Marlene Dietrich

actriz e cantante de Alemania From Wikipedia, the free encyclopedia

Marlene Dietrich

Marie Magdalene "Marlene" Dietrich, nada en Schöneberg, Berlín, o 27 de decembro de 1901 e finada en París o 6 de maio de 1992,[1] foi unha actriz e cantante alemá. Dietrich mantívose na popularidade ó longo da súa carreira mediante a reinvención constante, tanto profesionalmente como persoalmente. No Berlín da década de 1920, actuou no teatro e en filmes mudos. Interpretou a Lola-Lola en Der blaue Engel (1930), dirixido por Josef von Sternberg, e acadou a fama internacional despois do contrato con Paramount Pictures nos Estados Unidos. Filmes de Hollywood como Shanghai Express (1932) e Desire (1936) capitalizaron o seu glamour e aparencia exótica, converténdose nunha das actrices mellor pagadas do seu tempo. Dietrich conseguiu a cidadanía estadounidense en 1939,[2] e durante a segunda guerra mundial, foi artista na fronte. Malia que seguiu facendo filmes de xeito ocasional despois da guerra, Dietrich adicou os seus anos entre as décadas de 1950 e 1970 facendo xiras polo mundo como artista de espectáculos.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Marlene Dietrich
Thumb
Biografía
Nacemento(de) Marie Magdalene Dietrich
27 de decembro de 1901
Rote Insel (Imperio Alemán)
Morte6 de maio de 1992 (90 anos)
8º distrito de París (Francia)
Causa da morteinsuficiencia renal
Lugar de sepulturaFriedhof Schöneberg III (pt) , 34-363
Outros nomesMarlene Dietrich
EducaciónHochschule für Musik Franz Liszt Weimar (en) (1918–)
Goethe Gymnasium (en)
Ernst Busch Academy of Dramatic Arts (en)
Altura168 cm
Actividade
Lugar de traballo Os Ánxeles
Berlín
Ocupaciónactriz de cinema, actriz de teatro, actriz, actriz de televisión, violinista, autobiógrafa, animadora, cantante, membro da resistencia
Período de actividade1919 - 1984
EmpregadorOffice of Strategic Services (pt)
Carreira militar
Rama militarUnited Service Organizations (pt)
Conflitosegunda guerra mundial
TesituraContralto

InstrumentoViolín, singing musical saw David Penalosa (pt) e voz
Selo discográficoLiberty
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeRudolf Sieber (1923–1976), morte do cónxuxe
ParellaErich Maria Remarque
Yul Brynner
John F. Kennedy
Mercedes de Acosta
Jean Gabin
Wilhelm Michel
FillosMaria Riva
 () Rudolf Sieber
PaisLouis Erich Otto Dietrich   e Wilhelmina Elisabeth Joséphine Felsing
ParentesGeorg Hugo Will, cuñado
Premios
Sinatura Thumb

Descrito pola fonteObálky knih,
Sitio webmarlene.com
Allocine: 329 TCM: 50375 TV.com: people/marlene-dietrich IBDB: 38065
iTunes: 25169843 Last fm: Marlene+Dietrich WikiTree: Dietrich-1031 Genius: Marlene-dietrich
Pechar

En 1999, o American Film Institute declarou a Dietrich a novena estrela feminina máis grande de tódolos tempos.[3]

Traxectoria

Xuventude

Thumb
Placa conmemorativa na súa casa de nacemento na rúa Leberstraße 65, no barrio Rote Insel en Schöneberg.

Marlene foi a segunda filla do lugartenente da policía real Louis Erich Otto Dietrich e da súa muller Josefine Wilhelmine Elisabeth (nada Felsing) en Schöneberg, na actualidade un barrio de Berlín. Despois da morte do pai de Marlene en 1907, a súa nai casou co lugartenente Eduard von Losch.

Marlene comezou estudando violín, logo traballou nun coro, e máis tarde foi actriz en obras teatrais de Max Reinhardt en Berlín e Viena durante a década de 1920.

Os seus primeiros anos pasounos na rúa Leberstraße 65 (Sedanstraße ata 1937), na chamada Illa vermella, cursando estudos na Auguste-Viktoria-Schule da rúa Nürnberger Straße. Recibiu clases de música e en 1918 comezou a súa formación de violinista na escola de música, Musikhochschule, de Weimar. En 1921 proseguiu os seus estudos en Berlín, mais tívoos que abandonar o ano seguinte por mor dunha tendinite.

