piloto de carreiras dinamarqués From Wikipedia, the free encyclopedia
Kevin Jan Magnussen, nado en Roskilde o 5 de outubro de 1992 é un piloto de carreiras danés, actualmente pilota para o equipo Haas F1 Team.[1][2][3] É fillo do catro veces gañador de Le Mans da clase GT, piloto de fábrica GM e expiloto de Fórmula 1 Jan Magnussen, Kevin Magnussen chegou a través do programa de novos pilotos de Fórmula Un de McLaren e pilotou para McLaren no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2014 e pilota para o equipo Haas desde 2017 e deixou ao equipo ao final da tempada 2020.[4][5] Competirá no WeatherTech SportsCar Championship en 2021 pilotando para Chip Ganassi Racing.
(2019) | ||||||||||||||||||||||||||
Biografía | ||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 5 de outubro de 1992 (31 anos) Roskilde, Dinamarca | |||||||||||||||||||||||||
Datos persoais | ||||||||||||||||||||||||||
País de nacionalidade | Dinamarca | |||||||||||||||||||||||||
Actividade | ||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | piloto de automobilismo , actor de dobraxe , piloto de Fórmula Un | |||||||||||||||||||||||||
Lingua | Lingua dinamarquesa | |||||||||||||||||||||||||
Deporte | automobilismo | |||||||||||||||||||||||||
| ||||||||||||||||||||||||||
Familia | ||||||||||||||||||||||||||
Pai | Jan Magnussen (pt) | |||||||||||||||||||||||||
Páxina web | kevinmagnussen.com | |||||||||||||||||||||||||
En 2022, Magnussen reincorporouse a Haas cun contrato de varios anos.[6]
Magnussen comezou a súa carreira no karting. En 2008 deu o salto a Fórmula Ford en Dinamarca, gañando o campionato,[7] tamén competiu en seis carreiras das series ADAC Formel Masters.
En 2009 Magnussen pasou a Fórmula Renault, terminando segundo por detrás de António Félix da Costa na Copa de Europa do Norte e sétimo na Eurocopa, pilotando para Motopark Academy.
En 2010 Magnussen competiu no Campionato alemán de Fórmula Tres con Motopark Academy e Carlin Motorsport; gañando a rolda de apertura da tempada en Oschersleben. Terminou terceiro no campionato, taking the rookie title in the process.
En 2011 Magnussen pasou a Cooper Tires British Formula 3 with Carlin
No campionato de 2016 formou parte do equipo Renault, que volvía como construtor á competición tras seis anos unicamente motorizando.
Magnussen tivo a súa primeira experiencia no McLaren MP4-27 de Fórmula Un, nunha proba para pilotos novos na pista de Abu Zabi, o 6 de novembro de 2012. Estableceu un tempo máis rápido de 1:42.651. Anteriormente realizara un traballo no simulador de condución do equipo.[8] Magnussen foi o mellor da proba de tres días impresionando ao director deportivo de McLaren, Sam Michael. A distancia cuberta no curso da proba foi suficiente para lograr a superlicencia de F1.[9]
O 14 de novembro de 2013, confirmouse que Magnussen pilotaria en McLaren para a tempada 2014, substituíndo a Sergio Pérez Mendoza.[4] De acordo cunha nova regra introducida na Fórmula Un para a tempada 2014, onde os pilotos escolleron un número de coche que usarían durante toda a súa andaina na F1, Magnussen escolleu o número 20 xa que era o número que tiña no seu coche DAMS en 2013 cando gañou o campionato.[10]
Nas probas de pretempada de Jerez e Bahrain superou as taboas de tem`po e na primeira carreira en Australia, clasificouse na cuarta posición.[11] Na carreira en se, Magnussen evitou chocar no inicio, despois de que o seu coche sobrevirara[12] ao patinar as rodas, despois de pasar a Lewis Hamilton nas primeiras voltas, Magnussen mantivo a posición para lograr o terceiro posto, rematou 2,2 segundos por detrás do Red Bull de Daniel Ricciardo.[13] Como resultado, Magnussen converteuse no segundo piloto danés, despois do seu pai Jan, que foi sexto no Gran Premio do Canadá de 1998, en lograr puntuar,[14] e o primeiro debutante, desde Hamilton no Gran Premio de Australia de 2007, en subirse ao podio no seu primeiro Gran Premio.[15] Despois da carreira, Magnussen describiu o resultado como "como unha vitoria".[16] Máis tarde subiu ao segundo posto nos resultados, despois de que Ricciardo fose descualificado debido a irregularidades no combustible,[17] converténdoo no primeiro novato en terminar segundo desde Jacques Villeneuve no Gran Premio de Australia de 1996.[18] Magnussen logrou acabar once carreiras máis en todo o 2014, sendo na maioría no noveno ou o décimo lugar, aínda que Magnussen logrouo sétimo lugar nos circuítos de Austria e Gran Bretaña onde tivera experiencia previa en fórmulas júnior, e un quinto posto en Rusia.
