Arthur Schopenhauer, nado en Gdańsk o 22 de febreiro de 1788 e finado en Frankfurt o 21 de setembro de 1860, foi un filósofo polaco-alemán.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Pechar

Traxectoria

Arthur Schopenhauer naceu preto da cidade báltica de Danzig (Polonia), fillo de Heinrich Floris Schopenhauer e Johanna Schopenhauer, unha familia mercantil de clase media de orixe holandesa. Parecía destinado á carreira comercial do seu pai, con quen fixo longas viaxes por Francia e Inglaterra. En 1793, cando a cidade foi anexionada por Prusia, a familia mudouse a Hamburgo. Morto o pai en 1805, abandonou os estudos de comercio e comezou a estudar medicina en Gotinga, que abandonou finalmente pola filosofía aconsellado por Gottlob Schulze, que lle recomendou ler a Platón, Aristóteles e Kant.

En 1811 trasladouse a Berlín, onde amosou certo interese polas disertacións de Schleiermacher e de Fichte. En 1813, tras unha breve estadía na casa familiar de Weimar, na que coñeceu a Goethe -amigo da súa nai, tamén escritora- e o orientalista Friedrich Majer, encerrouse en Rudolstadt, onde acabou de redactar a súa tese de doutoramento, Über die vierfache Wurzel des Satzes vom zureichenden Grunde (1813), que presentou para o título de doutor na universidade de Jena. Trala tese, durante os catro anos que residiu en Dresde, compuxo a súa obra principal Die Welt als Wille und Vorstellung (O mundo como vontade e representación), que non tivo o éxito que lle prevía, pero que coñeceu dúas novas edicións en vida do autor (a segunda en 1844, con 50 novos capítulos, e a terceira en 1859).

En 1820 conseguiu ser profesor da universidade de Berlín, onde leccionou criticamente sobre Hegel, sen éxito, durante seis meses. Viaxou por toda Italia visitando Florencia, Roma, Nápoles e Sicilia ata que, de volta en Berlín, decidiu retirarse a Frankfurt do Meno en 1831, onde levou unha existencia burguesa, célibe e apracible, durante case trinta anos. En 1836 publicou Über den Willen in der Natur (Sobre a vontade da natureza) e en 1851 unha colección de ensaios e aforismos, Parerga e Paralipomena, que por fin lle deron sona en vida. De carácter intransixente e pouco favorable ó contacto humano, gañou unha merecida fama de irredutible misántropo. Morreu por mor dunha pleurite.

Ideas filosóficas

Thumb
Arthur Schopenhauer

Na súa obra máis famosa Die Welt als Wille und Vorstellung, Schopenhauer afirmaba a vontade como chave da razón. A súa idea de que sen vontade non hai nada é xeralmente vista como unha expresión clásica do pesimismo filosófico. É criticado por adoptar e defender unha especie de pesimismo de corte romántico que entende a vida como sufrimento.[1] Non obstante, conforme á filosofía oriental, en particular o budismo, a súa obra predica a salvación, a entrega, e a anulación do sufrimento na contemplación estética, na simpatía polos demais, e na vida ascética. Neste sentido recoñecía a superioridade do budismo e do misticismo hindú sobre a teoloxía cristiá dominante na Europa da súa época. A súa admiración por Kant corría en paralelo co desprezo polos idealistas da época. Para el, a representación é a dimensión aparencial da realidade, mais por baixo aparecerá a vontade se se trata de descubrir o que agocha, froito de intuír a vontade propia, irracional na súa propia natureza. A propia vontade non é máis ca un caso da Vontade que invade o mundo (algo así como a entropía da física) e que se manifesta dende os seres inorgánicos ata no ser humano, onde conflúen vontade e representación. A cuestión é que a vontade que busca a súa propia conservación é egoísta, por iso é necesaria a existencia do Dereito para coutala. O coñecemento da realidade posibilita superar o egoísmo e simpatizar co resto da Natureza, nunha sorte de identificación nirvánica.

Influencia da súa obra

As súas ideas románticas e irracionais influenciaron os eidos da filosofía (e.g. Nietzsche, Bergson e Wittgenstein), da psicoloxía (Freud e Jung, por exemplo), da literatura (Thomas Mann, Hermann Hesse, Marcel Proust, Michel Houellebecq[1] e un longo etcétera) e a música (Wagner).

Obra

  • Über die vierfache Wurzel des Satzes vom zureichenden Grunde (Sobre a raíz cuádrupla do principio da razón suficiente, 1813).[2]
  • Über das Sehn und die Farben (Sobre a vida e as cores, 1816)[2]
  • Die Welt als Wille und Vorstellung (O mundo como vontade e representación, 1819).[2]
  • Die Kunst, recht zu behalten (A arte de ter sempre razón, 1830-1831)[3].
  • Über den Willen in der Natur (Sobre a vontade na natureza, 1836)[4].
  • Über die Freiheit des menschlichen Willens (Ensaio sobre a libre vontade, 1839)[5]
  • Über die Grundlage der Moral (Sobre os alicerces da moral, 1840)[6]
  • Die beiden Grundprobleme der Ethik (Os dous problemas fundamentais da Ética,1841).[2]
  • Parerga e Paralipomena, 1851.
  • Aphorismen zur Lebensweisheit (Aforismos sobre a sabedoría na vida, 1886)

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.