actor británico From Wikipedia, the free encyclopedia
Ronald Charles Colman, nado en Londres o 9 de febreiro de 1891 e finado en Santa Barbara, California o 19 de maio de 1958 foi un actor inglés.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 9 de febreiro de 1891 Richmond, Reino Unido (en) |
Morte | 19 de maio de 1958 (67 anos) Santa Bárbara, Estados Unidos de América |
Causa da morte | Enfisema pulmonar |
Actividade | |
Ocupación | actor de teatro, actor de televisión, guionista, actor de cinema, actor |
Período de actividade | 1914 - |
Carreira militar | |
Rama militar | Exército Británico |
Conflito | Primeira guerra mundial |
Familia | |
Cónxuxe | Benita Hume (1938–1958) |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Páxina web | ronaldcolman.com |
|
Tras descubrir o mundo da interpretación na escola debutou no teatro profesional en 1914. Enrolouse no exército británico e participou na primeira guerra mundial, durante a que foi ferido gravemente no nocello. Recuperado, aínda que cunha certa coxeira, volveu ao teatro.
Debutou no cinema británico en 1917. Durante unha xira polos Estados Unidos o director Henry King descubriuno e contratouno para o seu filme The White Sister, con Lillian Gish, que lle deu unha gran popularidade.
Os seus maiores éxitos chegaron co cinema sonoro, axudado polo seu acento inglés. En 1948 gañou o Oscar ao mellor actor por Dobre vida. No momento da súa morte fora contratado pola Metro-Goldwyn-Mayer como protagonista de Village of the Damned. Finalmente o filme pasou a ser unha produción británica, protagonizada por George Sanders, que casara coa viúva de Colman.
Ano | Filme |
---|---|
1929 | Bulldog Drummond |
1930 | Condemned |
1935 | A Tale of Two Cities |
1937 | Lost Horizon |
1937 | The Prisoner of Zenda |
1942 | Random Harvest |
1942 | The Talk of the Town |
1947 | Dobre vida |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ronald Colman |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.