Durante unha audición no Deutscher Theater foi elixida polo soado director de teatro Max Reinhardt para o seu primeiro papel dramático, e despois obtivo pequenos papeis no cine.

En 1923 casou con Rudolf Sieber, un axudante de produción, e o 13 de decembro de 1924 naceu a súa filla Maria Elisabeth Sieber.

O comezo da súa sona mundial

En 1929, despois de numerosos papeis e actuacións no cine mudo, Marlene foi descuberta na obra de teatro Zweit Krawatten polo director Josef von Sternberg, quen andaba á procura dunha protagonista feminina para o primeiro filme sonoro, Der Blaue Engel ("O anxo azul"), baseado na novela Professor Unrat de Heinrich Mann. Marlene conseguiu o éxito co papel de Lola Lola. A película foi filmada á vez en inglés e alemán. A canción que aparece no filme cantada por Marlene co título de Ich bin von Kopf bis Fuß auf Liebe eingestellt (Falling in love again na versión en inglés) foi un éxito mundial.

Emigración no 1933

"A Dietrich", como é popularmente coñecida en Alemaña, marchou canda o seu director aos Estados Unidos e asinou coa Paramount Pictures.

En 1930 foi nomeada como mellor actriz principal aos Óscar polo seu papel no filme Marokko, no que foi o seu único nomeamento a estes premios. Nos anos vindeiros realizou cinco filmes máis baixo a dirección de Sternberg. Shanghai Express (1932) foi o que obtivo un maior éxito comercial. No 1935 deu fin a colaboración de Marlene Dietrich con Sternberg.

En 1936 rexeitou a oferta de Goebbels, que lle prometera altos honorarios e a libre elección de guión e traballadores para que rodase en Alemaña. Dietrich seguiu actuando en películas filmadas nos EUA ás ordes de directores coma Hitchcock, Lubitsch, Welles ou Wilder, e en 1939 adoptou a nacionalidade estadounidense.

A mediados dos anos 1930 os seus filmes non conseguiron o éxito esperado entre os espectadores. O xeito de superar esta rúa sen saída foi un cambio de imaxe que Dietrich efectuou no filme Der grosse Bluff. De deusa inaccesible pasou a camareira de bar que cantaba cancións obscenas cun efecto moi ben logrado grazas á súa voz rouca.

Nos anos seguintes comezou a facerse máis coñecida a través das súas cancións, que adoitaba cantar falando, entre as que destacan Lili Marleen (que fora éxito na voz da cantante Lale Andersen) e Sag mir, wo die Blumen sind ("Dime onde están as flores"), unha canción que fala da perda de vidas dos soldados finados en balde na segunda guerra mundial).

Apoio ás tropas na segunda guerra mundial

Thumb
Marlene Dietrich asina un autógrafo a un soldado ferido dos Estados Unidos (Bélxica, 1944).

Xa dende que estivera en París, Marlene apoiaba activa e economicamente a aqueles que axudaban a outras persoas a fuxir e tamén a artistas emigrados.

Despois de que o actor francés Jean Gabin, co que ela tivera unha relación sentimental en Hollywood, se alistase voluntariamente nos Estados Unidos nas Forzas de Liberación francesas, Marlene tentou igualmente contribuír coa súa axuda na loita contra o fascismo. Decidiu que, como non podía loitar por non ser un home, había cantar para os GIs, os soldados americanos, o máis preto posible da fronte. Durante a Ofensiva das Ardenas, librouse por pouco de ser capturada. Cando máis adiante lle preguntaron por que o facía, malia o perigo que representaba encontrarse a tan poucos quilómetros do territorio inimigo, ela respondeu coa súa famosa frase: aus Anstand ("por decencia"). Por mor da súa solidariedade incondicional cos boys que estaban a loitar, foi unha das actrices máis queridas e populares das que visitaban a fronte en apoio ás tropas en África e Europa. Máis tarde había expresar que nunca tivera un contacto tan intenso co seu público.

Ao fin da guerra volveu a Alemaña xunto coas tropas americanas. En Stolberg, Aachen, foi recoñecida por unha alemá e, para a súa sorpresa, saudada con ledicia. Esta reacción inesperada non había ser un caso illado, outras mulleres do lugar reuniron ingredientes para faceren un biscoito de benvida, que segundo a súa declaración, foi o manxar máis exquisito que probara en toda a súa vida.

