director de cinema alemán From Wikipedia, the free encyclopedia
Wilhelm Dieterle, nado en Ludwigshafen o 15 de xullo de 1893 e finado en Ottobrunn o 9 de decembro de 1972 foi un director de cinema alemán, que traballou tamén nos Estados Unidos de América como William Dieterle.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de xullo de 1893 Ludwigshafen am Rhein, Alemaña (pt) |
Morte | 9 de decembro de 1972 (79 anos) Ottobrunn, Alemaña (pt) |
Actividade | |
Lugar de traballo | Alemaña |
Ocupación | director de cinema, actor de cinema, actor de teatro, guionista, produtor de cinema, coleccionista de arte |
Período de actividade | 1911 - |
Profesores | Max Reinhardt (pt) |
Obra | |
Arquivos en | |
Familia | |
Cónxuxe | Charlotte Hagenbruch |
Premios | |
Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Дитерле Уильям) |
|
Naceu nunha familia con moi poucos recursos e cando neno viuse obrigado a conseguir diñeiro con diferentes oficios. Sentiuse moi cedo atraído polo teatro, actuando para a súa familia, e aos dezaseis anos uniuse a unha compañía como amañador e aprendiz de actor.
En 1919 atraeu a atención de Max Reinhardt en Berlín e contratouno para as súas producións. No 1921 comezou tamén a actuar en filmes alemáns, como Die Austreibung (F. W. Murnau, 1923). Nese mesmo ano empregou o seu propio diñeiro para dirixir o seu primeiro filme, Der Mensch am Wege, baseado nun relato de Lev Tolstoi e coprotagonizado por unha moza Marlene Dietrich. O ano seguinte abandonou a compañía de Reinhardt para fundar a súa propia, se ben non tivo éxito e volveu ao cinema, aparecendo en filmes como Faust, de Murnau.
En 1930 emigrou aos Estados Unidos fuxindo da situación política e económica alemá. O seu primeiro traballo foi sincronizar versións en alemán de filmes de First National e logo tamén faría novas versións de filmes, como a versión alemá de Moby Dick, de Lloyd Bacon.
O seu primeiro filme de Hollywood foi The Last Flight en 1931 e catro anos despois dirixiu The Story of Louis Pasteur o primeiro dos seus filmes biográficos, cos que lograría un grande éxito.
A súa carreira comezou a declinar na década de 1950, co McCarthyismo. Aínda que nunca estivo na lista negra, filmes como Blockade (1938) e axudar a amigos de esquerdas como Bertolt Brecht a fuxir da Alemaña nazi facíano sospeitoso. A finais da década volveu a Europa e traballou no seu país e en Italia ata retirarse en 1965.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.