O 11 de decembro de 2014, anunciouse que Fernando Alonso regresaría a McLaren xunto a Button, deixando a Magnussen como piloto de proba e reserva para McLaren.[19] O piloto mantivo conversacións co equipo Honda Andretti Autosport para competir nas IndyCar Series, pero McLaren bloqueou o acordo.[20] O 3 de marzo de 2015, McLaren anunciou que Magnussen substituiría a Fernando Alonso no Gran Premio de Australia, despois de que os médicos aconsellaran a Alonso non correr debido a unha conmoción obtida durante un incidente nun test o 22 de febreiro.[21][22] Non obstante, Magnussen non puido iniciar a carreira despois de sufrir un fallo no motor na volta de formación.[23]
O 5 de outubro de 2015, recibiu un correo electrónico do axudante persoal do presidente de McLaren, Ron Dennis, que o liberaba de McLaren. McLaren fíxoo público o 16 de outubro.[24]
Despois de ser liberado por McLaren, confirmouse que Magnussen tievera conversas para pilotar o equipo Haas F1, antes de que Romain Grosjean e Esteban Gutiérrez fosen nomeados como pilotos do equipo.[25] Magnussen supostamente estivera en conversas sobre un asento en Manor Racing na Fórmula Un.[26][27] Magnussen probou un coche Mercedes DTM,[28] e un Porsche LMP1,[29] suxerindo de que quizais tivera opcións fóra da Fórmula Un, incluído a IndyCar, onde se cre que entrou en conversacións con Bryan Herta Autosport sobre unha unidade.[30]
O 28 de xaneiro de 2016, apareceron informacións non confirmadas de que Magnussen ía substituír a Pastor Maldonado en Renault, como compañeiro do novato Jolyon Palmer para a seguinte tempada tras un incumprimento de contrato entre Maldonado e o equipo.[31] O 3 de febreiro, Renault confirmou que Magnussen fichara para a tempada 2016.[1] Logrou puntuar dúas veces un sétimo posto en Rusia e un décimo lugar en Singapur, rematando a tempada en 16º lugar.
O 10 de novembro de 2016, anunciouse que Magnussen asinara un contrato con Haas para 2017.[32] Tras asinar con Haas, converteuse no único piloto en competir nun Gran Premio con todos os fabricantes de motores (catro) na era turbo híbrida turbo.[Cómpre referencia] anotou en cinco carreiras, cun sétimo posto en Acerbaixán como mellor resultado, e rematou 14º no Campionato de Pilotos.[33][34][35]
Magnussen mantivo o seu impulso para a tempada 2018.[36] Logrou a súa primeira volta rápida no Gran Premio de Singapur.[37] Magnussen provocou a ira de varios pilotos ao longo da tempada pola súa condución defensiva. No Gran Premio do Xapón de 2018, o piloto de Sauber Charles Leclerc chamou a Magnussen "estúpido" pola radio despois de que o seu intento de adiantar ao Haas rematase en contacto,[38] Pierre Gasly tamén criticou a condución defensiva de Magnussen no Gran Premio de Acerbaixán de 2018 tras unha colisión entre ambos.[39] Puntuando en 11 carreiras, Magnussen rematou noveno na clasificación de pilotos, con 56 puntos.
