Imperio Austrohúngaro

antigo Estado de Europa Central (1867-1918) From Wikipedia, the free encyclopedia

Imperio Austrohúngaro
Remove ads

O Imperio Austrohúngaro[1][2], Austro-húngaro[3] ou Austria-Hungría[4] (Österreichisch-Ungarische Monarchie en alemán, Osztrák–Magyar Monarchia en húngaro) foi un estado histórico europeo nado en 1867, tralo Compromiso austrohúngaro que reconoñecía o Reino de Hungría como unha entidade autónoma dentro do Imperio Austríaco, a partir dese intre, austrohúngaro. En 1914 tiña unha extensión de 676.615 km² e contaba con 52 799 000 habitantes.

Datos rápidos Himno, Lema ...
Remove ads

O que fora o Imperio Austrohúngaro repártese na actualidade en trece estados europeos: Austria, Hungría, República Checa, Eslovaquia, Eslovenia, Croacia, Bosnia e Hercegovina e as rexións de Voivodina en Serbia, Bocas de Kotor en Montenegro, Trentino-Alto Adige e Trieste en Italia, Transilvania e parte do Bánato en Romanía, Galitsia en Polonia e Rutenia (rexión Subcarpática na Ucraína).

Remove ads

Historia

Thumb
Escudo do Imperio en 1867

O Imperio Austrohúngaro ten a súa orixe en 1867 co Compromiso austrohúngaro. En 1879 tivo lugar a alianza de Austria-Hungría co Imperio Alemán, e en 1882 Italia uniuse á Tripla Alianza.

En 1892 entrou en circulación a coroa de ouro. En 1907 entra en vigor o sufraxio masculino para todo home maior de 24 anos, e nese ano tiveron lugar as primeiras eleccións en Austria e renovouse o compromiso entre Austria e Hungría. En 1908 levouse a cabo a anexión de Bosnia e Hercegovina. En 1912 Serbia e Bulgaria formaron unha alianza contra o Imperio Austrohúngaro.

O 28 de xuño de 1914 o arquiduque Francisco Fernando e a súa esposa Sofía Chotek foron asasinados en Saraxevo por un terrorista serbobosníaco. A declaración de guerra de Austria-Hungría a Serbia provoca declaracións de guerra en cadea, dando inicio á primeira guerra mundial. En 1915 o Imperio Austrohúngaro declarouse disposto a ceder a rexión de Trieste. Asínase o Tratado de Londres, segredo entre o Reino Unido, Francia, Rusia e Italia: Italia cambia de bando obtendo Trieste como incentivo.

O 21 de novembro de 1916, en plena guerra, finou o emperador Francisco Xosé I, após 68 anos de reinado. O novo emperador, Carlos I, procurou en 1917 conseguir a paz por separado con Francia, sen resultado.

En 1918 Carlos enviou a Guillerme II de Alemaña un telegrama anunciándolle o fin da alianza. O 28 de outubro dese ano proclamouse a república de Checoslovaquia, e o 31 dese mes tivo lugar a secesión de Hungría. O 3 de novembro levouse a cabo o armisticio entre o Imperio Austrohúngaro e os aliados. O 7 de novembro proclamouse a república de Polonia (que se adxudicou a rexión austríaca de Galitzia), e o 16 de novembro proclamouse a república de Hungría. O 1 de decembro as rexións do sur do Imperio uníronse a Serbia e Montenegro, formando o Reino dos Serbios, Croatas e Eslovenos. O 24 de decembro tivo lugar a unificación de Transilvania e Romanía.

O Imperio Austrohúngaro desapareceu por completo en 1919 tralos tratados de Saint-Germain e Trianon.

Remove ads

Notas

Loading content...

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads