935)
- The King Steps Out (1936)
- Sergeant Madden (1939)
- The Shanghai Gesture (1941)
- The Town (1943, curtametraxe)
- Unha aventura en Macau (1952)
- Anatahan (1952–8)
Documentais
- The Fashion Side of Hollywood (1935)
Véxase tamén
Bibliografía
- Baxter, John: The Cinema of Josef von Sternberg. Londres: A. Zwemmer / Nova York: A. S. Barnes & Co., 1971.
- Baxter, John: Von Sternberg. Kentucky: University Press of Kentucky, 2010.
- Baxter, Peter: Just Watch!: Sternberg, Paramount and America. Londres: British Film Institute, 1993.
- Baxter, Peter (ed.): Sternberg. Londres: British Film Institute, 1980.
- Sarris, Andrew: The Films of Josef von Sternberg. Nova York: Doubleday, 1966.
- Sternberg, Josef von: Fun in a Chinese Laundry. Londres: Secker and Warburg, 1965.
- Studlar, Gaylyn: In the Realm of Pleasure: Von Sternberg, Dietrich, and the Masochistic Aesthetic. Nova York: Columbia University Press, 1992.
- Weinberg, Herman G.: Josef von Sternberg. A Critical Study. Nova York: Dutton, 1967.
Ligazóns externas
- Josef von Sternberg na IMDb (en inglés).
- Virtual History
- For the Icon, The Shadow, and The Glimmer Between: 3 Silent Classics by Josef von Sternberg, Daniel Kasman, MUBI (23 de agosto de 2010)
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.