director de cinema alemán (1888–1931) From Wikipedia, the free encyclopedia
Friedrich Wilhelm "F. W." Murnau, nado como Friedrich Wilhelm Plumpe en Bielefeld o 23 de decembro de 1888 e finado en Santa Barbara, California, o 11 de marzo de 1931, foi un dos máis influentes directores de cine alemáns da era do cine mudo, e unha prominente figura do expresionismo durante os anos 1920. Murnau foi amplamente influído polas obras de Schopenhauer, Nietzsche, Shakespeare e Ibsen. Murnau tamén serviu como comandante dunha compañía na fronte do leste durante a primeira guerra mundial.
Nome orixinal | (de) Friedrich Wilhelm Murnau |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (de) Friedrich Wilhelm Plumpe 28 de decembro de 1888 Bielefeld, Alemaña |
Morte | 11 de marzo de 1931 (42 anos) Santa Bárbara, Estados Unidos de América |
Causa da morte | morte accidental, accidente de tráfico |
Lugar de sepultura | Südwestkirchhof Stahnsdorf (pt) , Abt. Schöneb., Feld 3A, Nr. 5 |
Educación | Universidade de Heidelberg Ernst Busch Academy of Dramatic Arts (en) |
Actividade | |
Lugar de traballo | Atol Bora Bora |
Ocupación | director de cinema, produtor de cinema, guionista, realizador |
Período de actividade | 1919 - |
Xénero artístico | Cinema de terror e drama |
Profesores | Max Reinhardt (pt) |
Carreira militar | |
Conflito | Primeira guerra mundial |
Obra | |
Arquivos en | |
Familia | |
Parella | Hans Ehrenbaum-Degele |
Pai | Heinrich Plumpe |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
|
O traballo máis coñecido de Murnau é o seu filme de 1922 Nosferatu, unha adaptación do Drácula de Bram Stoker. Malia non ter éxito comercial debido ós problemas cos dereitos de autor da novela de Stoker, o filme foi considerado unha obra mestra do expresionismo. Tamén é coñecido polo seu traballo no filme de 1924 Der letzte Mann e a súa interpretación do Fausto de Goethe (1926). Emigrou a Hollywood en 1926, onde se uniu a Fox Studio e fixo outros tres filmes, Sunrise: A Song of Two Humans (1927), 4 Devils (1928) e City Girl (1930).
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.