O 28 de setembro de 2018, confirmouse que Magnussen seguiría pilotando en Haas na tempada 2019.[40] Un ano despois da súa primeira volta rápida, Magnussen repetiu a proeza no Gran Premio de Singapur de 2019.[41] Por desgraza, o Haas VF-19 foi pouco competitivo durante a maior parte da tempada, con Magnussen anotando puntos en só 4 carreiras, cun total de 20 puntos para rematar 16º na clasificación. O seu compañeiro de equipo Romain Grosjean tamén loitou co coche, só puido anotar 8 puntos de 3 carreias nas que puntuou.[42]
Magnussen seguiu pilotando para Haas en 2020, de novo colaborando con Grosjean.[43] As dúas primeiras roldas do campionato no Red Bull Ring resultaron difíciles para Magnussen e Haas, xa que o Haas VF-20 estaba fóra de ritmo. Nas primeiras voltas do Gran Premio de Hungría de 2020 , Magnussen quedou terceiro, grazas a unha decisión de estratexia ao comezo da carreira. Aínda que finalmente caeu de novo durante toda a carreira, logrou cruzar a meta no noveno posto. Despois da carreira, determinouse que Haas incumprira as regras relativas á radio do equipo ao dicir aos dous pilotos que entrasen a boxes ao final da volta de formación e Magnussen recibiu unha penalización de dez segundos. Isto degradouno á décima posición, e Magnussen logrou o primeiro punto do ano e o de Haas. Magnussen sufriu un fallo na unidade de potencia no Gran Premio de Italia de 2020 e chocou por detrás nun accidente de varios vehículos no Gran Premio da Toscana de 2020, a súa quinta retirada en nove carreiras.
Magnussen abandonou Haas a finais de 2020.[44]
Tras a invasión rusa de Ucraína, Haas rescindiu o seu contrato co seu pilotor Nikita Mazepin. Magnussen volveu ao equipo como o seu substituto cun contrato de varios anos, coa asociación co piloto Mick Schumacher para a tempada 2022. No seu regreso con Haas en Bahrain, Magnussen logrou comezar 7º e rematar 5º, marcando un dos cinco primeiros postos na historia de Haas ata ese momento.[45] No Gran Premio de Arabia Saudita de 2022, chegou á Q3 e clasificouse décimo. Máis tarde converteu iso nun noveno posto, asegurando puntos consecutivos de Haas por primeira vez desde 2019.[46][47] Magnussen terminou décimo en Silverstone co seu compañeiro de equipo Mick Schumacher oitavo dando a Haas os primeiros puntos dobres desde Alemaña 2019.[48]
Tempada | Series | Equipo | Carreiras | Gañadas | Poles | V/rápidas | Podios | Puntos | Posición |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2008 | Formula Ford Denmark | Fukamuni Racing | 15 | 11 | 6 | 10 | 12 | 267 | 1º |
Formula Ford Duratec Benelux | 2 | 0 | 0 | 0 | 0 | 19 | 19º | ||
Formula Ford Festival – Duratec class | 1 | 0 | 0 | 0 | 0 | N/A | 7º | ||
Formula Ford NEZ | 1 | 1 | 1 | 1 | 1 | 27 | 4º | ||
ADAC Formel Masters | Van Amersfoort Racing | 4 | 0 | 0 | 1 | 2 | 30 | 12º | |
Portugal Winter Series FR2.0 | Motopark Academy | 2 | 0 | 0 | 0 | 1 | 12 | 10º | |
2009 | Formula Renault 2.0 NEC | Motopark Academy | 14 | 1 | 2 | 4 | 12 | 278 | 2º |
Eurocup Formula Renault 2.0 | 14 | 0 | 0 | 1 | 1 | 50 | 7º | ||
Renault Clio Cup Denmark | ? | 2 | 0 | 0 | 0 | 1 | 18 | 12º | |
2010 | German Formula Three | Motopark Academy | 18 | 3 | 0 | 0 | 8 | 96 | 3º |
Formula 3 Euro Series | 2 | 1 | 0 | 0 | 1 | 8 | 12º | ||
2011 | British Formula Three | Carlin | 29 | 7 | 6 | 9 | 9 | 237 | 2º |
Masters of Formula 3 | 1 | 0 | 0 | 0 | 1 | N/A | 3º | ||
Macau Grand Prix Formula Three | 1 | 0 | 0 | 0 | 0 | N/A | 19º | ||
2012 | Formula Renault 3.5 Series | Carlin | 17 | 1 | 3 | 0 | 3 | 106 | 7º |
2013 | Formula Renault 3.5 Series | DAMS | 17 | 5 | 8 | 3 | 13 | 274 | 1º |
2014 | Fórmula 1 | McLaren Mercedes | 19 | 0 | 0 | 0 | 1 | 55 | 11º |
2015 | Fórmula 1 | McLaren Honda | 1 | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 | NC |
2016 | Fórmula 1 | Renault | 21 | 0 | 0 | 0 | 0 | 7 | 16º |
2017 | Fórmula 1 | Haas | 20 | 0 | 0 | 0 | 0 | 19 | 14º |
2018 | Fórmula 1 | Haas | 21 | 0 | 0 | 1 | 0 | 56 | 9º |
2019 | Fórmula 1 | Haas | 21 | 0 | 0 | 1 | 0 | 20 | 16º |
2020 | Fórmula 1 | Haas | 17 | 0 | 0 | 0 | 0 | 1 | 20º |
2021 | IMSA SportsCar Championship | Cadillac Chip Ganassi Racing | 10 | 1 | 1 | 4 | 5 | 2879 | 7º |
IndyCar Series | Arrow McLaren SP | 1 | 0 | 0 | 0 | 0 | 7 | 42º | |
2022 | Fórmula 1 | Haas F1 Team | 22 | 0 | 1 | 0 | 0 | 25 | 13º |
IMSA SportsCar Championship | Cadillac Chip Ganassi Racing | 1 | 0 | 0 | 0 | 0 | 275 | 6º | |
2023 | Fórmula 1 | Haas F1 Team | 22 | 0 | 0 | 0 | 0 | 3 | 19º |
2024 | Fórmula 1 | Haas F1 Team | 14 | 0 | 0 | 0 | 0 | 5* | 16º* |
(key)
(key) (Carreiras en letra grosa indican pole position) (Carreiras en cursiva indican volta rápida)
Ano | Equipo | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | Pos | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2012 | Carlin | ALC 1 2 |
ALC 2 Ret |
MON 1 Ret |
SPA 1 21 |
SPA 2 1 |
NÜR 1 5 |
NÜR 2 8 |
MOS 1 16† |
MOS 2 10 |
SIL 1 Ret |
SIL 2 Ret |
HUN 1 2 |
HUN 2 23† |
LEC 1 6 |
LEC 2 24† |
CAT 1 5 |
CAT 2 4 |
7º | 106 |
2013 | DAMS | MNZ 1 2 |
MNZ 2 2 |
ALC 1 1 |
ALC 2 9 |
MON 1 4 |
SPA 1 1 |
SPA 2 3 |
MOS 1 11 |
MOS 2 2 |
RBR 1 3 |
RBR 2 3 |
HUN 1 2 |
HUN 2 2 |
LEC 1 DSC |
LEC 2 1 |
CAT 1 1 |
CAT 2 1 |
1º | 274 |
† Non terminou o Gran Premio, pero clasificouse ao completar máis do 90% da distancia de carreira.
