Río Vístula
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Vístula (en polaco : Wisła, en alemán: Weichsel) é o principal río de Polonia con 1.047 km de curso.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2016.) |
(pl) Wisła | |||||
Tipo | río río principal | ||||
---|---|---|---|---|---|
Inicio | |||||
Continente | Europa | ||||
País da cunca | Polonia | ||||
División administrativa | Voivodato da Pequena Polonia | ||||
Localización | Barania Góra (en) | ||||
Final | |||||
Localización | baía de Gdańsk | ||||
| |||||
Composto por | |||||
Afluentes | 113 | ||||
Conca hidrográfica | conca fluvial do Vístula | ||||
Características | |||||
Dimensións | 1.047 () km | ||||
Superficie da cunca hidrográfica | 198.500 km² | ||||
Medicións | |||||
Caudal | 1.080 m³/s | ||||
O Vístula ten a súa fonte nos montes Beskides occidentais na Alta Silesia, a 1.106 msnm. Percorre todo o seu curso a través de Polonia antes de desaugar no Mar Báltico preto de Gdańsk. O seu caudal medio anual na desembocadura é de 1.054 m³/s.
O percorrido do río consta de tres seccións:
O delta do Vístula sufriu importantes modificacións no seu trazado ao longo de tempos históricos.
A conca hidrográfica do Vístula esténdese na parte oriental do país nunha área de 194.424 km², o que representa máis do 60% de toda a superficie de Polonia (case o resto do territorio é drenado polo río Oder ou Odra en polaco). A altitude media da conca é de 270 msnm, localizándose a maior altura nos montes Tatra, a 2.663 metros. Porén o 55% da superficie está situada en elevacións comprendidas entre 100 e 200 m, e aínda o 75% entre 100 e 300 m. É unha conca moi disimétrica, pois na súa maior parte se estende cara oriente do río principal.
O aspecto aplanado da conca explica, en parte, que o Vístula fose a orixe de cheas catastróficas, coma por exemplo as rexistradas en 1813, 1888, 1934, 1960.
De sur a norte o Vístula atravesa varias cidades das que destacan:
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Río Vístula |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.