From Wikipedia, the free encyclopedia
Leonor de Trastámara, tamén coñecida como Leonor de Trastámara e Borgoña e como Leonor de Castela, nada en 1362 e finada en Pamplona en 1415, foi infanta de Castela e León, e raíña consorte de Navarra desde o 1 de xaneiro de 1387 até a súa morte, o 5 de marzo de 1416.
Leonor era filla de do rei Henrique II de Castela e da infanta Xoana Manuel,[1][2][3][4] derradeira filla do escritor e home político, Don Juan Manuel, duque de Peñafiel e da súa terceira muller, Branca de la Cerda, filla de Fernando de la Cerda.
Este Fernando era o segundo fillo de Fernando de la Cerda (fillo do rei de Castela e León, Afonso X de Castela o Sabio e Violante de Aragón), e de Branca de Francia (filla do rei de Francia, Lois IX San Lois, e de Margarida da Provenza), e de Xoana Núñez de Lara, chamada la Palomilla, que era filla de Xoán Núñez de Lara, o Gordo, señor de Lara e soberano de Biscaia, e de Teresa Álvarez de Azagra, señora de Albarracín.
Branca de la Cerda era herdeira das posesións da familia Lara agás da señoría de Biscaia.
En 1371, tras o tratado de Alcoutim entre Castela e Portugal, propiciado polo papa Gregorio XI, ademais da paz na segunda guerra fernandina (1372-1373),[5] decidiuse que o rei de Portugal Fernando I, ademais de renunciar ao Reino de Castela, casaría con Leonor.[1][6] Pero Fernando, que naquel momento estaba namorado de Leonor Telles de Menezes, esposa dun nobre da súa Corte, comezou unha relación con ela, e o proxectado matrimonio con Leonor de Trastámara nunca se celebrou. Fernando, en 1372, tivo éxito na petición da anulación do anterior matrimonio da súa amante, e casou finalmente con ela.[7] O compromiso entre Fernando I de Portugal e Leonor foi anulado no tratado de Tui en 1372.[8] [9]
En 1373, despois da vitoria de Henrique II na guerra que mantivera contra o Reino de Navarra, que obrigou ao rei Carlos II a romper a alianza militar que tiña con Inglaterra, e conseguiu que non concertara alianzas matrimoniais coa mesma, e que prohibiría o paso por Navarra de calquera inimigo de Castela (vitoria importante porque debilitaba a Inglaterra na guerra dos cen anos), para mitigar as diferenzas con Navarra, Leonor foi comprometida co herdeiro á súa coroa Carlos (o futuro Carlos III),[10][11] fillo varón primoxénito do rei Carlos II e de Xoana de Valois, filla do rei de Francia, Xoán II e Bona de Luxemburgo. O matrimonio celebrouse en Soria, o 27 de maio de 1375.[1]
En 1379, á morte do seu pai, Leonor herdou un importante señorío entre Roa e Sepúlveda, o que lle proporcionou un gran poderío político e económico. E á morte do seu sogro, Carlos II o Malo Malvagio, en 1387, Leonor convértese na raíña consorte de Navarra.
As relacións entre Leonor e o seu marido, Carlos III de Navarra, non foron idílicas e, en febreiro de 1388 separáronse. En 1390, Leonor, coa súa filla máis pequena, volveu a Castela, tras varias negociacións para que volvera, e nas que Leonor refería que en Navarra sufrira malos tratos, Carlos III conseguiu a entrega da súa filla máis vella, Xoana, para que fose educada e xurada como herdeira. Finalmente, Leonor fixou a súa residencia en Valladolid.[1]
No mesmo ano 1390, á morte do seu irmán Xoán I de Trastámara, Leonor participou de forma activa nas intrigas en Castela cando o seu neto Henrique de Trastámara era menor de idade. E cando Henrique, en 1393, chegou á maioría de idade, e dado que os enfrontamentos eran máis intensos, Leonor continuou intrigando e aliouse co seu medio irmán Federico Enríquez, duque de Benavente, e co seu primo Pedro Fadríquez, conde de Trastámara, aliñándose contra o seu neto. Entón o neto, contra a metade de 1394, asediuona no castelo de Roa, onde estaba reunida cos seus seguidores, obrigándoa a renderse.[1]
Finalmente, en febreiro de 1395, Henrique III obrigouna a volver a Navarra co seu marido. A partir de entón a relación dos esposos foi, pouco a pouco, mellorando, sendo coroada como raíña en 1403 en Pamplona, participando no goberno, como Lugartenente xeral do Reino, nas ausencias do seu esposo, e colaborando no entendemento entre o Reino de Navarra e a Coroa de Castela.
Leonor morreu en Navarra, segundo as principais fontes, o 27 de febreiro de 1415 en Olite, aínda que segundo outras, o 5 de marzo de 1416 en Pamplona.[1]
Foi sepultada na catedral de Pamplona,[1] onde foi despois acompañada polo seu marido Carlos III o Nobre, des anos máis tarde.
Froito do seu matrimonio co rei Carlos III de Navarra naceron os seguintes fillos:
16. Sancho IV de Castela | ||||||||||||||||
8. Fenando IV de Castela | ||||||||||||||||
17. María de Molina | ||||||||||||||||
4. Afonso XI de Castela | ||||||||||||||||
18. Dinís de Portugal | ||||||||||||||||
9. Constanza de Portugal | ||||||||||||||||
19. Sabela de Portugal | ||||||||||||||||
2. Henrique II de Castela | ||||||||||||||||
20. Álvaro Perez de Guzmán | ||||||||||||||||
10. Pedro Núñez de Guzmán | ||||||||||||||||
21. María Girón | ||||||||||||||||
5. Leonor de Guzmán | ||||||||||||||||
22. Fernán Pérez Ponce de León, señor de Cangas e La Puebla | ||||||||||||||||
11. Beatriz Ponce de León | ||||||||||||||||
23. Urraca Gutiérrez de Meneses | ||||||||||||||||
1. Leonor de Trastámara | ||||||||||||||||
24. Fernando III de Castela | ||||||||||||||||
12. Manuel de Castela | ||||||||||||||||
25. Beatriz de Suabia | ||||||||||||||||
6. Juan Manuel | ||||||||||||||||
26. Amedeo IV de Savoia | ||||||||||||||||
13. Beatriz de Savoia | ||||||||||||||||
27. Cecilia de Baux | ||||||||||||||||
3. Xoana Manuel | ||||||||||||||||
28. Fernando de la Cerda | ||||||||||||||||
14. Fernando de la Cerda | ||||||||||||||||
29. Branca de Francia | ||||||||||||||||
7. Branca de la Cerda e Lara | ||||||||||||||||
30. Xoán Núñez I de Lara | ||||||||||||||||
15. Xoana Núñez de Lara | ||||||||||||||||
31. Teresa de Haro | ||||||||||||||||
Predecesor: Xoana de Valois |
Raíña consorte de Navarra 1387-1415 |
Sucesor: Xermana de Foix (en 1512)[14][15] |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.