(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano | Escudería | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | Pos. | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2024 | Haas F1 Team | Haas VF-24 | Ferrari 066/7 1.6 V6 t | BHR 12 |
SAU 12 |
AUS 10 |
XAP 13 |
CHN 16 |
MIA 19 |
EMI 12 |
MON Ret |
CAN 12 |
ESP 17 |
AUT 8 |
GBR 12 |
HUN 15 |
BEL 14 |
NED |
ITA |
ACE |
SIN |
USA |
MEX |
BRA |
LVG |
QAT |
ABU |
16º* | 5* |
2023 | Haas F1 Team | Haas VF-23 | Ferrari 066/7 1.6 V6 t | BHR 13 |
SAU 10 |
AUS 17† |
ACE 13 |
MIA 10 |
EMI C |
MON 19† |
ESP 18 |
CAN 17 |
AUT 18 |
GBR Ret |
HUN 17 |
BEL 15 |
NED 16 |
ITA 18 |
SIN 10 |
XAP 15 |
QAT 14 |
USA 14 |
MEX Ret |
BRA Ret |
LVG 13 |
ABU 20 |
19º | 3 | |
2022 | Haas F1 Team | Haas VF-22 | Ferrari 066/7 1.6 V6 t | BHR 5 |
SAU 9 |
AUS 14 |
EMI 98 |
MIA 16† |
ESP 17 |
MON Ret |
ACE Ret |
CAN 17 |
GBR 10 |
AUT 87 |
FRA Ret |
HUN 16 |
BEL 16 |
NED 15 |
ITA 16 |
SIN 12 |
XAP 14 |
USA 9 |
MEX 17 |
BRA Ret8 |
ABU 17 |
13º | 25 | ||
2020 | Haas F1 Team | Haas VF-20 | Ferrari 065 1.6 V6 t | AUT Ret |
EST 12 |
HUN 10 |
GBR Ret |
70º Ret |
ESP 15 |
BEL 17 |
ITA Ret |
TOS Ret |
RUS 12 |
EIF 13 |
POR 16 |
EMI Ret |
TUR 17† |
BAH 17 |
SAK 15 |
ABU 18 |
20º | 1 | |||||||
2019 | Rich Energy Haas F1 Team | Haas VF-19 | Ferrari 064 1.6 V6 t | AUS 6 |
BHR 13 |
CHN 13 |
AZE 13 |
ESP 7 |
MON 14 |
CAN 17 |
FRA 17 |
AUT 19 |
GBR Ret |
ALE 8 |
HUN 13 |
BEL 12 |
ITA Ret |
SIN 17 |
RUS 9 |
XPN 15 |
MEX 15 |
USA 18† |
BRA 11 |
ABU 14 |
16º | 20 | |||
2018 | Haas F1 Team | Haas VF-18 | Ferrari 063 1.6 V6 t | AUS Ret |
BHR 5 |
CHN 10 |
ACE 13 |
ESP 6 |
MON 13 |
CAN 13 |
FRA 6 |
AUT 5 |
GBR 9 |
ALE 11 |
HUN 7 |
BEL 8 |
ITA 16 |
SIN 18 |
RUS 8 |
XPN Ret |
USA DSC |
MEX 15 |
BRA 9 |
ABU 10 |
9º | 56 | |||
2017 | Haas F1 Team | Haas VF 17 |
Ferrari 062 1.6 V6 t | AUS Ret |
CHN 8 |
BHR Ret |
RUS 13 |
ESP 14 |
MON 10 |
CAN 12 |
ACE 7 |
AUT Ret |
GBR 12 |
HUN 13 |
BEL 15 |
ITA 11 |
SIN Ret |
MAL 12 |
XPN 8 |
USA 16 |
MEX 8 |
BRA Ret |
ABU 13 |
14º | 19 | ||||
2016 | Renault Sport F1 Team | Renault RS16 | Renault RE16 1.6 V6 t | AUS 12 |
BHR 11 |
CHN 17 |
RUS 7 |
ESP 15 |
MON Ret |
CAN 16 |
EUR 14 |
AUT 14 |
GBR 17† |
HUN 15 |
ALE 16 |
BEL Ret |
ITA 17 |
SIN 10 |
MAL Ret |
XPN 14 |
USA |
MEX |
BRA |
ABU |
16º | 7 | |||
2015 | McLaren Honda | McLaren MP4-30 | Honda RA615H 1.6 V6 t | AUS NTS |
MAL |
CHN |
BAH |
ESP |
MON |
CAN |
AUT |
RU |
HUN |
BEL |
ITA |
SIN |
XPN |
RUS |
USA |
MEX |
BRA |
ABU |
NC | 0 | |||||
2014 | McLaren Mercedes | McLaren MP4-29 | Mercedes PU106A Hybrid 1.6 V6 t | AUS 2 |
MAL 9 |
BAH Ret |
CHN 13 |
ESP 12 |
MON 10 |
CAN 9 |
AUT 7 |
RU 7 |
ALE 9 |
HUN 12 |
BEL 12 |
ITA 10 |
SIN 10 |
XPN 14 |
RUS 5 |
USA 8 |
BRA 9 |
ABU 11 |
11º | 55 |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.