Tamén tivo éxito na busca da súa nai e da súa irmá; puido falar brevemente por radio coa súa nai, e por fin, vela tamén en Berlín. A súa nai, que se xurara a si mesma sobrevivir a Hitler, morreu en novembro de 1945.

O seu compromiso contra o réxime nazi obtivo un recoñecemento considerablemente anterior no ámbito internacional que na súa patria alemá. En 1947 recibiu a Medal of Freedom, a Medalla da liberdade, a condecoración máis elevada para os civís nos Estados Unidos. En 1951 foille entregado o título de Chevalier de la Legion d'Honneur (Cabaleiro da lexión de honra) polo goberno francés, e en anos vindeiros, os presidentes Pompidou e Mitterrand ascendérona a Oficial e, finalmente, a Comandante da lexión de honra.

A súa volta tras a guerra

A partir de 1953 traballou case exclusivamente como cantante en teatros acadando un éxito mundial. Entre 1953 e 1954 actuou en shows en Las Vegas no Sahara Hotel, e mais no Café de Paris en Londres. O seu acompañante musical foi a partir de 1955 e durante case dez anos Burt Bacharach.

En 1960 volveu a Alemaña e a Berlín nunha xira europea. Como Marlene resaltou, o seu público en Alemaña quedou entusiasmado co seu show. Porén non foi o único co que se topou en Alemaña, onde algúns sectores da poboación e da prensa a consideraban unha traidora á patria, chegando a recibir ameazas de bomba.

En 1961 rodou o seu último grande filme Judgment at Nuremberg (O xuízo de Núremberg), que trataba as implicacións que houbo de xuristas no sistema de inxustizas nazi. En 1962 actuou en Düsseldorf na gala de UNICEF. En 1963 actuou en Baden-Baden no Festival Alemán de Schlager, un tipo de música popular en Alemaña que se caracteriza por un ritmo pegadizo con letras sinxelas e moi repetitivas.

Regreso a París

Os problemas de alcolismo de Marlene comezaron a ir en aumento, e abandonou a súa carreira dramática tras unha fractura de perna que sufriu durante unha actuación nun teatro en Australia en 1975.

Tres anos máis tarde actuou por última vez diante da cámara no filme Schöner Gigolo, armer Gigolo, xunto a David Bowie entre outros. Nesta película Marlene fixo o seu papel sentada nunha cadeira de rodas, e despois da rodaxe deixou por completo a vida pública, retirada no seu apartamento da Avenue Montagne en París, cuxo leito non abandonou ata a súa morte. A súa filla Maria ocupouse de coidala.

Anos máis tarde animouse a saír nun documental sobre ela mesma. Ao principio, o director Maximilian Schell obtivo o seu permiso para a filmar, pero pasado o tempo había botarse atrás e só autorizou a gravación da súa voz nun magnetófono. Schell decidiu mesturar as gravacións con fragmentos de fotos e filmes nos que actuara Marlene. O filme remata con Ferdinand Freiligrath recitando o poema Der Liebe Dauer, que facía chorar a Marlene. O documental Marlene estivo nomeado aos premios Oscar como mellor documental.

O seu primeiro libro apareceu en 1963 co título ABC meines Lebens ("O ABC da miña vida"). En 1979 saíu do prelo a súa primeira autobiografía; Nehmt nur mein Leben ("Tomade só a miña vida"). En 1987 publicouse unha modificación da anterior co título de; Ich bin Gott sei Dank Berlinerin ("Eu son, grazas a Deus, berlinesa").

Morte e recoñecemento na súa cidade natal

Thumb
Lápida da nai de Marlene Dietrich, Josefine von Losch
Thumb
Tumba no cemiterio Berlin-Friedenau coa inscrición:
Hier steh ich an den Marken meiner Tage ("Aquí estou eu na marca dos meus días") do escritor Theodor Körner

Marlene Dietrich finou en 1992 en París, oficialmente, por problemas de corazón e nervios.

Norma Bosquet, a súa secretaria e amiga, que a visitaba case a diario no seu piso, aclarou que Marlene probablemente se suicidara cunha inxestión de somníferos; Marlene sufrira dous días antes o seu segundo ataque de apoplexía.

Foi enterrada no cemiterio municipal de Schöneberg III, na rúa Stubenrauchstraße 43-45 (o cemiterio tiña antigamente o nome de Friedenauer Friedhof), nunha modesta tumba preto da da súa nai.

Nos días que seguiron á súa morte volveu ser chamada traidora á patria. Foi criticada en cartas de lectores publicadas en xornais, e tamén pola actriz Evelyn Künneke. Estaba previsto realizar un acto conmemorativo na súa memoria, mais oficialmente por razóns organizativas, foi anulado. Aínda no 1996 había controversias en Berlín coa intención de que unha rúa levase o seu nome.

No berlinés barrio de Tiergarten, dende 1997, a praza central entre o novo centro comercial Potsdamer-Platz-Arkaden, o Hotel Grand Hyatt e o Musicaltheater/Casino, chámase Marlene-Dietrich-Platz (Praza de Marlene Dietrich). Na dedicatoria está escrito: "Estrela mundial berlinesa do cinema e da canción. Unha aposta pola liberdade e a democracia, para Berlín e Alemaña."

No aniversario do seu centenario, en 2001, o land de Berlín desculpouse polos tratos hostís que se lle deran. O 16 de maio de 2002 foille outorgada postumamente a Cidadanía de honra de Berlín.

O mito da Dietrich

Marlene Dietrich convenceu o público a través do seu carisma andróxino, polo que se sentían atraídos na mesma medida tanto homes coma mulleres. A miúdo vestía prezas de roupa de home, o que na súa época era algo revolucionario. Isto foi unha das razóns que repercutiron para que fose enxalzada como ídolo do Movemento Feminista entre as dúas guerras mundiais, ademais de como icona do Movemento Gai.

Filmografía

Filmes mudos

Máis información Ano, Título ...
AnoTítuloPapelDirectorOutros membros do elenco
1919Im Schatten des Glücks Papel sen confirmarJacob FleckSybil Smolova, Hans Adalbert Schlettow
(A súa aparición neste filme non está confirmada.)
1923The Little NapoleonKathrinGeorg JacobyEgon Von Hagen, Paul Heidemann
1923Tragedy of LoveLucyJoe MayLena Amsel, Charlotte Ander
1923Man by the Wayside KramerstochterWilliam DieterleAlexander Granach, William Dieterle
1924Der monch from SantaremUncreditedLothar MendesAlf Blucheter, Emmy Forster
1924Der Sprung ins Leben[4]Mädchen am StrandJohannes GuterXenia Desni, Walter Rilla
1925Dancing MadDance ExtraAlexander KordaVictor Varconi, María Corda
1926Manon LescautMichelineArthur RobisonLya De Putti, Vladimir Gajdarov
1926Madame Wants No ChildrenBailarinaAlexander KordaMaría Corda, Harry Liedtke
1927Eine Dubarry von heuteKokotteAlexander KordaMaría Corda, Alfred Abel
1927Der JuxbaronSophieWilli WolffKarl Beckman, Henry Bender
1927Heads Up, CharleyEdmee MarchandWilli WolffEllen Richter, Michael Bonhen
1927His Greatest BluffYvetteHenrik GaleenHarry Piel, Toni Tetzlaff
1927Cafe ElektricErniGustav UcickyWilli Forst, Fritz Alberti
1928Prinzessin OlalaChichotte de GastoneRobert LandHermann Botcher, Walter Rilla
1929Dangers of the Engagement PeriodEvelyneFred SauerWilli Forst, Albert Horrmann
1929I Kiss Your Hand, MadameLaurence Gerard (Lucille en USA)Robert LandHarry Liedtke, Pierre de Guingand
1929The Woman One Longs ForStaschaCurtis BernhardtFritz Kortner, Frida Richard
1929The Ship of Lost MenEthel MarleyMaurice TourneurFritz Kortner, Robin Irvine
Pechar

