Remove ads
concello e vila da provincia de Zamora From Wikipedia, the free encyclopedia
Benavente é unha cidade, dotada de municipio de 45 km², situada na provincia de Zamora, na comunidade autónoma de Castela e León. En 2007 tiña 18.744 habitantes, cunha densidade de 416,5 hab./km². Dista 65 km de Zamora, a capital provincial, e 112 km de Valladolid.
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Castela e León | |||
Provincia | provincia de Zamora | |||
Capital de | ||||
Capital | Benavente (en) | |||
Contén a división administrativa | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 17.261 (2023) (382,56 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Parte de | ||||
Superficie | 45,12 km² | |||
Altitude | 741 m | |||
Comparte fronteira con | ||||
Organización política | ||||
• Alcalde | Saturnino Mañanes García (en) | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 49600 | |||
Fuso horario | ||||
Código INE | 49021 | |||
Sitio web | benavente.es |
Benavente está en plena meseta norte e na parte setentrional da provincia, a 744 msnm, nos confíns da comarca da Terra de Campos. Está localizada nunha pequena prominencia dunhas decenas de metros sobre as terras circundantes, dominando a confluencia dos ríos Esla e Órbigo. A súa situación é estratéxica en canto para oeste os camiños conducen cara a comarca da Seabre, e desde aí para Galicia e os Tras-os-Montes portugueses. En dirección norte-sur, aséntase no Vía da Prata, que une Cádiz e Xixón, con ramais cara a León e novamente Galicia. Cara ao leste, as rutas conducen a Palencia e Valladolid. Isto fixo de Benavente un nó de comunicacións, e a teor dese papel medrou nas últimas décadas.
O clima benaventino é o típico mesetario: mediterráneo continentalizado, con invernos duros, fríos e secos.
O territorio estaba poboado pola tribo dos brixecenses, con orixe en Brigaecium. Tras a chegada dos romanos e até a época visigoda dependeu de Astorga. Durante o reino suevo coñeceuse como Ventosa.
No século XII aparece documentado como Malgrat, nunha doazón real de 1115 que fai a raíña Orraca escriturada in Castro quod dicitur Malgrado, e nun diploma de 1158 que menciona a intención do rei Fernando II de poboar o alcázar de Maldrag.[1] Efectivamente, en 1164 e 1167 Fernando II concedeu os Foros de Benavente, unha carta de poboamento. En 1230 asinouse na vila a Concordia de Benavente, acordo entre Tareixa de Portugal e Berenguela de Castela (as dúas exmulleres de Afonso VIII de León e Galicia) mediante o cal Tareixa renunciaba aos dereitos que as súas fillas Sancha e Aldonza tiñan ao trono do Reino de León, en virtude do testamento do seu pai, en favor do seu medio irmán Fernando, fillo de Afonso e da súa segunda esposa.
En 1387 Benavente sufriu el cerco das tropas inglesas e portuguesas de Xoán de Gante. En 1398 Henrique III de Castela concedeulle o condado de Benavente (elevado a ducado en 1473 por Henrique IV) a Juan Alonso Pimentel.[2]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.