Insuficiencia respiratoria
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
A insuficiencia respiratoria é unha síndrome clínica caracterizada pola incapacidade do organismo para manter os niveis arteriais axeitados de oxíxeno e de dióxido de carbono, necesarios para o correcto metabolismo celular.[1]
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
A insuficiencia respiratoria aguda é a incapacidade do sistema respiratorio de cumprir a súa función básica, que é o intercambio gasoso de oxíxeno e dióxido de carbono entre o ar ambiental e o sangue circulante, culminando na falla do metabolismo celular do organismo.
De acordo co seu encabezado médico pódese definir como:
Failure to adequately provide oxygen to cells of the body and to remove excess carbon dioxide from them. (Stedman, 25th ed)Falla para prover axeitadamente de oxíxeno ás células do corpo e eliminar o exceso de dióxido de carbono do mesmo. (Stedman, 25va ed)Termo MeSH para Insuficiencia respiratoria
En termos médicos, a insuficiencia respiratoria defínese coma a presenza dunha hipoxemia arterial (PaO2 menor a 60 mmHg) en reposo, a nivel do mar e respirando ar ambiental. Este criterio pode acompañarse de hipercapnia (PaCO2 maior de 45 mmHg). Para fins prácticos, pode entenderse que unha saturación de oxíxeno entre 90 e 95 equivalen a unha PaO2 de 60 e 80 mmHg.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.