Filmes sonoros

Máis información Ano, Título ...
AnoTítuloPapelDirectorOutros membros do elenco
1930The Blue AngelLola-LolaJosef von SternbergEmil Jannings, Kurt Gerron
1930MoroccoMademoiselle Amy JollyJosef von SternbergGary Cooper, Adolphe Menjou
1931DishonoredMarie KolvererJosef von SternbergVictor McLaglen, Warner Oland
1932Shanghai ExpressShanghai LilyJosef von SternbergClive Brook, Anna May Wong
1932Blonde VenusHelen FaradayJosef von SternbergCary Grant, Herbert Marshall, Andrea Palma
1933The Song of SongsLily CzepanekRouben MamoulianBrian Aherne, Lionel Atwill
1934The Scarlet EmpressPrincesa Sophia Frederica / Catherine IIJosef von SternbergJohn Lodge, Sam Jaffe, Maria Riva
1935The Devil is a WomanConcha PerezJosef von SternbergLionel Atwill, Edward Everett Horton, Cesar Romero
1936I Loved a SoldierAnna SedlakHenry HathawayCharles Boyer, Akim Tamiroff
1936DesireMadeleine de AupreFrank BorzageGary Cooper, John Halliday
1936The Garden of AllahDomini EnfildenRichard BoleslawskiCharles Boyer, John Carradine
1937Knight Without ArmourCountess Alexandra VladinoffJacques FeyderRobert Donat, Irene Vanbrugh
1937AngelMaria BerkerErnst LubitschHerbert Marshall, Melvyn Douglas, Edward Everett Horton
1939Destry Rides AgainFrenchyGeorge MarshallJames Stewart, Una Merkel
1940Seven SinnersBijou BlancheTay GarnettJohn Wayne, Broderick Crawford
1941The Flame of New OrleansCondesa Claire LedouxRené ClairBruce Cabot, Roland Young
1941ManpowerFay DuvallRaoul WalshEdward G. Robinson, George Raft
1942The Lady is WillingElizabeth MaddenMitchell LeisenFred MacMurray, Aline MacMahon
1942The SpoilersCherry MalotteRay EnrightJohn Wayne, Randolph Scott
1942PittsburghJosey 'Hunky' WintersLewis SeilerJohn Wayne, Randolph Scott
1944KismetJamillaWilliam DieterleRonald Colman, James Craig
1944Follow the BoysHerselfA. Edward SutherlandGeorge Raft, Vera Zorina, Orson Welles
1946Martin RoumagnacBlanche FerrandGeorges LacombeJean Gabin, Jean d'Yd
1947Golden EarringsLydiaMitchell LeisenRay Milland, Murvyn Vye
1948A Foreign AffairErika Von SchlutowBilly WilderJean Arthur, John Lund
1949JigsawEla mesma (cameo)Fletcher MarkleFranchot Tone, Jean Wallace
1950Stage FrightCharlotte InwoodAlfred HitchcockJane Wyman, Michael Wilding, Richard Todd
1951No Highway in the SkyMonica TeasdaleHenry KosterJames Stewart, Glynis Johns
1952Rancho NotoriousAltar KeaneFritz LangArthur Kennedy, Mel Ferrer
1956A volta ao mundo en oitenta díasAnfitrioa do Saloon (cameo)Michael AndersonDavid Niven, Cantinflas, Shirley MacLaine, Frank Sinatra
1957The Monte Carlo StoryMaria de CreveçoeurSamuel A. TaylorVittorio De Sica, Arthur O'Connell
1957Testemuña de cargoChristine Vole (Helm)Billy WilderTyrone Power, Charles Laughton
1958Touch of EvilTannaOrson WellesCharlton Heston, Orson Welles, Janet Leigh, Zsa Zsa Gabor
1961Judgment at NurembergMrs. BertholtStanley KramerSpencer Tracy, Burt Lancaster, Richard Widmark, Judy Garland
1962Black Fox: The Rise and Fall of Adolf HitlerNarradora (voz)Louis Clyde Stoumen
1964Paris When It SizzlesEla mesma (cameo)Richard QuineAudrey Hepburn, William Holden
1979Schöner Gigolo, armer GigoloBaronesa von SemeringDavid HemmingsDavid Bowie, Kim Novak, Sydne Rome
1984MarleneEla mesma (voz)Maximilian SchellMaximilian Schell, Annie Albers, Bernard Hall
Pechar

Curtametraxes

Máis información Ano, Título ...
AnoTítuloNotas
1928Die gluckliche MutterO biógrafo de Dietrich, Steven Bach dixo que non está verificada a estrea desta curta
1935The Fashion Side of HollywoodCurta promocional de vestidos deseñados por Travis Banton.
1937Screen Snapshots Series 16, No. 7
1943Show Business at War
1944Memo for Joe
Pechar

Televisión

Listas das aparicións en televisión:

  • Unicef Gala (Düsseldorf, 1962): Convidada
  • Cirque d'hiver (París, 9 de marzo de 1963): Cameo como "Garcon de Piste"
  • Deutsche-Schlager-Festspiele (Baden-Baden, 1963): Convidada
  • Grand Gala du Disque (Edison Awards) (The Hague, 1963): Convidada
  • Galakväll pa Berns (Estocolmo, 1963): Concerto, con introdución de Karl Gerhardt e orquestra dirixida por Burt Bacharach
  • Royal Variety Performance (Londres, 4 de novembro de 1963): Convidada
  • The Stars Shine for Jack Hylton (Londres, 1965): Convidada
  • The Magic of Marlene (Melbourne, outubro de 1965): Concerto, con orquestra dirixida por William Blezard.
  • The 22nd Annual Tony Awards (Nova York, 21 de abril de 1968): Discursco de ingreso
  • Guest Star Marlene Dietrich (Copenhaguen – para a televisión sueca, 1970): Entrevista
  • I Wish You Love (An Evening with Marlene Dietrich) (Londres, 23 e 24 de novembro de 1972): Concerto con orquestra dirixida por Stan Freeman.

Discografía

Sinxelos: 1928 - 1954

Máis información Ano, Título da canción (Cara-A) ...
AnoTítulo da canción (Cara-A)Título da canción (Cara-B)SeloCatálogoNotas
1928"Wenn die beste Freundin"-ElectrolaEG 892Dúo con Margo Lion e Oskar Karlweis. De Es liegt in der Luft.
1928"Potpourri from Es liegt in der Luft, Part 1""Potpourri from Es liegt in der Luft, Part 2"ElectrolaEH 146
1930"Falling in Love Again""Blonde Women"HMVB 3524De The Blue Angel. Orquestra: Friedrich Hollaender.
1930"Ich bin von Kopf bis Fuß auf Liebe eingestellt""Nimm dich in Acht vor blonden Frau'n"ElectrolaEG 1770De Der Blaue Engel. Orquestra: Friedrich Hollaender.
1930"Ich bin die fesche Lola""Kinder, heut' abend, da such ich mir was aus"ElectrolaEG 1802From Der Blaue Engel. Orquestra: Friedrich Hollaender.
1931"Wenn ich mir was wünschen dürfte""Leben ohne Liebe kannst du nicht"ElectrolaEG 2265De "Der Mann, der seinen Mörder sucht" / "Nie wieder Liebe". Piano: Friedrich Hollaender / Mischa Spoliansky
1931"Peter""Jonny"UltraphonA 887Orquestra: Peter Kreuder.
1931"Jonny" (gravación alternativa)UltraphonAP 249Orquestra: Peter Kreuder.
1931"Quand l'Amour Meurt""Give Me the Man"ElectrolaEG 2775De Morocco. Orquestra: Peter Kreuder.
1933"Assez""Moi, Je M'Ennuie"Polydor530000Orquestra: Peter Kreuder.
1933"Assez" (gravación alternativa)DeccaM 452Orquestra: Peter Kreuder.
1933"Ja, so bin ich"Polydor524182Orquestra: Peter Kreuder.
1933"Allein in einer grossen Stadt""Mein blondes Baby"Polydor530001Orquestra: Peter Kreuder.
1933"Wo ist der Mann?"Polydor47199Orquestra: Peter Kreuder. Trompeta: Arthur Briggs.
1935"If It Isn't Pain (Then It Isn't Love)""Three Sweethearts Have I"DeccaTema promocional de The Devil is a Woman.
1939"I've Been In Love Before""You Do Something To Me"Decca23139Orquestra: Victor Young.
1939"You've Got that Look""You Go To My Head"Decca23140Orquestra: Victor Young.
1939"Falling in Love Again""The Boys in the Backroom"Decca23141Orquestra: Victor Young.
1945"Lili Marlene""Symphonie"Decca23456Orquestra: Charles Magnante.
1948"Illusions""Black Market"DeccaA14582De A Foreign Affair.
1952"Too Old to Cut the Mustard""Good for Nothin'"Columbia39812Dúo con Rosemary Clooney.
1952"Come Rain or Come Shine""Love Me"Columbia39797
1953"Time For Love""Look Me Over Closely"Columbia39959
1953"Dot's Nice — Donna Fight""It's The Same"PhilipsPH 21057Dúo con Rosemary Clooney.
1953"Besides""Land Sea and Air"PhilipsPB 314Dúo con Rosemary Clooney.
1954"Ich hab' noch einen Koffer in Berlin""Peter"Columbia40497
Pechar

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.